miércoles, 16 de febrero de 2011

Art Project de Google

Los ciudadanos ya puedan descubrir y ver online gracias a Google más de mil obras de arte de 17 museos de todo el mundo, entre ellos los españoles Reina Sofía y Thyssen-Bornemisza, la National Gallery de Londres, el MoMA de Nueva York o la Galería de los Uffizi de Florencia.

Para el proyecto se ha tomado una selección de imágenes en súper alta resolución de famosas obras de arte y se han creado visitas a galerías de arte usando la tecnología para interiores en 360 grados de Street View.

Los resultados de esta colaboración pueden verse en googleartproject.com

lunes, 14 de febrero de 2011

Programa "Noites saudables"

"Noites saudables" é un programa enfocado a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e cofinanciado pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A súa finalidade é promover o termalismo e o ocio entre a xente máis nova con estancias de fins de semana durante o mes de marzo e abril.

Inclue 2 noites de estancia (venres e sábado) en cuarto dobre, uso dobre, réxime de media pensión (cea) con 2 tratamentos específicos (un o sábado e outro o domingo)

O custe está financiado nun 50% pola Secretaría Xeral de Turismo e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, polo que dependendo do balneario o precio oscila entre os 57 e os 92 euros.

Máis información no folleto do programa

viernes, 11 de febrero de 2011

Curso de iniciación á informática

A principios de xaneiro comezamos un novo curso de iniciación á informática no que participan veciños de Laioso, O Pinto e Esgos.



Nestes talleres os alumnos aprenden a:
  • Encender/apagar o ordenador
  • Traballar con carpetas
  • Abrir/Pechar programas
  • Usar as funcións básicas do Word
  • Navegar por internet
O curso rematará a finais deste mes.

lunes, 31 de enero de 2011

Aula xuventur

A Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa AULA XUVENTUR para os centros de ensino galegos. Poderá participar o alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso da educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que non teña cumpridos os 18 anos.

O programa ofrece tres alternativas de participación:

Módulo I:

VIVE O MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 12-16 anos e que estea cursando 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO, con aloxamento no albergue xuvenil das Sinas.

Módulo II:

MULTIAVENTURA NO MIÑO – (Multideporte no Miño – Multiaventura Náutica), dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín.

Módulo III:

PLANETA MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío.

Ofértanse un total de 1360 prazas, repartidas en diferentes quendas desde febreiro á xuño do 2011.

Máis información en www.xuventude.net

Programa: A xuventude no mundo III

O prazo de inscripción para o prama de intercambio xuvenil "A Xuventude no Mundo" comeza o mércores 2 de febreiro.

"A Xuventude no Mundo" é un programa de mobilidade que puxo en marcha en 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para que os mozos e mozas ( 18 a 30 anos) de Galicia coñezan outros países e rexións.

Nesta terceira edición, que se prolongará ata o mes de setembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo:

  • Rimini (Italia) do 21 ao 28 de febreiro. Temática: A fotografía como medio de difusión das actividades xuvenís
  • Hungría (Holloko) do 2 ao 9 de marzo. Temática: O patrimonio cultural e natural de Hungría
  • Cartaxena (Colombia) do 12 ao 20 de marzo Temática: Incidencia da cultura na formación da xuventude
  • Noyan (Francia) do 21 ao 28 de marzo. Temática: Patrimonio, cultura e historia dos pobos
  • Ceska Trebova (Chequia) do 25 de marzo ao 1 de abril. Temática: Diversidade cultural
  • Santa Cruz (Chile) do 28 de marzo ao 4 de abril. Temática: Cultura, tradicións e costumes do campo chileno.
  • Brolo (Italia) do 1 ao 8 de abril. Temática: Valor da cultura no futuro
  • Figueira da Foz (Portugal) do 9 ao 16 de abril. Temática: Estratexias de participación no combate contra a exclusión social
  • Chisinau (Moldova) do 2 ao 9 de maio. Temática: Mozos europeos con valores comúns
  • Yaroslav (Rusia) do 13 ao 20 de maio. Temática: Etnias minoritarias
  • Wakayama (Xapón) do 28 de maio ao 5 de xuño. Temática: Os valores orientais
  • Vezprem (Hungría) do 1 ao 8 de xullo. Temática: Pros e contras da globalización
  • Iguaçú (Arxentina) do 17 ao 24 de agosto. Temática: A preservación da selva na triple fronteira
  • Yeveran (Armenia) do 14 ao 21 de setembro. Temática: O emprego e a globalización

As prazas teñen un custo que varía entre os 250 euros e os 1.000 euros e serán adxudicadas por orde de inscrición, que se fará mediante o correo electrónico a través do apartado programas europeos da web www.xuventude.net . Os períodos de inscricións varían segundo o intercambio e deberanse seguir os prazos que se indican neste portal de xuventude.

Descargar o programa completo

viernes, 14 de enero de 2011

Ciclo "Galicia, Ceo das letras"

"Galicia, ceo das letras" é a primeira actividade da nova etapa da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) despois da inauguración oficial da Biblioteca e o Arquivo, presidida o pasado día 11 po-los Príncipes de Asturias.

A Biblioteca albergará o ciclo "Galicia, Ceo das letras", que consta de doce xornadas literarias ou doce sábados de autor, entre xaneiro e xuño.
Cada xornada estará adicada a un autor, honrando así a nove xigantes das nosas letras (Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Camilo José Cela, Martín Códax, Ramón María del Valle Inclán, Álvaro Cunqueiro, Xosé Ánxel Valente, Gonzalo Torrente Ballester e Eduardo Blanco Amor) e tamén a tres insignes veciños (Jorge Luis Borges, Fernando Pessoa e Salvador Espriu).

Ademais de achegarnos á vida e obra destes escritores galegos universales da man do teatro, a música, o cine e a danza, será unha fermosa oportunidade para visitar a Cidade da Cultura de Galicia, dado que se inclúe unha visita guiada polo complexo.

Ver programa

jueves, 13 de enero de 2011

Últimas incorporacións ao catálogo

O catálogo da biblioteca segue medrando pouco a pouco. Seguimos engadindo exemplares, os últimos son:

  • "A esmorga", de Eduardo Blanco Amor. Ver máis novelas
  • "Astérix, el mal trago de Obélix", de Uderzo y Goscinny. Ver máis cómics
  • "Hórreos de Pontevedra", de Borja Brun e Ana Santervás. Ver máis libros sobre arquitectura

Tamén temos libros sobre: libros para nenos, biografías, galicia, poesía, teatro, religión, etc.

Ler máis sobre a biblioteca.

miércoles, 5 de enero de 2011

Os Reis Magos visitan ós nenos de Esgos


Os Reis Magos de Oriente visitaron hoxe pola mañá aos nenos de Esgos. Ás 12.00 horas foron recibidos polo alcalde no salón de plenos do concello, para despois dirixirse ao local social de Esgos onde os agardaban os nenos.

Os Reis repartiron caramelos a todos os presentes e entregaron pequenos agasallos a todos os nenos.

Pódense ver as fotos na galeria fotográfica

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Xuventur Neve 2011

O vindeiro 7 de xaneiro, dará comezo o programa XUVENTUR NEVE 2011, destinado á mocidade galega entre 18 e 35 anos, que consiste en estadías de varios días en diferentes lugares da xeografía ( Leitariegos, Candanchú e Vallnord).

Importante a ter en conta:

1º. A información colgarase en www.xuventude.net para que os/as mozos/zas poidan ver as opcións que se ofrecen e vaian planificando as súas saídas.

2º. Segundo o destino que cada persoa elixa deberá de remitir a documentación a un enderezo diferente (delegacións de Ourense, Vigo e Lugo)

3º.- O formulario de inscripción soamente será posible envialo en liña.

4º.- O prazo de inscrición comezará o día 7/01/2011, a partir das 9:00 h.(e o formulario soamente estará dispoñible na páxina web www.xuventude.net a partir desa data e hora)

Pódese consultar o díptico do programa eiquí

martes, 21 de diciembre de 2010

Termalismo Social IMSERSO

Características:
  • Turnos de 12 días
  • Aloxamento e manuntención en réxime de pensión completa
  • Tratamentos termais básicos
  • Pólizas colectivas de seguro turístico
  • Actividades de animación
Requisitos dos beneficiarios:
  • Ser pensionista da Seguridade Social por xubilación ou invalidez, ou ben por viudedade ou doutras pensións se ten máis de 60 anos.
  • Non padecer doenzas mentais graves
  • Poder valerse por si mesmo
  • Precisa-ls tratamentos termais
Prazo de presentación:
  • Para os meses de febreiro ata agosto: ata o 17 de xaneiro de 2011
  • Para os meses de setembro a decembro: ata o 16 de maio de 2011
Documentación a presentar:
  • DNI
  • Certificado de pensión
  • Tarxeta sanitaria
Máis información e solicitudes nos servizos sociais do concello, de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.