viernes, 27 de septiembre de 2013

Comic "Os perigos de Internet"


O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar alterar a convivencia normal nos seus fogares.

Este comic está deseñado para alertar das ameazas que poden atopar os adolescentes na rede, especialmente o ciberacoso e os perigos dos depredadores sexuais

Na biblioteca municipal temos varios exemplares a disposición dos rapaces e tamén dos pais.

Vídeo promocional

Abrir comic "Os perigos de Internet"

jueves, 12 de septiembre de 2013

Fin da tempada de verán

O domingo 15 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal. Ata o domingo estará aberta de 15 a 20 horas.

A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 16 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.

lunes, 2 de septiembre de 2013

Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo

O noso concello foi selecionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para desenvolver o "obradoiro de oratoria motivacional ou coaching, librándonos do pensamento negativo" do programa Activa 2013.

Contidos:
  • Por que morre a xente, que se perde na xungla?
  • Librándonos do pensamento negativo.
  • A diferenza actitudinal.
  • O camiño do éxito.
  • As oportunidades da crise

A idade mínima de participación son os 16 anos e para a idade máxima non existe tope, pero é importante ter en conta que os maiores de 30 anos non recibirán o diploma de asistencia e participación.

O obradoiro impartirase o venres 18 de outubro ás 18:00 horas no "Centro Cultural Parada Justel", en Esgos.

Os interesados en participar deberán anotarse no Concello ou na biblioteca municipal o antes posible co fin de confeccionar unha lista de participantes, xa que para que se poida desenvolver este obradoiro é necesario un mínimo de asistentes.

Por mor desta actividade a biblioteca municipal estará pechada ó público o venres 18 de outubro.