miércoles, 23 de diciembre de 2015

Vacacións de Nadal

A biblioteca estará pechada dende o xoves 24 de decembro ata o dia de Reis.

O xoves 7 de xaneiro voltaremos a abrir no horario habitual, de 17:30 a 20:30 horas.

Boas festas a todos!!!

martes, 15 de diciembre de 2015

Actividades de Nadal


O Concello de Esgos organiza diferentes actividades para este Nadal:

  • Actuación musical de "Os do fuelle" na residencia de maiores de Esgos o 22 de decembro.
  • Actuación da coral Camerata Auriense o domingo 27 durante a misa de 11 horas en Vilar de Ordelles
  • Concerto de Nadal: Actuación da banda de gaitas e a escola de gaita no centro Cultural Parada Justel o domingo 27 ás 17:00 horas.
  • XVI Concurso de postais para menores de 12 anos: Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 30 de decembro. Non se recollerá ninguna postal despois desta data. Todos os participantes terán un agasallo.
  • Pazolandia, evento infantil que convirte durante o Nadal o Pazo dos Deportes "Paco Paz" no maior parque de atraccións  de Galicia. Os que queiran asistir o luns 4 pola mañá deberán anotarse no concello antes do 29 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados
  • Visita dos Reis Magos: Martes 5 ás 11.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XVI Concurso de Postais.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Hoxe, 25 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Todas e todos debemos loitar para que sobre os maltratadores caia todo o peso da lei, a xustiza e o rexeitamento social, pois actos dese tipo non poden ter cabida nunha sociedade democrática.

Podes ver o vídeo da campaña "se hai saída é grazas a ti" en: https://www.youtube.com/watch?v=ZhezzlrFMR0.

Recorda que na biblioteca temos varios libros sobre como educar en igualdade e que esta semana traballeremos cos máis pequenos a igualdade de homes e mulleres, este ano a través dos xoguetes. Ainda que os xoguetes actuales fomentan máis a igualdade, seguimos comprobando como en moitos anuncios e campañas publicitarias se da un tratamiento sexista.

Tamén che propomos apoiar o dia internacional contra a violencia de xénero facendo un curso online gratuito con titulación do instituto da muller en http://escuelavirtualigualdad.es/como-inscribirse.php

viernes, 30 de octubre de 2015

Celebramos o samaín

Hoxe celebramos o samaín en Esgos. 39 nenos e nenas acompañados dos maiores visitaron a residencia de maiores e as casas dos veciños pedindo caramelos.


Despois de tanto paseo, para rematar, tomamos chocolate no centro social, que estaba decorado para a ocasión.





martes, 20 de octubre de 2015

Samaín


Ó igual que o ano pasado, este ano para o samaín faremos un Truco ou Trato por Esgos.

Truco ou trato? é un xogo que se celebra o 31 de outubro cando comeza a escurecer e consiste en que os nenos se disfrazan con motivos terroríficos e chaman á porta dos veciños, e cando lle abren a porta din en voz alta: truco ou trato? O dono da casa deberá darlles dulces a cada un dos nenos para selar o trato, senón lles da nada, poderán facerlle un pequeno truco o travesura.
  • Data: venres 30 de outubro
  • Horario: de 18:00 horas 
  • Lugar: local social de Esgos (Praza da Souteira)
Os nenos e nenas que queiran participar deberán comunicalo previamente na biblioteca.

Podes ver a decoración da biblioteca en http://esgostelecentro.blogspot.com.es/2015/10/decoracion-de-samain-na-biblioteca.html

lunes, 19 de octubre de 2015

Concurso #vivalabiblio

Con motivo del Día de la Biblioteca, el Observatorio de la Lectura y el Libro lanza en Twitter la campaña #vivalabiblio.

La campaña consiste en pedir a la gente que “declare su amor” por alguna biblioteca y/o bibliotecario a través de Twitter en la cuenta @observalibro con la etiqueta #vivalabiblio. Si quieres declarar tu amor por nuestra biblioteca, además incluye en tu tuit @ConcelloEsgos.
Podrán enviar más de un mensaje y hacerlo en el formato que quieran  (texto, ilustración, foto, vídeo, etc.) Los tuits deberán remitirse del 19 al 25 de octubre. Habrá 5 finalistas, que recibirán  un lote de libros, y un ganador final que además tendrá la posibilidad de realizar una visita guiada, personalizada y exclusiva, junto a un acompañante de su elección, a la Biblioteca Nacional de España (BNE).

Toda la información sobre la campaña #vivalabiblio se puede consultar en el siguiente enlace:
http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2015/octubre-ok/Observatorio/Vivalabiblio-lanzamiento.html

viernes, 16 de octubre de 2015

Decoración de samain na biblioteca


Comezamos a decorar a nosa biblioteca para o samaín. ¿A que está terrorífica?






¿Atréveste a entrar?

 

viernes, 2 de octubre de 2015

Curso de ximnasia relaxada


Este mes comezará o curso de ximnasia relaxada - movemento do corpo, que se impartirá en dous locales sociales:
  • Local social de Esgos (Praza da Souteira): os martes ás 17:00 horas (a partir do 6 de outubro)
  • Local social de O Pinto: os xoves ás 17:00 horas (a partir do 8 de outubro)
Esta actividade é gratuita para todas as mulleres da asociación "Os Picotiños".

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Contos ao revés

Hoxe na biblioteca puidemos desfrutar dos "Contos ao revés" de Xanela Ocio, dentro do programa Ler conta moito.

Asistiron 22 nenos e nenas e 16 adultos que escoitaron como os heroes tamén poden ser mulleres e como os lobos poden ser bos.

martes, 29 de septiembre de 2015

Curso de gaita, percusión e pandereta.

O vindeiro sábado 10 de outubro comeza unha nova edición do "Curso de gaita, percusión e pandereta".

As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, se impartirán os sábados ás 15:30 horas no local de O Pinto.

Máis información nas oficinas do concello.

lunes, 28 de septiembre de 2015

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

Lugar: Praza da Souteira, Esgos
Dia: Venres 2 de outubro
Hora: De 16:30 a 20:00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

martes, 8 de septiembre de 2015

Contacontos "contos ao revés"

O xoves 17 de setembro ás 18:00 horas poderemos desfrutar dunha tarde de contacontos, enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

Contos ao revés, de Xanela Ocio é un espectáculo que fomenta a igualdade e o respecto, cheo de historias onde as bruxas son boas e os príncipes feos...

AVISO: ESTE CONTACONTOS CAMBIASE PARA O MÉRCORES 30 DE SETEMBRO ÁS 18:30 HORAS.

miércoles, 2 de septiembre de 2015

Cambio de horario

A partir do luns 7 de setembro a biblioteca estará aberta en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas.

Agardámosvos!!

lunes, 31 de agosto de 2015

Fin do campamento de verán

Rematou o campamento de verán! Máis de 50 nenos e neas se beneficiaron deste servizo que ofrece unha maneira entretida de pasar as mañás do verán.

Ademais de diferentes xogos, bailes, manualidades, etc, visitamos o Mosteiro de San Pedro de Rocas, participamos na campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" de Sogama, asistimos a clases de cociña, visitamos ós maiores que viven na residencia de Esgos, paseamos pola senda do río Grañal e aprendemos nocións básicas sobre a pesca, subimos ás motos da Guardia Civil de Tráfico e aprendemos sobre educación vial, visistamos a Alfarería Alto do Couso, asistimos a unha clase sobre hixiene dental, representamos unha obra de teatro de despedimos o verán cunha festa.



jueves, 6 de agosto de 2015

Doar sangue

O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.

Data: Xoves, 13 de agosto
Horario: De 12:30 a 14:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

martes, 21 de julio de 2015

Separemos ben, reciclaremos mellor,

A aula móbil da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" de Sogama estivo hoxe en Esgos. Os nenos e nenas do campamento urbán aprenderon sobre reciclaxe a través de diferentes xogos.


Os monitores de Sogama tamén informaron ós veciños sobre como separar os residuos correctamente.

sábado, 27 de junio de 2015

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

Lugar: Praza da Souteira, Esgos
Dia: Venres 3 de xullo
Hora: De 9:00 a 13:00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

viernes, 26 de junio de 2015

Campamento de verán


O luns 6 de xullo comezará o campamento urbano de verán. Este campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

HORARIO: De luns a venres de 10:30 a 13:30 horas

PREZO: Para os nenos empadroados o campamento será gratuíto e para os non empadroados terá un custe de 10 € en concepto de matrícula para o mes de xullo e 10 € para o mes de agosto.

Ademais este ano, contaremos tamén cun servizo de acollida previo ó horario de campamento para as familias traballadoras.

Máis información nos servizos sociais ou na biblioteca.

miércoles, 24 de junio de 2015

Horario de verán

Como ben sendo costume o horario da biblioteca cambiará coa apertura das piscinas, así que a biblioteca durante o verán estará aberta de 11 a 14 horas a partir do luns 29 de xuño.

As piscinas municipais estarán abertas a partir do venres 26 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h

miércoles, 3 de junio de 2015

Campamento Explora Ourense

O Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural do Xurés.

Este campamento, que está organizado pola Deputación de Ourense e o colectivo Sustinea, desenvolverase do 18-24 de xullo ( 12 a 14 anos) e do 26 de xullo- 1 de agosto (9 a 11 anos) no Complexo do Corgo, en Muíños e con un prezo de 88 euros.

Os 7 días de convivencia servirán para que os nenos e nenas desenvolvan valores de solidariedade e compañeirismo sendo os protagonistas das actividades, así como actividades en contacto directo coa natureza, roteiros no Parque Natural, tiro con arco, etnografía pola Aldea de Salgueiro, tirolina e rapel, xeocaching, actividades náuticas, etc.

Para máis información e inscricións podedes consultar a web www.exploraourense.com, no correo info@exploraourense.com ou no teléfono 988.782.964. O prazo de solicitude de prazas remata o 12 de xuño.

viernes, 22 de mayo de 2015

Dada o duende estivo na biblioteca

Dada o duende estivo hoxe na biblitoeca para contar contos de animais. Asistiron 15 nenos e nenas e 11 adultos.


Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura "Ler conta moito"

jueves, 21 de mayo de 2015

Obradoiro de aceites naturais



  • DATA:  6 de XUÑO
  • HORARIO: 17:00 h
  • LOCAL: LOCAL SOCIAL  ESGOS

Si estás interesada acode,  ao final trataremos as actividades para aproxima tempada

Xa sabes, non te quedes parada, ¡Participa! Faite socia.

(Exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres “Os Picotiños”)


jueves, 14 de mayo de 2015

Contacontos "Dada o duende"


Para celebrar o Dia das Letras Galegas, este ano os nenos e nenas e tamén os maiores poderán desfrutar dunha tarde de contacontos na biblioteca.
  • Data e hora: venres 22 de maio
  • Horario: 18:00 horas

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura "Ler conta moito"

miércoles, 13 de mayo de 2015

Excursión á Praia das Catedrais


O Concello de Esgos organiza para o sábado 30 de maio unha excursión á Praia das Catedrais.
As inscricións cerraránse o 22 de maio.


martes, 12 de mayo de 2015

IX andaina e IX Subida Rocas - O Eirado


Xa está aberto o prazo de inscrición para a IX andaina do concello de Esgos e a IX subida Rocas - O Eirado, que este ano, ademais de Campionato Galego de Montaña, tamén será Campeonato de España.
Toda a información pode consultarse en: http://www.subidarocasoeirado.com

miércoles, 6 de mayo de 2015

Charla sobre "Conductas adictivas"


As adiccións ás sustancias e conductas producen un enorme impacto na vida dos individuos que as padecen, e tamén nas dos que os acompañan.
  • Data: Martes 19 de maio
  • Hora: 18:00 horas
  • Lugar: Local social de Esgos (centro de saúde)

martes, 28 de abril de 2015

Educamóbil

O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o venres 8 de maio pola tarde, de 16:30 a 20:00 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

lunes, 20 de abril de 2015

Banco de Contidos de AulaPlaneta


A partir de hoxe luns 20 de abril, os lectores da biblioteca poderán acceder ao “Banco de Contidos” de AulaPlaneta. Este recurso electrónico é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado.

Os usuarios da biblioteca poden acceder a este recurso a través da web http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021 (sección "Recursos web" e, dentro dista, "Recursos electrónicos") identificándose co seu código de usuario (é dicir, o número de carné da biblioteca) e o seu contrasinal.

Ademais de ao "Banco de Contidos" tamén se pode acceder actualmente aos seguintes recursos:

  • E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.
  • I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais.
  • Gale Virtual Reference Library: plataforma que contén obras de referencia en formato electrónico en español.

viernes, 17 de abril de 2015

Fotos das camisetas

Hoxe estivemos customizando a nosa roupa da man da Asociación Xarela. Os máis pequenos colleron os pinceis e este foi o resultado:









viernes, 10 de abril de 2015

Aprende a decorar a tua roupa

O venres 17 de Abril de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Esgos os nenos e neas e os seus pais e nais aprenderán a decorar a sua roupa pintando debuxos orixinais.


Trae a prenda que queiras decorar, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós.

Esta é unha actividade do programa Abril, mes do libro. que se está a levar a cabo na biblioteca.

miércoles, 1 de abril de 2015

Abril: Mes do libro


O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero este ano, na biblioteca, vamos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos:
  • Lectores de libros electrónicos (ebooks)
¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso.
Semana do 6 ao 10 de abril
  • GALICIALE
¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de www.galiciale.es a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo.
Semana do 13 ao 17 de abril
  • Personalización de camisetas
O venres 17 de abril ás 17:30 horas personalizaremos a tua roupa. Trae a prenda que queiras, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós.
  • Manualidades
O 23 e o 24 de abril os nenos e nenas farán e escribirán o seu propio libro.

lunes, 30 de marzo de 2015

Fin do curso de informática

Hoxe rematamos os clases de informática para maiores que se viñan impartindo desde finais do mes de xaneiro os luns e os mércores pola tarde. E para celebralo tomamos tarta, ainda que non estabamos todos!!



As nenas que andaban enredando fóra, tampouco quixeron perder a celebración e por suposto, a tarta.


Gracias a todos por asistir a este curso, no que espero, que aprendérades moito!!

domingo, 29 de marzo de 2015

Fotos de "Os Bolechas"

Os Bolechas estiveron hoxe co seu autobús no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar "Os Bolechas van a Ourense", a nova proposta infantil da Deputacion de Ourense para dar a coñecer ás nenas e nenos da provincia a riqueza da súa terra.


Os nenos e nenas que asistiron puideron desfrutar dos videos, cantigas e demais actividades que inclúen esta campaña, e recibiron como agasallo un exemplar de "Os Bolechas van a Ourense".

Todas as fotos poden verse no facebook de Concello Esgos e tamén está dispoñile un video de Telemiño.

viernes, 27 de marzo de 2015

Os bolechas visitarán San Pedro de Rocas



Os Bolechas estarán este domingo, 29 de marzo ás 12:00 horas, no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar a nova iniciativa da Deputación de Ourense para dar a coñecer a provincia entre os máis novos.

http://www.osbolechas.com/novas.php?id=190

viernes, 20 de marzo de 2015

jueves, 19 de marzo de 2015

Tear maia na biblioteca

Onte un grupo de mulleres que participaron no curso de tecido con tear que organizou o ano pasado a asociación de mulleres "Os Picotiños", reuníronse na biblioteca para compartir coñecementos, dúbidas, etc.







Ó rematar, algunhos dos "pequenos" tamén se animou a aprender:


Gracias Lorena por compartir con nós os teus coñecementos!