martes, 22 de enero de 2019

Premio concurso María Moliner


¿Lembrades que a biblioteca resultara agraciada cun dos premios do concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner 2018?

Pois comezamos a recibir a semana pasada os primeiros libros do premio e xa os estamos a catalogar para que os poidades levar cando queirades.

Os libros que pedistes para o colexio e o instituto, novelas, educativos... (un pouco de todo) empezan a chegar. Non están todos, ainda faltan!

lunes, 21 de enero de 2019

Banco de contenidos AulaPlaneta


A partir do martes 22/01/2019 ás 10.00 h. os usuarios dados de alta en GaliciaLe e eBiblio poderán acceder ao "Banco de Contenidos de aulaPlaneta". Este Banco é tanto un recurso de apoio para os estudantes, como unha completa obra de consulta para os adultos.

martes, 15 de enero de 2019

Recuncho do café

Estreamos un novo recuncho na biblioteca:


Grazas a un usuario agora dispoñemos dunha cafetera.

lunes, 7 de enero de 2019

Concurso de postais de Nadal

Aproveitamos a visita dos Reis Magos para entregar os premios do concurso de postais de Nadal

Entre os 23 participantes, resultaron premiados nas diferentes categorías Julieta, Breixo, Irea e Fernando. 
Noraboa a todos!!