miércoles, 22 de diciembre de 2010

Xuventur Neve 2011

O vindeiro 7 de xaneiro, dará comezo o programa XUVENTUR NEVE 2011, destinado á mocidade galega entre 18 e 35 anos, que consiste en estadías de varios días en diferentes lugares da xeografía ( Leitariegos, Candanchú e Vallnord).

Importante a ter en conta:

1º. A información colgarase en www.xuventude.net para que os/as mozos/zas poidan ver as opcións que se ofrecen e vaian planificando as súas saídas.

2º. Segundo o destino que cada persoa elixa deberá de remitir a documentación a un enderezo diferente (delegacións de Ourense, Vigo e Lugo)

3º.- O formulario de inscripción soamente será posible envialo en liña.

4º.- O prazo de inscrición comezará o día 7/01/2011, a partir das 9:00 h.(e o formulario soamente estará dispoñible na páxina web www.xuventude.net a partir desa data e hora)

Pódese consultar o díptico do programa eiquí

martes, 21 de diciembre de 2010

Termalismo Social IMSERSO

Características:
  • Turnos de 12 días
  • Aloxamento e manuntención en réxime de pensión completa
  • Tratamentos termais básicos
  • Pólizas colectivas de seguro turístico
  • Actividades de animación
Requisitos dos beneficiarios:
  • Ser pensionista da Seguridade Social por xubilación ou invalidez, ou ben por viudedade ou doutras pensións se ten máis de 60 anos.
  • Non padecer doenzas mentais graves
  • Poder valerse por si mesmo
  • Precisa-ls tratamentos termais
Prazo de presentación:
  • Para os meses de febreiro ata agosto: ata o 17 de xaneiro de 2011
  • Para os meses de setembro a decembro: ata o 16 de maio de 2011
Documentación a presentar:
  • DNI
  • Certificado de pensión
  • Tarxeta sanitaria
Máis información e solicitudes nos servizos sociais do concello, de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Agasallos de Nadal



Dende o concello, como ven sendo costume nos últimos anos estánse a repartir agasallos de Nadal aos maiores de 65 anos.

Este ano, reciben un paquete que contén: unha tarxeta de felicitación, un paquete de bombóns e un chaveiro (os homes) ou unha bolsa pregable (as mulleres).



lunes, 13 de diciembre de 2010

Actividades de Nadal para nenos

  • Xornada de xogos populares para nenos e maiores
23 de decembro de 4.30 a 6.30 da tarde en Vilar
Manualidades, billarda, chave, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc.
Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós.
  • Visita a Pazolandia
29 de decembro
Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 28 de decembro.
  • XI Concurso de Postais.
Por décimo primeiro ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.).
O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro.
Tódolos participantes terán un agasallo.
  • Visita dos Reis Magos de Oriente
5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira Os Reis Magos entregarán os premios do XI Concurso de Postais.