jueves, 21 de julio de 2016

XVIII Feira de O Pinto

O sábado 6 de agosto celebrarase a XVIII edición da Feira Agro Ambiental de O Pinto.

Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.

miércoles, 20 de julio de 2016

Doar sangue

O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.

Data: Xoves, 28 de xullo
Horario: De 12:30 a 14:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

martes, 19 de julio de 2016

Ponlle as pilas ao teu bocata


Os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos poderán participar en Esgos na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" da Consellería do Mar.

"Ponlle as pilas ao teu bocata" é un obradoiro lúdico que contempla actividades informativas, xogos e sobre todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.

  • Data: mércores 3 de agosto
  • Hora: 10:30 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos

Para poder participar é imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 29 de xullo.

martes, 5 de julio de 2016

Comeza o campamento de verán


Esta semana comezamos o campamento de verán, un servizo dirixido a nenos/as durante o verán co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Participan 30 nenos/as distribuidos por quincenas durante os meses de xullo e agosto