viernes, 28 de febrero de 2014

O entroido en Telemiño e La Region

Unha representación dos felos de Esgos acudiron onte ó programa "En buena hora", que presenta Nora Sola en Telemiño. E hoxe o xornal La Región, na súa páxina 21 podemos ver imaxes do programa:



Tamén no suplemento "Entroido 2014" do mesmo xornal aparece unha reseña e unhas fotos do entroido de Esgos.


miércoles, 19 de febrero de 2014

Cea de mulleres, tecido con telar e bailes de salón


CEA DIA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano as Mulleres Rurais de Esgos “OS PICOTIÑOS” polo día da Muller Traballadora visitarán, cearán e bailarán nun Castelo do Século XI.
DATA :               SABADO 8 de MARZO
LUGAR:             CASTELO  DE MACEDA
HORARIO:        22:00h Cea  (Salón A Torre) e baile ás 00:00h
PREZO:              SOCIA: 20 Euros e NON SOCIA: 25 Euros

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 5 de Marzo (Perruquería Lua Chea(Irene), Angeles Concello ou Noemí).

TALLER DE TECIDO CON TELAR MAYA
DATA:                SABADO 15 de MARZO
HORARIO:        16:30 – 20:30 CENTRO CULTURAL  PARADA JUSTEL
ACTIVIDADE GRATUITA PARA AS MULLERES DA ASOCIACIÓN        

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 8 de Marzo (Perruquería Lua Chea(Irene), Angeles Concello ou Noemí).

CURSO DE BAILES DE SALÓN
DATA DE COMENZO:       SÁBADO 22 de MARZO
HORARIO:                           19:30 Horas
LUGAR:                                CENTRO CULTURAL  PARADA JUSTEL
PREZO DO CURSO:                    5 € POR PARELLA
♀♂ ACTIVIDADE ABERTA A HOMES E MULLERES DO CONCELLO
Non hai prazo de inscrición, simplemente a vosa presencia ese día.


  Xa sabes, móvete, ¡Participa! Faite socia.

jueves, 13 de febrero de 2014

Entroido 2014



Domingo 2 de marzo ás 17:00 h.
Praza da Souteira (Esgos)
Desfile e concurso con participación de carrozas

Premios Individuais:    

  • 1º individual: 40 €
  • 2º individual: 20 €
  • 1º individual Infantil: 40 €
  • 2º individual Infantil: 20 €
  • Mellor grupo reducido: 50 €    

Premio especial carrozas e grupos numerosos:

  • 1º clasificado: 100 € + Xamón 
  • 2º clasificado: 80 € + Cachucha
  • 3º clasificado: 70 € + Lacón 
  • 4º clasificado: 60 € 

miércoles, 12 de febrero de 2014

Clases preparatorias para as competencias clave

As competencias clave son os requisitos formativos (Lingua galega, Lingua castelá, Matemáticas, Linguas estranxeiras, Ciencia, Tecnoloxía, Dixital) que permiten o acceso aos cursos dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

As persoas que desexen acceder a un curso de nivel 2 ou 3 e que non teñan ningunha titulación de estudos, teñan o graduado escolar ou non remataran a ESO, deberán superar previamente as competencias clave.

A próxima convocatoria está prevista para xuño de 2014 e por eso neste concello imos impartir clases para os que queiran prepararse para asistir aos exámenes.
Os interesados en participar deberán anotarse no Concello ou na biblioteca

viernes, 7 de febrero de 2014

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos.
  • Dia: Luns 24 de febreiro
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.