viernes, 19 de junio de 2009

Horario de verán

A partir do luns 22 de xuño o telecentro abrirá polas mañás para adaptarse ó horario de verán:

De luns a venres de 12.00 a 14.15 horas.

miércoles, 17 de junio de 2009

Apertura das piscinas municipais de Esgos



O sábado 20 de xuño comeza "oficialmente" o verán en Esgos coa apertura das piscinas municipais.





A parte das obras de mellora que se realizaron este ano (construcción dunha galería subterránea para labores de mantemento, ampliación da zona verde e colocación de gresitec na piscina grande), no resto non hai moitos cambios:



  • Horario: de 12.00 a 21.00 horas
  • Entrada: 1 euro
  • Bonos para todo o verán: 10 euros para os empadroados e 20 euros para os non empadroados.

martes, 16 de junio de 2009

III andaina de Esgos e III carreira de montaña

Na web do concello de Esgos xa se poden facer as inscripcións e consultar toda a información da III Andaina do Concello de Esgos - III carreira de montaña que se celebrará o domingo 12 de xullo.

A andaina sairá de Esgos e recorrerá 21 km en sentido contrario ás edicións anteriores, ata volver a Esgos outra vez. Pola contra, a carreira seguirá o percorrido que ven sendo habitual.

Este ano tamén se pode ver a ruta da andaina e da carreira en google earth

Para calquera dúbida, poñerse en contacto con José Luis no teléfono 988290040 ou a través do correo joseluis@concelloesgos.com

viernes, 12 de junio de 2009

Entrega de diplomas do taller de internet

O pasado mércores rematou o curso de internet e os alumnos quixeron celebralo tomando un café e unhas rosquillas, así que trouxeron todo o necesario ata o telecentro.
Pasamos unha horiña moi agradable.
Este taller pon o punto final a todos os cursos que se estaban realizando dende o inverno. Agora só queda agardar polas actividades máis típicas do verán: piscina, excursións para os máis novos, ourense lúdico, etc.