viernes, 29 de junio de 2012

Curso básico de protección civil








Esta fin de semana impartirase no local social de Esgos un curso básico de protección civil no que partipan alumnos deste e doutros concellos.


Programa:
  • Venres 29 de xuño, de 19 a 22 horas: Comunicacións.
  • Sábado 30 de xuño, de 9 a 14 horas: Extinción de incendios
  • Sábado 30 de xuño, de 15 a 22 horas: Primeiros auxilios
  • Domingo 1 de xullo, de 9 a 15 horas: Protección civil e igualdade.



jueves, 28 de junio de 2012

Horario de verán

Durante os meses de xullo e agosto a biblioteca estará aberta en horario de mañá: de luns a venres dende as 11 ata as 14 horas, mentres que a piscina municipal abrirá as 12 da mañá e pechará ás 21 horas.

viernes, 22 de junio de 2012

Entrega de diplomas do taller de memoria.


O pasado mércores, ás 7 da tarde entregáronse os diplomas do curso de memoria ós veciños que participaron nesta última edición.
O acto estivo presidido polo alcalde, Mario Rodríguez e Pedro Díaz Fernández, o psicólogo responsable do taller.




Pódense ver todas as fotos eiquí

lunes, 18 de junio de 2012

Campamento urbano


Durante os meses de xullo e agosto todos os nenos do concello, de entre 4 e 12 anos, poderán desfrutar de diversas actividades no campamento urbano “VeránEsgos 2012”. 

As actividades (manualidades, actividades deportivas, xogos populares, taller lectura, etc.) desenvolveránse en Esgos, de luns a venres en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas.

Para poder participar deberánse anotar na biblioteca ou nas oficinas de servizos sociais do concello antes do 28 de xuño.

domingo, 17 de junio de 2012

Concurso fotográfico

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, aberto a calquera persoa maior de 12 anos de idade e residente en Galicia.
‘Imaxes con Fondo’ pretende ser unha ferramenta que promova a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno e coas persoas que nel habitan.



  • Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.
  • Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.
Premios: (Haberá só un premio por categoría)
- Categoría xuvenil: unha cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
-  Categoría adultas/os: unha viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración.

miércoles, 13 de junio de 2012

Rallye Ourense

O "rallye Ourense" volverá un ano máis ó noso concello. O tramo coñecido como San Pedro de Rocas, que xa é un clásico deste rallye disputarase ás 9:28 horas e ás 12:32 horas.

http://www.rallyeourense.es/45edicion/descargas/123seccion.pdf

martes, 12 de junio de 2012

Fotos da VI andaina popular de Esgos e da VI Subida Rocas - O Eirado

O pasado domingo celebrouse en Esgos o Campionato Galego de Montaña e a carreira "Subida Rocas - O Eirado" na que participaron máis de 250 atletas.
Ivan Docampo da Soc. Gimnastica de Pontevedra e Purificacion Bermudez do Noteibra foron proclamados campións galegos de Montaña.

Paralela a esta proba desenvolveuse a VI andaina popular do concello na que participaron 200 persoas. 

A continuación deixamos enlaces ás fotografías:


Fotos da andaina

Fotos da carreira

Fotos da comida e entrega de premios