martes, 19 de enero de 2021

Chave 365 para a mocidade galega


A mocidade galega xa pode solicitar de xeito presencial a Chave 365. Con esta chave podes xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou o DNI electrónico.

A identificación faise co DNI e cun código que recibes no teu teléfono móbil.

A solicitude da chave podes facela presencialmente nos Espazos Xove que están situados nas seguintes localidades: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro.

https://www.xunta.gal/chave365/solicitude

No hay comentarios: