lunes, 26 de junio de 2017

Admitidos no campamento de verán

Todas as solicitudes para o campamento de verán 2017 foron aceptadas nas quincenas solicitadas.


  • Prazas vacantes:
Quedan algunhas prazas libres nas quincenas do 3 ao 14 xullo, do 17 ao 28 de xullo e do 14 ao 25 de agosto, que poderán ser solicitadas polos nenos/as que o desexen. (Darase prioridade aos nenos/as empadroados neste concello).

  • Pagamento:
Entre o 27 e o 30 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal. Deberán retirar na biblioteca a carta de pago cos datos do neno/a e o importe a pagar que deberán entregar xunto co xustificante de pagamento nas oficinas municipais
Será motivo de exclusión non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados. Non se devolverá o importe pagado en ningún caso.

jueves, 22 de junio de 2017

Horario de verán

Cambiamos o horario de biblioteca ao horario de verán, a partir do luns, teremos aberto de 11 a 14 horas.
Agardámosvos!!

viernes, 16 de junio de 2017

Apertura das piscinas


As piscinas municipais abrirán o sábado 17 de xuño en horario de 12:00 h a 21:00 h. Os bonos, coma sempre, pódense retirar nas oficinas municipais.

martes, 13 de junio de 2017

Campamento de verán 2017


DESTINATARIOS
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2005 e o 2013 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán.

MODALIDADES 
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello.

HORARIO 
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h

DATAS: 
- Quincena do 3 ao 14 de xullo
- Quincena do 17 ao 28 de xullo
- Quincena do 31 de xullo ao 11 de agosto
- Quincena do 14 ao 25 de agosto
Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas. Os empadroados poderán elixir 3 quincenas e os non empadroados 2 quincenas. Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.

PRAZO DE SOLICITUDE
Entre o 14 e o 23 de xuño de 2017
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

PREZOS
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos:  10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por quincena. Desconto do 20% para familias numerosas.

PAGAMENTO
Entre o 27 e o 30 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados.