lunes, 31 de agosto de 2020

Voltamos ao horario de tarde

Voltamos ao horario de inverno, a partir do mércores 2 de setembro a biblioteca estará aberta polas tardes, de 17:15 a 20:15 h coincidindo co peche das piscinas municipais.

miércoles, 19 de agosto de 2020

Maxia divertida

Por mor da choiva de onte tivemos que trasladar a "Maxia divertida" ao Centro Cultural Parada Justel. 



Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura para bibliotecas "Ler conta moito", da Xunta de Galicia.

jueves, 13 de agosto de 2020

Maxia para animar á lectura

O martes 18 de agosto ás 11:30h na Praza da Souteira, frente á biblioteca de Esgos os nenos e nenas poderán asistir a espectáculo "Unha maxia divertida" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.


Debido á situación xerada pola Covid-19 será necesario para asistir inscribirse previamente na biblioteca ou na piscina, asistir con máscara e sentarse nos lugares indicados para manter a distancia de seguridade.



lunes, 3 de agosto de 2020

Contacontos "O nubinete"



Hoxe puidemos desfrutar na Praza da Souteira, frente á biblioteca de Esgos do contacontos "O nubinete contra o cambio climático" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.

Gardando as medidas de seguridade pola covid-19, cada un no seu recadro.