jueves, 22 de octubre de 2020

Día das bibliotecas

 


O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón".

Preténdese destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

Anímate a participar nesta campaña publicando nas túas redes sociais fotos na biblioteca, dos libros que estás lendo, etc 

Etiquétanos  #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón #biblioEsgos

miércoles, 21 de octubre de 2020

Libros para o Samaín

 



Achégase o Samaín e na biblioteca tedes unha morea de libros con temática de medo. Perde o medo! Achégate ata a biblioteca!!

martes, 20 de octubre de 2020

Samaín 2020

 


Xa se achega o Samaín e como este ano non podemos realizar o percorrido polas casas propoñemos unha celebración diferente:

1. Decorade terroríficamente as vosas casas, ventás, paredes... o que queirades.

2. Enviade unha foto co voso nome e enderezo a biblioesgos@gmail.com

3. A Santa Compaña pasará polas vosas casas.

Para participar inscríbete na biblioteca ou a través do correo electrónico biblioesgos@gmail.com antes do 27 de outubro.