martes, 28 de abril de 2015

Educamóbil

O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o venres 8 de maio pola tarde, de 16:30 a 20:00 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

lunes, 20 de abril de 2015

Banco de Contidos de AulaPlaneta


A partir de hoxe luns 20 de abril, os lectores da biblioteca poderán acceder ao “Banco de Contidos” de AulaPlaneta. Este recurso electrónico é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado.

Os usuarios da biblioteca poden acceder a este recurso a través da web http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021 (sección "Recursos web" e, dentro dista, "Recursos electrónicos") identificándose co seu código de usuario (é dicir, o número de carné da biblioteca) e o seu contrasinal.

Ademais de ao "Banco de Contidos" tamén se pode acceder actualmente aos seguintes recursos:

  • E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.
  • I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais.
  • Gale Virtual Reference Library: plataforma que contén obras de referencia en formato electrónico en español.

viernes, 17 de abril de 2015

Fotos das camisetas

Hoxe estivemos customizando a nosa roupa da man da Asociación Xarela. Os máis pequenos colleron os pinceis e este foi o resultado:









viernes, 10 de abril de 2015

Aprende a decorar a tua roupa

O venres 17 de Abril de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Esgos os nenos e neas e os seus pais e nais aprenderán a decorar a sua roupa pintando debuxos orixinais.


Trae a prenda que queiras decorar, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós.

Esta é unha actividade do programa Abril, mes do libro. que se está a levar a cabo na biblioteca.

miércoles, 1 de abril de 2015

Abril: Mes do libro


O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero este ano, na biblioteca, vamos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos:
  • Lectores de libros electrónicos (ebooks)
¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso.
Semana do 6 ao 10 de abril
  • GALICIALE
¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de www.galiciale.es a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo.
Semana do 13 ao 17 de abril
  • Personalización de camisetas
O venres 17 de abril ás 17:30 horas personalizaremos a tua roupa. Trae a prenda que queiras, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós.
  • Manualidades
O 23 e o 24 de abril os nenos e nenas farán e escribirán o seu propio libro.