martes, 31 de marzo de 2009

O telecentro volve abrir polas tardes

A partir de mañá mércores, 1 de abril, o telecentro volverá estar aberto polas tardes de luns a venres.
En canto non se programen cursos de informática, o horario será de 17.30 horas a 21.00 horas.

Esperámosvos a todos !!!

jueves, 26 de marzo de 2009

Punto de información do servicio galego de colocación

Dende hoxe os veciños de Esgos e incluso os de outros concellos xa poden renovar a demanda de emprego sen ter que desprazarse a Ourense, gracias ó punto de información do servicio galego de colocación que se instalou no concello.

Para poder facer este trámite é necesario dixitalizar a pegada no concello.

O Punto de información está situado no primeiro andar do concello, ó lado das oficinas municipais, onde poderán atopar máis información.

lunes, 16 de marzo de 2009

Tiro ó plato

O ano pasado a asociación de cazadores "Os tarreirigos" organizara un dia de tiro ó plato. Debido ó éxito de participación que tivera esta xornada, o concello tomou nota e organizou para onte domingo, unha xornada de tiro ó plato no campo de tiro de Rocas.
Na seguinte foto pódese ver a un grupo de participantes:

Na xornada, que comezou ás 11 da mañá e se prolongou ata as 19.30 horas, realizáronse 14 tiradas.
Todos os que así o quixeron puideron disfrutar tamén dunha comida campestre no mesmo campo de tiro.


Pola tarde xuntouse no campo gran cantidade de público.

domingo, 15 de marzo de 2009

Taller de 060.es

O pasado xoves pola tarde un monitor de red.es impartiu no telecentro un taller sobre a web www.060.es ó que asistiron unha dúcia de veciños.


miércoles, 11 de marzo de 2009

EDUCAMOBIL

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Venres 27 de marzo
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

lunes, 9 de marzo de 2009

Cea do "Dia da muller traballadora"

O sábado pasado a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" quixo celebrar o dia da muller traballadora cunha cea no restaurante "Os Caracoles", a que asistiron 40 mulleres.