miércoles, 30 de octubre de 2019

Obradoiros audiovisuais Ribeira Sacra



No mes de novembro impartiranse na biblioteca 2 obradoiros para nenos e nenas nos que se pretenderá analizar as vantaxes da vida no rural e gravar un vídeo no que se amosen os recursos do noso Concello. 
  • Data e horario: 5 e 19 de novembro de 18:00 a 20:00h
  • Lugar: Biblioteca Pública de Esgos

Inscricións na biblioteca antes do luns 4 de novembro.

A biblioteca estará pechada ao público mentres dure este obradoiro.

viernes, 25 de octubre de 2019

Decoración do samaín

 🎃🎃🎃🎃🎃🎃 Comenzamos cos preparativos para o Samaín... 🎃🎃🎃🎃🎃🎃








jueves, 24 de octubre de 2019

Día da biblioteca


Ven a celebrar con nós o Dia da biblioteca!!!

Levar un libro para a casa, coller un libro para o colexio, ler o periódico, xogar nos ordenadores, colorear, xogar, facer manualidades, charlar, merendar... Calquera opción é boa para pasar un ratiño.


O lema deste ano é “Aptas para todos os públicos”, #BibliotecasEnIgualdad.

lunes, 21 de octubre de 2019

Samaín 2019



🎃🎃 O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o SAMAIN cos nenos e nenas, cun percorrido polas casas dos veciños. 🎃🎃

Para participar é imprescindible:
1. Inscribir aos nenos e nenas na biblioteca antes do luns 28
2. Colaborar coa organización ou con algún dos veciños que nos abren as súas casas.

martes, 15 de octubre de 2019

Educación positiva

Obradoiro gratuito para pais e nais: EDUCACIÓN POSITIVA.



Xoves 24 de outubro, de 17:30 a 19:00h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos)
Imparte Xarela Formacion Animacion

jueves, 3 de octubre de 2019

Curso de gaita e percusión



O vindeiro sábado 5 de outubro ás 16:00 horas terá lugar a presentación do curso 2019/2020 de gaita e percusión, no local de ensaio situado na Praza da Souteira (Esgos)

As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas.

martes, 1 de octubre de 2019

Libros de lectura obrigatoria ESO

Están a chegar á biblioteca os listados dos libros de lectura que vos piden no instituto aos rapaces e rapazas da ESO e témolos casi todos. 

Moitos xa facedes uso deste servizo dende fai anos, así que só é un recordatorio. 

Eiquí tedes unha pequena mostra: