miércoles, 29 de febrero de 2012

Taller de memoria

Un ano máis o Concello vai realizar o obradoiro de memoria, que engloba diferentes temas como: talleres de exercitación de memoria, nutrición, relaxación, respiración... Está dirixido a todos os veciños/as e non hai límite de idade para participar.

Esta edición do taller comezará o luns 5 de marzo, e para evitar desprazamentos, impartirase como viña sendo costume nos locais sociais:
  • Pardeconde - Quinta do Monte: Os luns de 3 a 4.30 horas da tarde
  • Esgos - O Pinto: Os luns de 4.45 a 6.15 horas da tarde
  • Gomariz - Lobaces: Os luns de 6.30 a 8 horas da tarde.

viernes, 24 de febrero de 2012

Cea de mulleres

A Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" organiza con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, unha cea dirixida a tódalas mulleres do concello.


Inscripcións nas oficinas de Servizos Sociais do Concello ou chamando ó 988290000 (Ángeles) antes do 7 de marzo.

Haberá música en directo e un agasallo para todas.


  • LUGAR: Restaurante CASA SACRA (O Pinto)
  • DATA: sábado 10 de marzo
  • HORA: 22.00 h.
  • PREZO: 20 € socias, 25 € non socias (para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2012)

lunes, 20 de febrero de 2012

Premios "Entroido 2012"

Primeiro premio: "Os cavernícolas"

Segundo premio: A orquesta "Pequena tropa"

Terceiro premio: Os bombeiros

Cuarto premio: "As vacas"


Mellor grupo reducido: "As bandeiras"

Mellor individual: "Transformer de Formula 1"

martes, 7 de febrero de 2012

Desfile e concurso de Entroido 2012


Data: Domingo 19 de febreiro
Hora: 17.00 h.
Lugar: Praza da Souteira, en Esgos
Premios:
  • Mellor disfraz individual (40 €)
  • Mellor grupo reducido (50 €)
  • Grupos numerosos e carrozas:
  • 1º clasificado: 100€ e un xamón
    2º clasificado: 80€ e unha cachucha
    3º clasificado: 70€ e un lacón
    4º clasificado: 60€.