martes, 22 de diciembre de 2009

Só con TDT verás a tele

A partir do 18 de xaneiro "so con TDT verás a tele", xa que cesa nesa data a emisión da televisión analóxica.

Para informar e explicar ós veciños a forma de adaptarse e disfrutar dos servizos da TDT haberá puntos de información móvil (microbus) polo Concello:
  • Esgos, martes 29 de decembro pola mañá

  • O Pinto, mércores 30 de decembro pola tarde

  • Esgos, xoves 14 de xaneiro pola mañá
A través da entidade pública Red.es, dentro do Plan de Apoio a Colectivos de Risco de Exclusión, pódese solicitar un equipo sintonizador TDT gratuito durante o prazo de 4 anos dende a data de instalación.

Para poder solicitar o TDT gratuito é necesario cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar en http://www.concelloesgos.com/

Tódalas persoas interesadas poden informarse e presentala sua solicitude nos Servizos Sociais do Concello.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Actividades infantis Nadal 2009

Xornada de xogos populares para nenos e maiores

Billarda, chave, peóns, tabas, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc.
Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós.
  • Dia: 23 de decembro
  • Hora: De 4 a 5.30 da tarde
  • Lugar: Vilar

Visita a Pazolandia

Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou Telecentro antes do 28 de decembro.
  • Dia: 29 de decembro
X Concurso de Postais.

Por décimo ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.).
Tódolos participantes terán un agasallo.

  • O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro.

Visita dos Reis Magos de Oriente

Os Reis Magos entregarán os premios do X Concurso de Postais.
  • Dia e hora: 5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira


lunes, 30 de noviembre de 2009

Reunión das Mulleres Rurais

O presidenta da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca a todas as mulleres a unha reunión para planificar os cursos do vindeiro ano.
  • Lugar: Local social de Esgos
  • Data: sábado, 5 de decembro
  • Hora: 18 horas

jueves, 26 de noviembre de 2009

Nova web do concello

A web do concello de Esgos estrea hoxe unha nova imaxe, máis moderna:

Ainda que faltan algunhos contidos, que se irán engandindo ó longo dos vindeiros días, xa podedes ir votándolle un vistazo, e claro, deixando eiquí os vosos comentarios e opinións.

Os cambios sempre orixinan un pouco de "desconcerto" pero espero que vos guste.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Xogomóbil

O vehículo Xogomóbil volverá a estar no noso concello.

Esta é unha actividade gratuita para nenos de entre 4 e 14 anos, que consiste en xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Vilar, ó carón do local social
  • Data: Martes 17 de novembro
  • Hora: A partir das 5 da tarde
Para máis información podedes chamar ó concello 988290000.

Animádevos e non faltedes.

martes, 10 de noviembre de 2009

Magosto 2009

O pasado domingo celebrouse na praza da Souteira o magosto do concello. Citouse á xente para as 13 horas para "coller o sitio" e ás 13.30 comezouse a servir a comida.

Os preparativos


Os comensales

Nun primeiro momento parecía que non ia vir moita xente, porque o tempo non acompañaba, pero ó final non choveu e a xente animouse.

¿Do menú que imos dicir?

Para comezar: empanada
Para fartar: chourizos e churrasco
De postre: castañas, bica, café e chupito

¿A música? Os Airiños de Caldelas, como non...

¿A participación? Moi boa... unhas 350 entradas vendidas, máis os menores de 12 anos, máis os voluntarios que serviron a comida.


viernes, 6 de noviembre de 2009

Seminario "Importancia das TIC nas dinamizacións dos negocios"

A finais deste mes de novembro, ainda falta por fixar a data, celebrarase un seminario sobre a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación nas empresas.

Trátase de explicarlle aos pequenos empresarios ou traballadores a aplicación real que poden ter as novas tecnoloxías no seu negocio, o beneficio que isto pode supor, e introducilos a cómo facelo.
O seminario ten unha duración de 5 horas, distribuidas en dous dias. Ó finalizar entregarase un diploma oficial acreditativo.

Os interesados deberán anotarse no concello ou no telecentro, xa que é necesario cubrir un mínimo de prazas.

Obxectivos do seminario:
  1. Sensibilizar da importancia do emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
  2. Achegar ao ámbito rural as oportunidades que tódolos negocios poden ter nas TIC.
  3. Promover a minimización de brecha dixital nos negocios galegos.
  4. Dar a coñecer vantaxes que aportan o uso das TIC en materia de abaratamento de custos, fronte a situación actual de crise económica.


Desenrolará as seguintes epígrafes:

  1. Diagnose da situación actual dos sistemas de información e comunicación nos negocios.
  2. Análise da localidade de impartición en relación ás TIC.
  3. Diagnose da pequena empresa fronte as novas tecnoloxías.
  4. Identificación de oportunidades, necesidades e alternativas.
  5. Tecnoloxías TIC sen custe nas organizacións.
  6. Comercio electrónico.
  7. Marketing virtual.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Curso de taichi

Curso de Taichi
(Ximnasia Relaxada - Movemento do teu corpo)

  • Data de comezo: Mércores 14 de marzo
  • Horario: Luns e mércores de 20.00 a 21.00 h
  • Lugar: Local Social de Esgos

Si estás interesada, acode. Xa sabes, non te quedes parada, ¡participa!

Esta actividade é exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres "Os Picotiños".

martes, 13 de octubre de 2009

Magosto Esgos 2009


O magosto do concello de Esgos xa se achega.

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".

Xa se poden retirar as entradas nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa (nenos ata 12 anos gratis).
  • Día: Domingo, 8 de novembro
  • Hora: 13.00 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

Nova convocatoria de cursos de informatica

A semana que ven comezaremos novos cursos de informática e internet para persoas sen coñecementos previos. Como ven sendo costume, as clases impartiranse dous dias a semana en horario de 20.00 a 21.00 horas.

Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou no telecentro.

Tamén seguiremos coas clases de repaso para os que xa participaron en cursiños anteriores.

lunes, 5 de octubre de 2009

Novo curso da escola de gaita

O vindeiro 17 de outubro comezará un novo curso de clases de gaita, percusión e pandereta da Escola de Gaita do Concello de Esgos. Estas clases son gratuitas e impartiranse no local social de O Pinto os sábados a partir das 15.30 horas.

Para inscripcións e máis información chamar ó 988290040 (Angeles) ou falar cos profesores (Bea ou Manolito)

Obradoiro de "Habilidades sociais"

OBRADOIRO DE "HABILIDADES SOCIAIS"
  • DATA DE CELEBRACIÓN: 29 de outubro (xoves)
  • HORARIO: De 16.00 a 20.00 horas
  • LUGAR: Local social de Esgos
  • DESTINATARIAS: Mulleres
  • CONTIDO: fomento da autoestima; axudar a desinhibición; fomentar a comunicación como medio para achegarse a os demais: dar as pautas para a utilización do linguaxe como instrumento de relación social; dotar de ferramentas para o uso óptimo da comunicación
  • PLAZO: As interesadas deberán anotarse no concello (servizos sociais) ou no Telecentro antes do 29 de outubro.

martes, 29 de septiembre de 2009

Taller de costura e patronaxe

A A.VV. Rocas está a organizar a segunda edición do "taller de costura e patronaxe", que comezará o sábado día 3 de outubro.



  • Lugar: Centro social de Esgos
  • Horario: de 19.00 a 20.00 horas
  • Custe: 5 € / mes, a ingresar na conta da A.VV Rocas en Caixanova

viernes, 25 de septiembre de 2009

Mudanza no telecentro

Hoxe pola mañá realizamos unha doble "mudanza" no telecentro: pasamos do satélite ó ADSL e cambiamos o telecentro para o baixo do concello.

Agora o telecentro e a biblioteca comparten espazo.

O horario de apertura segue a ser de 17.30 a 20.00 horas.

Esperemos que os cambios sexan para ben...

Aviso para navegantes: Os que "usabades" a wi-fi do telecentro dende fóra, agora tendes que aparcar noutro lado, porque esa antena deixou de emitir. Podedes utilizar a Wi-fi da biblioteca (aparcar cerca do concello).

jueves, 17 de septiembre de 2009

Obradoiro de "Vida saudable"

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE


  • DATA DE CELEBRACIÓN: 7 de outubro (mércores)
  • HORARIO: De 16.00 a 20.00 horas
  • LUGAR: Local social de Esgos
  • DESTINATARIAS: Mulleres
  • CONTIDO: A través de esta charla tratarase de orientar sobre hábitos alimenticios saudables; previr sobre posibles patoloxías e transtornos alimentarios; coñecer os ingredientes dunha dieta saudable; coñecer os efectos nocivos do tabaco; ofrecer orientacións sobre a preveción do consumo de tabaco; coñecer a utilidade do exercicio físico diario para mellorar a calidade de vida e ofrecer ferramentas prácticas para a práctica de exercicio físico.
  • PLAZO: As interesadas deberán anotarse no concello (servizos sociais) ou no Telecentro antes do 7 de outubro.

lunes, 14 de septiembre de 2009

Novo horario do telecentro

A partir do mércores 16 de setembro, o telecentro volverá a estar aberto polas tardes no seguinte horario:

De luns a venres de 17.30 a 20.00 horas

viernes, 21 de agosto de 2009

Festa do emigrante 2009

A "Festa do Emigrante 2009" congregou na praza da Souteira a centos de veciños. Na galeria fotográfica da web do concello www.concelloesgos.com publicaranse fotos deste dia, pero de momento, vai un pequeno adianto.




Ó remate, repartíronse 600 racións de arroz con leite na "IV Festa do arroz con leite".


A comisión de festas do 2009 sortea un televisor de plasma e aproveitaron o dia para vender rifas.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Coches de choque en Esgos

Este ano, as festas de Esgos contan con unha novidade:"Os coches de choque".

Os feirantes están instalando a pista na coñecida como "finca do cura", por detrás do concello.


Xa hai ambiente de festa !!!

jueves, 13 de agosto de 2009

Chegou o ADSL.... ¡Por fin!

Despois de que se instalara o ano pasado a fibra óptica, por fin se pode contratar o ADSL en Esgos. Xa era tempo!!!

O primeiro ADSL de Esgos xa está instalado e funcionando dende onte.

Para comprobar se está dispoñible o servizo para un número de teléfono en concreto, chamar ó 1004 ou a través de www.telefonica.es. De todos modos é necesario que un técnico visite o domicilio para verificar que o servizo está realmente dispoñible.

A través da páxina web de telefónica comprobamos que para números de teléfono do núcleo de Esgos, A Lama, Tarreirigo e Alto do Couso o servizo está dispoñible.

lunes, 3 de agosto de 2009

A Banda de Gaitas consigue o cuarto posto la Liga

A Banda de Gaitas do Concello de Esgos conseguiu o cuarto posto no primeiro grao da Liga Galega de Bandas de Gaitas o pasado domingo en Manzaneda.

A TVG cubriu este evento e pódese ver o
video do avance informativo da TVG (minuto 33:37) e o video da nova da TVG.

Noraboa a todos!

martes, 28 de julio de 2009

A banda de gaitas actuará en Manzaneda

A banda de gaitas do concello de Esgos participará no primeiro grao da derradeira fase de Liga Galega de Bandas de Gaitas que terá lugar en Manzaneda o domingo 2 de agosto.

A actuación da banda de Esgos será ás 13,20 horas.

Esperan acadar un bo posto, xa que nas fases anteriores acadaron as primeiras posicións.
¡Sorte!

lunes, 27 de julio de 2009

Feira agro ambiental de O Pinto

O concello de Esgos en colaboración coa Deputación e Caixanova organiza a XI edición da "Feira agro ambiental de O Pinto".



Sábado 8 de agosto
O Pinto (Esgos)



Tamén se poderá disfrutar nesta feira dunha degustación de callos.

viernes, 24 de julio de 2009

Programa das Festas Esgos 2009

FESTAS DE ESGOS 2009

Na honra de San Vitores (20, 21, 22, 23, 24 e 26 de agosto)

XOVES 20
20.00 h. Festa do emigrante coa actuación dunha charanga. III Festa do arroz con leite.

VENRES 21
12.00 - 13.00 h. Concurso de debuxo infantil na praza da Souteira.
17.30 h. Xogos infantís "Galiocio" na zona das piscinas.
00.30 h. Festival de música Rock e Discoteca móvil.

SÁBADO 22:
10.00 h. Pasarruas a cargo dun grupo de gaitas.
12.30 h. Campeonato local de natación (25, 50, 100 m)
17.00 h. Xogos populares na praza da souteira
00.30 h. Gran verbena coa orquesta CHÁSTON

DOMINGO 23
10.00 h. Pasarruas a cargo dunha banda de música
12.00 h. Procesión e misa solemne na honra de San Vitores coa actuación dunha banda de música.
17.00 h. Partido de futbol solteiros - casados no campo de Rocas
21.30 h. Festa e verbena coa orquesta revelación de Galicia CICLÓN

LUNS 24
10.00 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Airiños de Caldelas
12.00 h. Ghynkana ciclista na praza da Souteira
16.00-18.00 h. Ourense Lúdico na praza da Souteira
20.00 h. "Guerra do Pastel" na zona da fonte de Saa.
21.30 h. Festa e verbena coa orquesta LA OCA, dende fai 17 anos.
03.00 h. Chocolatada e bica por xentileza da comision de festas.

MERCORES 26 : Festividade de San Vitores.
12.00 h. Procesión e misa solemne coa actuación da banda de gaitas do concello de Esgos e da coral Camerata Auriense.

Tódolos dias haberá sesións de fogo fixo e voador.

viernes, 17 de julio de 2009

Avisar a... en el móvil

Cruz Roja y el Ministerio del Interior han puesto en marcha una campaña para que los ciudadanos añadan en la agenda de su teléfono móvil una entrada (Aa, seguido del nombre de la persona elegida y un número de teléfono) para contactar en caso de que el propietario del teléfono sufra algún percance o se vea envuelto en una situación de emergencia. De esta forma, ese número aparecerá siempre en primer lugar en la agenda. La propuesta es rápida, eficaz y barata.



"Avisar a..." es un sistema "sencillito y extraordinariamente útil"; "una garantía" para quien sufre un percance "y para los servicios de emergencia".

lunes, 13 de julio de 2009

Fotos da III andaina e III subida Rocas - O Eirado

O pasado domingo máis de 400 persoas participaron na 3ª andaina e na 3ª Subida Rocas - O Eirado en Esgos.

O percorrido da andaina de 21 km e o da carreira 14 km, por carballeiras, camiños de montaña, pobos... e o dia, ada caluroso a primeira hora da maña, fixo que a xente estivera moi animada dende o comezo.

Para rematar, comida (empanada, tortilla, ensaladilla, lacón, embutido e bica) e cervexa para todos.

Podedes ler os comentarios dos corredores sobre esta proba en correrengalicia.

Nos vindeiros dias publicaranse as fotos na web do concello www.concelloesgos.com, pero eiquí vai un pequeno adianto.

ANDAINA:





























Grupos de andaríns coa camiseta vermella da andaina















Uns andaríns moi contentos

CARREIRA:


Saída

Un corredor pasando pola Virxe do Monte

Había que repoñer forzas...

viernes, 3 de julio de 2009

Doa sangue

Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e máis de 50 kilos de peso non quedes indiferente. 15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde e salvar vidas.

O sangue non se pode fabricar.
Doa sangue!

  • Dia: sábado 11 de xullo
  • Hora: de 12.30 a 15.00 horas.
  • Lugar: ó carón do Centro de Saúde de Esgos

miércoles, 1 de julio de 2009

Ourense lúdico 2009

Os luns dos meses de xullo e agosto os rapaces de entre 4 e 14 anos poderán disfrutar de actividades artísticas e lúdicas dentro do marco do "Ourense lúdico".

Estas actividades incluen: recortavéis, papiroflexia, globoflexia, modelado, pintura, reciclaxe, cestería, xogos tradicionais, obradoiros variados, xogos cooperativos, sendeirismo, etc.

Data:
  • Luns do mes de xullo en Vilar (Local social de Rezomilo)
  • Luns do mes de agosto en Esgos (Praza da Souteira)
Horario: 16.00 - 18.00 horas

viernes, 19 de junio de 2009

Horario de verán

A partir do luns 22 de xuño o telecentro abrirá polas mañás para adaptarse ó horario de verán:

De luns a venres de 12.00 a 14.15 horas.

miércoles, 17 de junio de 2009

Apertura das piscinas municipais de Esgos



O sábado 20 de xuño comeza "oficialmente" o verán en Esgos coa apertura das piscinas municipais.





A parte das obras de mellora que se realizaron este ano (construcción dunha galería subterránea para labores de mantemento, ampliación da zona verde e colocación de gresitec na piscina grande), no resto non hai moitos cambios:



  • Horario: de 12.00 a 21.00 horas
  • Entrada: 1 euro
  • Bonos para todo o verán: 10 euros para os empadroados e 20 euros para os non empadroados.

martes, 16 de junio de 2009

III andaina de Esgos e III carreira de montaña

Na web do concello de Esgos xa se poden facer as inscripcións e consultar toda a información da III Andaina do Concello de Esgos - III carreira de montaña que se celebrará o domingo 12 de xullo.

A andaina sairá de Esgos e recorrerá 21 km en sentido contrario ás edicións anteriores, ata volver a Esgos outra vez. Pola contra, a carreira seguirá o percorrido que ven sendo habitual.

Este ano tamén se pode ver a ruta da andaina e da carreira en google earth

Para calquera dúbida, poñerse en contacto con José Luis no teléfono 988290040 ou a través do correo joseluis@concelloesgos.com

viernes, 12 de junio de 2009

Entrega de diplomas do taller de internet

O pasado mércores rematou o curso de internet e os alumnos quixeron celebralo tomando un café e unhas rosquillas, así que trouxeron todo o necesario ata o telecentro.
Pasamos unha horiña moi agradable.
Este taller pon o punto final a todos os cursos que se estaban realizando dende o inverno. Agora só queda agardar polas actividades máis típicas do verán: piscina, excursións para os máis novos, ourense lúdico, etc.

viernes, 29 de mayo de 2009

Entrega de diplomas do taller de memoria

Onte pola tarde entregáronse os diplomas do "taller de memoria" que organizou o concello e que se desenrolou dende outubro de 2008 ata abril de 2009, nun acto no que participou Pedro Diaz Fernández, psicólogo e titor do curso, Silvia (Traballadora Social do concello de Esgos) e Camilo, teniente alcalde.



O acto comezou coa proxección das fotos do taller e a entrega de diplomas que se realizara o curso pasado.




Despois das palabras de Pedro, Silvia e Camilo, entregaron os diplomas ós 40 alumnos, na sua maioría mulleres.





Ó final, o concello convidou a todos os asistentes a un café na praza da Souteira.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Concluen os talleres das mulleres rurais

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" remata esta semana os talleres que viñan desenvolvendo dende o inverno: un de taichi e un de manualidades.

Estes talleres volverán despois do verán.

martes, 19 de mayo de 2009

Curso de internet

Sete novos alumnos (6 mulleres e 1 home) participan durante o mes de maio e xuño, noutro curso de iniciación a Internet os martes e xoves a partir das 19.30 horas.


Nesta ocasión contamos con "representantes" de varias pobos como: Porta do Sol, Cabalgada, Melón Alto, Tarreirigo, Rebordiños e Esgos.

lunes, 18 de mayo de 2009

Taller de manualidades e restauración

Os sábados pola tarde as mulleres da asociación "Os Picotiños" dedícano á restauración e ás manualidades.

Este taller conta con moita participación e por eso o repiten ano tras ano. Estes días están a pintar en cristal, decorar tellas e á restauración.

Nas seguintes fotos podedes ver algunhos dos traballos e ás traballadoras:


viernes, 15 de mayo de 2009

Actividades para o dia de internet

O 17 de maio celébrase o "Dia das Letras Galegas" e tamén o "Dia de internet" e para celebralo, dende o telecentro propoñémosvos realizar varias actividades:


  1. Test. Demostra o que sabes resolvendo este test:
    Test sobre o "Dia de internet"

  2. "Street view" de google maps, que permite explorar as grandes cidades a pe de calle con imaxes a 360º. Neste vídeo explícase moi ben o funcionamento de street view.

  3. Pasar o rato visitando estas webs: http://www.apasarelrato.com/ na que podedes encontrar entre moitos pasatempos estas ilusións ópticas. Ou tamén http://www.portalmix.com/efectos/

  4. Yooouuutuuube.com
    Youtube é unha das páxinas máis visitadas no telecentro así que supoño que esta novo servicio de youtube que permite ver os vídeos descompostos en fotogramas vos vai gustar. Primeiro tes que localizar en http://www.youtube.es o vídeo que queiras e despois copiar a dirección en http://www.yooouuutuuube.com/

miércoles, 13 de mayo de 2009

17 de maio: Dia das letras galegas

O 17 de maio celébrase o "Dia das letras galegas", que este ano se lle adica a Ramón Piñeiro.



No telecentro e no local social de Esgos instaláronse 15 carteis que recollen a vida e obra deste galeguista, editor e ensaista lugués.

Para que demostredes o que sabedes sobre as letras galegas propóñovos realizar este test.