martes, 19 de junio de 2018

Lanzamos foguetes

Onte coñecemos os descubrimentos de Isaac Newton e as obras de Jules Verne e aprendemos sobre as naves espaciais, a gravitación, a inercia... da man de Ciencia en Ruta no "obradoiro de foguetes" dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito.



Tamén construimos foguetes e os lanzamos na praza da Souteira



martes, 12 de junio de 2018

Campamento de verán



DESTINATARIOS:
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán.

MODALIDADES
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello.

HORARIO:
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS:
- Quincena do 2 ao 13 de xullo
- Quincena do 16 ao 27 de xullo
- Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Quincena do 13 ao 24 de agosto

Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas, indicando a orde de preferencia.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.

PRAZO DE SOLICITUDE:
Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 26 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

PREZOS:
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos:  10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por quincena. Contémplase un desconto do 20% para familias numerosas.

PAGAMENTO:
Entre o 26 e o 29 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados





viernes, 8 de junio de 2018

Obradoiro de foguetes


¿Queres saber como funcionan os foguetes? ¿Queres coñecer a Jules Verne? ¿Queres construir un auténtico foguete?

Pois si tes entre 6 e 12 anos agardámoste o luns 18 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca para participar nun Obradoiro de foguetes. 

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

miércoles, 6 de junio de 2018

Dias de traballo de campo

A biblioteca estará pechada dende hoxe mércores ata o venres, ambos incluídos, polos preparativos da andaina.
O luns volveremos abrir no horario habitual.

Desculpen as molestias.