martes, 30 de septiembre de 2014

Clases de gaita e pandereta

A escola de gaita e percusión comeza un novo curso o sábado 4 de outubro. Os interesados en aprender ou mellorar os seus coñecementos de gaita, pandeireta, etc poderán participar nesta nova edición.

As clases impártense no local de O Pinto os sábados ás 15.30 horas.

viernes, 26 de septiembre de 2014

"Contos do mundo" na biblioteca

Hoxe puidemos desfrutar na biblioteca do contacontos "Contos do mundo: Unha viaxe polo mundo a través dos contos. Este ano visitamos América Central" ó que asistiron 22 nenos e nenas.











Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.

jueves, 18 de septiembre de 2014

Sección de novidades na biblioteca

Incorporamos ó fondo da biblioteca municipal novos exemplares, nos que se menciona ó noso Concello:
  • Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e de Allariz-Maceda, de José Antonio Gavilanes
  • Mascaradas de la península Ibérica, de Oscar J. González
Aínda que non son novidades, tamén pasan a formar parte da nosa biblioteca exemplares de Arturo Pérez Reverte, Stieg Larsson (colección Milenium) e para os máis pequenos Os Bolechas e Gerónimo Stilton, entre outros.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Cuarteto de saxofóns Skirion en San Pedro de Rocas

O domingo 28 de setembro ás 19:00 horas poderemos desfrutar no Mosteiro de San Pedro de Rocas da actuación do Cuarteo de saxofóns Skirion.
Esta actuación forma parte da programación de Espazos Sonoros, músicas en espazos de interese cultural, da Xunta de Galicia.

Máis información en http://espazossonoros.org/

martes, 16 de septiembre de 2014

Contacontos na biblioteca

Os nenos e nenas de entre 5 e 10 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ó espectáculo de contacontos "Contos do mundo", o vindeiro venres 26 de setembro ás 18:30 horas, enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

Contos do mundo é unha viaxe polo mundo a través dos contos, unha viaxe a América Central a través dos cinco sentidos.

lunes, 15 de septiembre de 2014

Excursión ás Cíes

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" está a organizar unha excursión ás illas Cíes, Cangas e Moaña para o sábado 20 de setembro.

O prezo da viaxe é de 45€ para as mulleres socias e familias e 48€ para as non socias. Este prezo inclúe:
Saída ás 8 da mañá dende Esgos, visita a Moaña, co seu típico mercadillo, xantar, saída en barco desde Cangas ás Cíes, visita ás Cíes e regreso a Esgos

¡¡¡ Apúntate no Concello ou chamando a Chus ou Noemí !!!

viernes, 12 de septiembre de 2014

Horario da biblioteca

O verán xa está rematando e a biblioteca volverá a abrir polas tardes. A Partir do luns 15 o horario de apertura será de 17:30 a 20:30 horas.