viernes, 26 de junio de 2020

Apertura das piscinas municipais


O venres 3 de xullo abrirán ao público as piscinas municipais, este ano en horario de 14:00 a 21:00 horas.

Dada a nova situación sanitaria provocada pola COVID-19 e a reducción obrigatoria do aforo terán preferencia no acceso á piscina pola seguinte orde:

1º Os veciños empadroados con BONO
2º Os residentes (2ª residencia) con BONO

Os interesados nos BONOS deberán facer a súa reserva ata o 2 de xullo e a partir desta data non se farán máis bonos, salvo dispoñibilidade de aforo.
A reserva do BONO farase do seguinte xeito:

  • Presencialmente nas oficinas do Concello ou na biblioteca
  • Na sede electrónica: http://concelloesgos.sedelectronica.gal
  • No email info@concelloesgos.com


Os prezos dos BONOS son os seguintes:

- Menores de 10 anos: gratis, pero deberán reservar igualmente o bono.
- De 11 a 17 anos: 10 € empadroados e 20 € residentes
- De 18 a 65 anos: 15 € empadroados e 30 € residentes
- Maiores de 65 anos: gratis para os empadroados pero teñen que reservar igualmente o bono e 30 € para os residentes
Tamén se contempla un desconto do 20% sobre os prezos anteriores para familias (ver condicións)

** Venda de entradas para o resto de usuarios según dispoñibilidade de aforo.

lunes, 22 de junio de 2020

Novos carnés da biblioteca


Hoxe comezamos a entregar os novos carnés da biblioteca. Recordade que este carné permite o acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas galegas integradas.

A partir de hoxe será obrigatorio presentar o carné para o préstamo de libros.

miércoles, 17 de junio de 2020

Campamento de verán 2020


O campamento de verán Esgos 2020 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada

➡️ DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.
➡️  NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.
En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran.
➡️ CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación:
1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM
2. Familias empadroadas no concello de Esgos
3. Familia monoparental
4. Que ambos proxenitores traballen actualmente
5. Familias numerosas.
No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.
➡️ HORARIOS E QUENDAS: Este campamento levarase a cabo de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, agás os festivos. Faltan por definir as datas de comezo e fin, xa que se intentarán adaptar na medida do posible á demanda dos solicitantes.
O horario será de 10:30 a 13:30 horas.
➡️ PREZO: Os prezos serán os seguintes:
• 10 €/quincena para os empadronados
• 20€/quincena para os residentes non empadronados
As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as matriculados no campamento.
➡️ NORMAS DE FUNCIONAMENTO: Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.
Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida na lista de espera.
Debido á situación sanitaria que estamos a sufrir provocada pola pandemia do Covid-19, deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De ter algún síntoma prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as medidas oportunas e non deberían levar aos fillos/as ao campamento.
Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados polo Servizo de Prevención do Concello de Esgos, no marco das recomendacións publicadas polas autoridades sanitarias.
➡️ OBSERVACIÓNS:
1. Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.
2. Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e que traian unha pequena merenda para a media mañá, unha gorra e unha botella de auga.
3. No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.
➡️ PRAZO: o prazo de solicitude de praza abrangue dende o 18 ata o 23 de xuño (ambos incluídos). O formulario de inscrición poden solicitalo nas oficinas municipais ou preferiblemente a través do correo electrónico  biblioesgos@gmail.com ou info@concelloesgos.com
A partir do 25 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

lunes, 15 de junio de 2020

A biblioteca na "nova normalidade"

Ata novo aviso a biblioteca estará aberta ao público só para préstamo e devolución de exemplares e para tarefas administrativas (renovación do carné, alta de usuarios, etc)




Horario:
De luns a venres de 17:30 a 19:30 horas, con cita previa.

Para calquera consulta poden dirixirse a biblioesgos@gmail.com

lunes, 8 de junio de 2020

A biblioteca de Esgos na Rede de Bibliotecas de Galicia

A Xunta de Galicia ven de implementar un novo sistema de xestión bibliotecaria na nosa biblioteca polo que dende o pasado 3 de xuño, a Biblioteca Municipal de Esgos está integrada no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Este novo sistema permite a integración das diferentes bibliotecas municipais de Galicia nunha contorna unificada, o que supón moitas ventaxas tanto para os técnicos como para os usuarios:


  • Os usuarios terán un carné único da Rede que permite o acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas: consultas, reservas, renovacións… Así como o acceso á plataforma de préstamo de libro electrónico,  GaliciaLe
  • Acceso ao catálogo colectivo da rede accesible desde a web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ 


NOVO CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS


O paso ao carné da Rede irase facendo de forma progresiva segundo os usuarios vaian utilizando os servizos da Biblioteca Municipal, ainda que tamén poden solicitalo a través do correo electrónico biblioesgos@gmail.com

O carné unico permite:

- Acceder a toda a rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- Consultar o catálogo único para saber en que biblioteca dispoñen do libro que necesitas, as 24 horas do día nos 365 días do ano.
- Renovar os teus préstamos vía online, sen ter que acudir fisicamente á biblioteca.
- Facer reservas de exemplares
- Acceder a  GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libro electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Se xa tes un carné da Rede de Bibliotecas non é necesario facer nada máis.