martes, 22 de diciembre de 2020

Novas incorporacións ó catálogo

Seguimos ampliando o catálogo da biblioteca con algunhas das obras de lectura obrigatoria nos institutos.


lunes, 21 de diciembre de 2020

Pechado por vacacións

 AVISO

Dende o mércores 23 de decembro ao venres 8 de xaneiro (ambos incluídos) a biblioteca estará pechada ao público.

  • Devolucións:

Se tedes libros para devolver podedes deixalos nas oficinas municipais. 

  • Préstamos: 

As urxencias atenderémolas no correo electrónico biblioesgos@gmail.com 


Desculpade as molestias e pasade unhas boas festas de Nadal, con sentidiño...

miércoles, 16 de diciembre de 2020

Carné xove


A Xunta enviará o Carné Xove de xeito gratuíto aos arredor de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos.

O Carné Xove permítelle a xuventude acceder a descontos e axudas para eventos culturais, aloxamento, transporte, comercio ou servizos educativos. 

As mozas e mozos comezarán a recibir o novo Carné Xove, cun deseño renovado, a partir do próximo mes de xaneiro. Unha vez o reciban nas súas casas, tan só terán que activalo nun dos centros habilitados para desfrutar das súas vantaxes.

Acceso á noticia completa

viernes, 11 de diciembre de 2020

Presentación dun novo libro sobre Romasanta

 


A Diputación presentou onte en Regueiro (Esgos) unha obra que analiza en profundidade o caso do home lobo: "Romasanta. Historia real de una leyenda".

Acudiron á presentación o presidente da Deputación José Manuel Baltar, Mario Rodríguez (alcalde de Esgos) e os coordinadores desta nova publicación: o xornalista José Domínguez e o profesor de dereito Roberto Bustillo. 

No acto tamén estivo presente o actor Marcos Vázquez caracterizado coma na película Luarada, na que deu vida ó home-lobo.

En poucos días teremos exemplares do libro na biblioteca municipal.








jueves, 10 de diciembre de 2020

Premio María Moliner 2020



Nuestra biblioteca ha sido seleccionada como una de las ganadoras de los Premios María Moliner 2020.

El premio consiste en 2.000€ para compra de libros para la biblioteca.

Estos premios los otorga el Ministerio de Cultura y Deporte y en ellos se premia a aquellas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que lleven a cabo un proyecto único que incluya acciones de animación a la lectura, la eficiencia y labor bibliotecaria, que incorpore a usuarios y usuarias en el diseño y la programación de las actividades, la especial atención a colectivos con dificultades para el acceso a la lectura, incluyendo acciones que incentiven la convivencia social e intergeneracional, la realización de actividades que promuevan la concienciación medioambiental, su originalidad e innovación y que las actividades tengan continuidad a lo largo del año.

Más información

lunes, 7 de diciembre de 2020

XXI Concurso de postais de Nadal


  • Concurso dirixido a nenos e nenas de 0 a 14 anos.
  • Tipos de postais:
    • Postais físicas nas que se poderá empregar todo tipo de materiais (cartulina, algodón, goma eva, material reciclado...)
    • Postais virtuais: fotografías, TicTok, vídeos curtos... 
  • A postal deberá levar o nome e a idade.
  • Deberanse entregar antes do 28 de decembro nas oficinas municipais ou por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com 

Co material recibido elaboraremos un vídeo que se difundirá a través das redes sociais.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Ponte festiva

O luns 7 de decembro a biblioteca permanecerá pechada ao público.

Desculpen as molestias