jueves, 29 de septiembre de 2016

Libros novos na biblioteca

Engadimos ao catálogo da biblioteca novos exemplares. Agardámoste na biblioteca!!

Gastronomía:
  • Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos
  • Novas lambetadas dunha larpeira feliz 
Comic:
  • Astérix gladiador 
  • Astérix e os godos
  • A volta á Galia de Astérix
Natureza:
  • Inventario ilustrado de insectos 
Infantil:
  • Os ratos da casa
  • Lobishome
  • Os bolechas van en burro 
  • Os bolechas van nunha nave espacial 
  • Os bolechas van de voda
  • Os bolechas van a Lolilandia 
  • Os bolechas van a un parque acuático 
  • Os bolechas van á neve
  • Os bolechas van de hotel 
  • Os bolechas dormen na casa dos curmáns  
  • Os bolechas van en carriño 
  • Os bolechas ven unha moura
  • Coñece estes animais e verás que son xeniais 
  • Cando medre —que ilusión—, que serei de profesión? 
  • Canta árbore e arbusto! Saír ao campo é un gusto! 
  • Observade o mundo atentos, pois hai inventos a centos 
  • O deporte é divertido. Escolle o teu preferido!
  • Como nos gusta viaxar, por aire, por terra ou mar! 
  • O corpo acaba e comeza polos pés e a cabeza 
Xuvenil:
  • Os papacalcetíns
  • A miña familia e outros animais 
  • Bechos e demais parentes
  • As viaxes fantásticas de Jules Verne 

lunes, 19 de septiembre de 2016

Divermaxia na biblioteca

O venres pasamos unha tarde de risa e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.



viernes, 9 de septiembre de 2016

Horario de inverno

O domingo 11 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal.

A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 12 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.

miércoles, 7 de septiembre de 2016

Consurso de consumo


A Escola Galega de Consumo trasladouse a mañá do 24 de agosto ao campamento urbano coas actividades do LecerConsumo.

Mentres que os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos escoitaron un conto e crearon un xoguete, os maiores, realizaron unha xincana e desopois gravaron un video para participar no concurso Planazo. O video reflexa un PLANAZO para este verán sen gastar un peso.



Podes votar antes do venres ás 14:00 horas para que gañe o equipo Esgos en https://www.facebook.com/escolagalegaconsumo/?fref=ts

lunes, 5 de septiembre de 2016

Divermaxia na biblioteca

Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ao espectáculo Divermaxia, o venres 16 de setembro ás 18:00 horas

Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.