lunes, 12 de diciembre de 2011

As webs dos concellos ourensáns a examen en elmundo.es


En http://www.elmundo.es analizan a situación das webs dos concellos ourensáns e refírense á de Esgos como "su página web es una de las más modernas y atractivas de la provincia"

viernes, 25 de noviembre de 2011

Dia internacional contra a violencia de xénero

Hoxe 25 de novembro conmemórase o Dia Internacional contra a violencia de xénero, este ano baixo o lema: "Non a violencia de xénero: nin hoxe , nin nunca".

Dende a biblioteca queremos contribuir un pouquiño, publicando esta nova, á sensibilización sobre o tema.

martes, 22 de noviembre de 2011

El Quijote interactivo

La Biblioteca Nacional pone a disposición de todos los internautas una edición interactiva de "El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha" que se puede leer en el Quijote interactivo.

El Quijote interactivo es un proyecto que permite disfrutar del Quijote como si tuviéramos la primera edición del libro de Cervantes en nuestras manos, ya que se han digitalizado a muy alta calidad los ejemplares que conserva la BNE de la primera edición del Quijote: la de Madrid de 1605 y la de Madrid de 1615.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Reportaxe sobre Manuel Blanco Romasanta

O equipo do programa Reporteiros da TVG desvela algúns datos descoñecidos sobre Manuel Blanco Romasanta, natural de Regueiro, en Esgos.

Romasanta, tamén nomeado o Home do Unto, o Lobishome, o Sacamanteigas, etc., para a maioría de investigadores ben podería ser o primeiro asasino en serie da historia.

A partir do minuto 28 deste vídeo podedes ver a reportaxe emitida o sábado 12 de novembro.

viernes, 18 de noviembre de 2011

Recuperación do patrimonio

Na biblioteca puxemos en marcha un proxecto de recopilación de cantigas, contos, lendas, etc de tradición oral. O que pretendemos é recoller por escrito a maior cantidade posible destas cantigas para que non se perdan, e tamén, aproveitamos para recopilar fotografías antigas.

Se vostede sabe cantigas ou ten fotos antigas non dubide en poñerse en contacto con nós, polas tardes na biblioteca (María) ou polas mañás nas oficinas do concello (Angeles).

Este proxecto non se pode levar a cabo sen a colaboración dos veciños, polo que solicitamos a súa axuda.

jueves, 17 de noviembre de 2011

Campaña de recollida de xoguetes

Con motivo da proximidade das festas do Nadal, estamos recollendo no concello xoguetes que as familias xa non utilizan para distribuilos posteriormente entre aqueles nenos e nenas que teñen dificultades para poder acceder a eles.

Non o dubides, se contas con xoguetes que xa non utilices trainos o Concello ou chama o teléfono 988290000 (Silvia ou Angeles) nós pasaremos a recollelos. Pensa que outros nenos e nenas poderán beneficiarse deses xogos.

Gracias pola vosa colaboración.

martes, 15 de noviembre de 2011

"Reduce. Ti tes a chave" trae premio... un portátil

SOGAMA, empresa pública autonómica de xestión ambiental ao servizo da Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña "Reduce. Ti tes a chave", co obxectivo de promover a activa participación da poboación na execución do principio que debe rexer a xestión sostible dos residuos urbanos, isto é, as tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe).

A campaña conta cunha sección na páxina web específica www.reducetitesachave.com denominada "Achéganos as túas ideas", dende onde os interesados en participar poderán dar a coñecer as súas propostas.

  • Prazo: dende o 12 de novembro de 2011 ata o 16 de xaneiro de 2012.
  • Premio: un portátil, que se sorteará entre os autores das dez ideas que reciban maior número de votos por parte dos internautas.
  • Maiores de 12 anos con domicilio en Galicia.
  • Participación gratuita.

As bases do concurso poden consultarse eiquí

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Manualidades de Samaín

Para o venres pasado organizamos na biblioteca unha tarde de manualidades con motivo do Samaín.

Máis de vinte nenos/as de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos decoraron a súa propia cabaza e colorearon imans para a neveira con bruxas, cabazas, morcegos...

Rematamos a tarde con maquillaxe e merendando chocolate.

lunes, 24 de octubre de 2011

Magosto 2011



O magosto 2011 do concello de Esgos celebrarase o vindeiro domingo 6 de novembro.

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".

As entradas poderán comprarse nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa.
  • Día: Domingo, 6 de novembro
  • Hora: 13.00 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

jueves, 20 de octubre de 2011

Manualidades do Samaín

O venres 28 de outubro ás 18.00 horas teremos na biblioteca un taller de manualidades dirixido a nenos, baixo o tema "O SAMAIN".

Entre outras cousas, decoraremos pequenas cabazas.

lunes, 17 de octubre de 2011

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Martes 25 de outubro
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

jueves, 29 de septiembre de 2011

Escola de gaita

O vindeiro 1 de outubro comezará un novo curso de gaita, percusión e pandereta da Escola de Gaita do Concello de Esgos. Estas clases son gratuitas e impartiranse no local social de O Pinto os sábados a partir das 15.30 horas.

Para inscripcións e máis información chamar ó 988290000 (Angeles) ou falar cos profesores (Bea ou Manolito)

martes, 20 de septiembre de 2011

Charlas sobre seguridade

O Ministerio do Interior puxo en marcha o “Plan Maior Seguridade”, dirixido á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores.

Funcionarios da Guardia Civil impartirán varias charlas informativas, nas que ofrecerán consellos para evitar ser víctimas de feitos delictivos como:



  • Roubos nos seus domicilios
  • Roubos no entorno de bancos e caixas de aforros
  • Tiróns de bolsos
  • Estafas telefónicas, timos, etc.
  • Uso fraudulento das suas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro.
  • Maltrato nas diferentes formas.
Estas charlas impartiránse en:
  • Local social de Pardeconde, o 27 de setembro ás 18:30 horas.
  • Local social de Esgos, o 29 de setembro ás 18:30 horas.
  • Local social de O Pinto, o 4 de outubro ás 18:30 horas.
  • Local social de Lobaces, o 6 de outubro ás 18:30 horas.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Curso de complementos e bisuteria

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de complementos e bisutería que se impartirá os sábados de 17:00 a 19:30 horas no local social de Esgos.

Comezará o sábado 24 de setembro e rematará o sábado 26 de novembro.

Si estás interesada, xa sabes, participa.

lunes, 12 de septiembre de 2011

Foto do campemento no Invernadeiro

No campamento "en tren ao invernadeiro" participaron 19 rapaces e rapazas do concello, acompañados por 4 monitores.

Comezamos cunha visita ó museo de Moncho Borrajo na estación de Baños de Molgas.

Dende Baños de Molgas viaxamos en tren ata Campobecerros (Castrelo do Val) onde nos aloxamos no albergue.


O día transcurriu entre paseos e xogos ata a hora da cea.


Ó día seguinte visitamos o parque do Invernadeiro.

Máis fotos no Facebook do concello.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Novo horario da biblioteca

A biblioteca-telecentro volverá a abrir polas tardes a partir do luns 12, coincidindo coa volta ó cole, de 17.30 a 20.30 horas.

Esperamos veros a todos!!!

jueves, 1 de septiembre de 2011

As festas de Esgos nos xornais e na televisión

As festas de Esgos estiveron moi presentes nos medios de comunicación.

A "guerra do pastel":
Nas noticias publicadas sobre a "guerra do pastel" faise referencia a unha orixe desta festa que non é correcta. A "guerra do pastel" fíxose por primeira vez no ano 1999 e foi idea de Manuel Jesus Formoso (Gari).

O aniversario do grupo "LA OCA":

O grupo "La oca" quixo celebrar os seus 20 anos nas festas de Esgos tocando unha canción propia coa banda de gaitas do concello. O programa "A revista" da TVG estivo nos ensaios (minuto 54). Tamén se fixeron eco desta nova en Telemiño.

viernes, 26 de agosto de 2011

En tren ao parque do Invernadeiro

O vindeiro venres 9 e sábado 10 de setembro temos preparada unha actividade, “EN TREN AO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO” destinada a nenos de entre 7 e 12 anos.

A actividade comezará o venres 9 ás 14:00 horas e rematará o sábado 10 ás 17:00 horas da tarde e ten un custe de 10 euros por persoa.

Programación:

Venres 9 de setembro:

· Ás 14:00 horas: todos os participantes deberán estar na estación de tren de Baños de Molgas (deberán vir xa comidos). Visita á estación e ó museo de Moncho Borrajo.

· 15:30: Saída do tren.

· 16:30: Chegada á Campobecerros.

· 17:00: Visita á aldea de Campobecerros e paseo pola Vía da Prata.

· 21:00: Cea e aloxamento no albergue de Campobecerros

Sábado 10 de setembro:

· 9:00: almorzo

· 9:30: saída camiñando ó parque do Invernadeiro pola Vía da Prata.

· 10:30: Visita ó parque do Invernadeiro

· 11:30: Visita en autobús á zona de cría de animais (corzos, ciervos, etc).

· 13:00: Comida campestre e retorno en autobús

· 17:00: Chegada a Esgos (parada de autobuses).

Deberán levar:

· Roupa e calzado deportivo cómodo, gorra e algunha prenda de abrigo

· Utiles de aseo e toalla

O pai/nai deberá firmar unha autorización que poderá recoller no concello para os nenos poidan participar e entregala no concello antes do 5 de setembro.

martes, 23 de agosto de 2011

Programa das festas de Esgos 2011

FESTAS DE ESGOS

  • O DÍA XOVES 25
20:00h. Pregón a cargo de RUBÉN RIÓS
20:30h. FESTA DO EMIGRANTE E VI FESTA DO ARROZ CON LEITE
22:30h. Actuación dun GRUPO MUSICAL
23:30h. Conxuro da queimada a cargo do Pocimeiro XACOBO
ÁS 24:00h. FESTA TEMÁTICA DOS 80 (prégase vir vestido acorde ca época)
  • O DÍA VENRES 26
12:00h. Misa solemne na honra de San Victores coa actuación da coral CAMERATA OURIENSE
18:00h. Actividades infantil a cardo de XOGO AVENTURA
24:00h. Concerto dos grupos CINCO BAJO 0-RENEGADOS- R KER

  • O DÍA SABADO 27
10:00h. Pasa rúas a cargo da BANDA DE GAITAS DE ESGOS
11:00h. Concurso de debuxo infantil e xuvenil
12:00h. Yinkana
17:30h. Campionato de natación
19:30h. Campionato de Pin pon (1º fase)
20:00h. Campionato de Futbolín (1º fase)
00:30h. Verbena coa orquesta MASTER

  • O DÍA DOMINGO 28
12:00h. Misa solemne coa Banda de Gaitas de Esgos
17:30h. Campionato de Pin pon (Fase Final)
19:00h. Campionato de Futbolín (Fase Final)
20:00h. actuación dun paiaso e globo flexia
21:30h. Festas e vervena coa orquesta LA BAMBOLA

  • O DÍA LUNS 29
10:00 Pasarúas a cargo da Banda de Gaitas de Esgos
20:00h. guerra do pastel coa colaboración de confiteria de milhojas
21:00h. festa e verbena coa Orquesta LA OCA
Celebración do 20 aniversario da oca en Esgos coa colaboración do humorista DAVID A AMOR (el club del chiste)
03:00h. chocolate e bica agasallo da comisión de festas

viernes, 5 de agosto de 2011

Un día de "Lecer no verán"

O concello de Esgos adicou o xoves 4 de agosto ós nenos.

35 nenos participaron na actividade "Lecer no verán" que comezou ás 11 da mañá con xogos e manualidades na praza da Souteira, para continuar despois cunha pequena excursión ata Tarreirigo onde comemos. Pola tarde os xogos continuaron nas piscinas municipais ata case as 7 da tarde.

Hai que repetir!!!!






jueves, 28 de julio de 2011

Manualidades de reciclaxe

Nos últimos días fixemos na biblioteca pulseras con material reciclado.

Nos vindeiros días teremos que facer outra actividade semellante, porque ás nenas gustoulles moito.

jueves, 21 de julio de 2011

XII Feira Agro Ambiental - O Pinto

O sábado 6 de agosto celebraremos a XIII edición da feira agro ambiental en O Pinto.

Nesta feira tamén haberá, como ven sendo costume unha degustación de callos.

Teatro



A compañía Danthea Teatro presentará no concello dúas obras de teatro dentro do programa "Camiños de cultura" da Xunta de Galicia.




Monicreques. As aventuras de Polichinela e a galiña negra
  • Data: venres, 5 de agosto
  • Hora: 21:00 h.
  • Lugar: Local social de Vilar.
Monicreques. Polichinela Titor de Pierrot
  • Data: sábado, 20 de agosto
  • Hora: 20:30 h.
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos

martes, 12 de julio de 2011

Sardiñada e andaina a cargo da comisión de festas

A comisión de festas Esgos 2011 organiza este ano como novidade, unha sardiñada popular e unha andaina nocturna.

Sardiñada
  • Venres, 29 de xullo ás 21.00 horas.
  • Menú: Empanada, sardiñas, chourizos, bica, viño, bebidas e licores
  • Precio: 12 euros. Nenos gratis ata os 10 anos.
  • Entradas á venda en: Bar San Xoán, Bar O Lugar, Bar Agarimo, Peluquería Lua Chea, oficinas do concello de Esgos e membros da comisión de festas.
  • Data límite para comprar as entradas: 27 de xullo.


Andaina nocturna de Esgos
  • Sábado, 30 de julio ás 20:30 horas.
  • 9 km, pola ruta "Camiño Real"
  • Inscripción: 6 euros (1 euros irá destinado á Asociación Española contra o Cancro). Número de conta: 2080 0300 82 0040004887 (nome, apelidos e teléfono)
  • Recollida de dorsais en: COOLSPORT (Santo Domingo - Galerías Viacambre), Confitería Milhojas (Progreso, 36), TURINISPORT (Avda. Habana, 34) ou nas oficinas do concello de Esgos.

lunes, 11 de julio de 2011

Lecer no verán



  • Data: XOVES 4 DE AGOSTO
  • Dirixido a: Nenos de 6 a 12 anos.
  • Programación:
11:30 – 13:00: xogos e manualidades na praza da Souteira (Esgos)
13:00: paseo (Esgos – Tarreirigo por camiño entre carballeiras) e xantar en Tarreirigo
15:30: paseo (Tarreirigo – piscina municipal por camiños) e xogos na piscina
18:30: finalización da actividade
  • Equipamento básico para os nenos:
Roupa e calzado cómodo
Viseira
Xantar (bocadillo / froita / bebida)
Protección solar
Traxe de baño, toalla e chanclas (para que non vaian cargados, poden deixar esto na praza da Souteira e entregaráselle na piscina)

Os pais deberán firmar unha autorización para que os nenos poidan asistir a esta actividade (O modelo poden recollelo na biblioteca, na piscina ou solicitalo por correo electrónico a esgos@rbgalicia.org)

Lecer no verán é unha actividade da Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo na que colabora o Concello de Esgos.

miércoles, 6 de julio de 2011

Doazón de sangue



O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.


  • Data: Xoves, 14 de xullo

  • Horario: De 12:30 a 14:00 horas

  • Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

Máis información no teléfono 900 100 828, na web http://ctg.sergas.es/ ou no mail doadoressangue.ctg@sergas.es

jueves, 30 de junio de 2011

Ourense lúdico



Un ano máis comeza unha nova edición do programa "OURENSE LÚDICO" no noso concello.

Este programa, destinado a nenos de 3 a 14 anos busca lograr na infancia metas e obxectivos de carácter educativo e cultural por medio de: xogos tradicionais, obradoiros variados, pintura, reciclaxe, globoflexia, etc.

Os nenos poderán disfrutar das actividades do "Ourense lúdico" os luns de 11 a 13 horas.
  • 4, 11 e 18 de xullo e 1 de agosto na praza da Souteira en Esgos
  • 8, 22 e 29 de agosto e 5 de setembro no local social de Vilar

miércoles, 22 de junio de 2011

Remate dos cursos das mulleres rurais


Os cursos que se estaban a impartir dende a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" rematan este mes:

Arte floral e tai-chi remataron a semana pasada e o aerobic que se están impartindo en Vilar, rematará a semana próxima.



Boas vacacións a todas!!!

lunes, 20 de junio de 2011

Esgos na TVG

A pasada fin de semana Esgos estivo presente en dous programas da TVG:

O sábado, no programa Citius, Altius, Fortius da TVG2 emitiuse unha reportaxe sobre a carreira de montaña "Subida Rocas - O Eirado" celebrada en Esgos o pasado domingo 12 de xuño.

A reportaxe pode verse neste video.




O domingo, no programa Actualizad@s da TVG adicado a "Camposantos moi vivos", puidemos ver imaxes concello de Esgos.
  • Lugares: San Pedro de Rocas e A Cernada
  • Veciños: Toño (Rocas), José Gallego (A Cernada), Remedios (A Cernada)
O programa completo pode verse na web da TVG ou directamente eiquí (Esgos a partir do minuto 55)

domingo, 19 de junio de 2011

martes, 14 de junio de 2011

Rallye e ciclismo nunha fin de semana

Esta fin de semana será moi deportiva no concello de Esgos:


  • Sábado 18 de xuño:
O rallye de Ourense volta un ano máis o noso concello co tramo coñecido como "San Pedro de Rocas". A primeira pasada terá lugar ás 9:27 horas e a segunda ás 12:26 horas.

Máis información do rallye en http://www.rallyeourense.es/




  • Domingo 19 de xuño:
A carreira ciclista “III Campeonato da Península Ibérica” tamén pasará polo noso concello.

Os ciclistas tomarán a salida a las 10.30 dende a Rúa do Paseo de Ourense para dirixirse a Os Peares, A Rasa, Loureiro, Luintra, Loña do Monte, Esgos, Alto do Couso, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Alto de Taboadela, Cumial, Rairo, Ceboliño e voltar a Ourense-Calle Curros Enríquez sobre as 13.15 horas.

lunes, 13 de junio de 2011

lunes, 23 de mayo de 2011

Entrega de diplomas do taller de memoria

O pasado xoves rematou o "Taller de memoria" que se ven impartindo no concello con moito éxito dende fai varios anos.

Silvia (traballadora social), Pedro (psicólogo encargado do taller) e Camilo (concelleiro) foron os encargados de entregar os diplomas ós asistentes a este taller.


Aproveitouse tamén este acto para mostrar fotos dos alumnos nos distintos talleres.

miércoles, 11 de mayo de 2011

V Andaina e carreira do concello de Esgos


O domingo 12 de xuño terá lugar a "V Andaina de Esgos" e "V Carreira de montaña subida Rocas - O Eirado".
  • O recorrido da carreira (campionato galego de montaña) é o mesmo de anos anteriores (14 km aprox.)
  • A andaina (20 km aprox.) deste ano varía o seu recorrido para visitar por primeira vez os pobos de Tarreirigo, Vilar, Lobaces, Gomariz e a Cernada.
Máis información en www.concelloesgos.com

martes, 10 de mayo de 2011

Letras galegas 2011

O 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" este ano adicado a Lois Pereiro.

En www.diadasletrasgalegas.com podedes ler toda a información sobre a vida e obra deste poeta.

Na biblioteca contamos con dous libros deste autor:
  • Poemas 1981/1991
  • Obra completa [Edición bilingüe]

miércoles, 4 de mayo de 2011

Obradoiro "Sacando as redes da pantalla"

O pasado venres 12 mozos e mozas do concello de entre 14 e 17 anos participaron no obradoiro “Sacando as redes da pantalla” do 'Quérote', que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas redes sociais.

Os participantes simularon sen ordenadores o funcionamento do Tuenti, rede social que usan habitualmente, para que así se parasen a pensar nos usos que fan destas redes (a quen aceptamos como amigo, que información publicamos no muro, que fotos publicamos, que implicacións pode ter compartir certa información ou certas fotos, a que grupos nos unimos, etc.)

Tamén se aproveitou a ocasión para informalos dos servizos que ofrece "Quérote" para a xuventude.

lunes, 11 de abril de 2011

Dia do libro

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e para celebralo entre o 18 e o 20 de abril regalaremos un libro a todos os que acudan á biblioteca.

Coincidindo coas vacacións de Semana Santa o martes día 19, realizaremos tamén un taller de manualidades na biblioteca, no que os nenos poderán crear o seu propio marcapáxinas cos seus debuxos favoritos.

jueves, 7 de abril de 2011

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL volve a visitar o concello, para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: luns 25 de abril
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

lunes, 4 de abril de 2011

"Sacando as redes da pantalla"

“Sacando as redes da pantalla” é un obradoiro do 'Quérote Máis' dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 16 anos, que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas novas tecnoloxías.

A percepción dos adolescentes é de que hai un baixo risco no uso das novas tecnoloxías, o que fai non se paren moito a pensar nos usos que fan das redes sociais (Facebook, tuenti...), nas implicacións que pode ter compartir certa información, no acceso á información pouco axeitada ou de fontes pouco fiables que non saben como manexar...

Neste obradoiro, os participantes emularán o funcionamento das redes sociais de internet que eles empregan habitualmente. Deste xeito analizarase a maneira que teñen de establecer relacións nas redes sacándoas do seu contexto virtual e traéndoas ao real.

  • Lugar: Biblioteca Munipal de Esgos
  • Data: venres 29 de abril
  • Hora: 18.00 horas

Para que o obradoiro se poda levar a cabo necesitamos un mínimo de participantes, así que todos os que queiran participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

lunes, 28 de marzo de 2011

Aerobic

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de aerobic que se impartirá os martes e xoves de 21 a 22 horas no local social de Vilar.

Comezará o martes 5 de abril e rematará o xoves 30 de xuño.

Si estás interesada, acode.

Curso de arte floral

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de arte floral que se impartirá os sábados no local social de Esgos.

Comezará o sábado 2 de abril e rematará o 4 de xuño.

Horario: Sábados de 16.30 a 18:30 horas

martes, 22 de marzo de 2011

Acción de Verán 2011

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, dirixido a todos aqueles mozos e mozas de entre 9 e 35 anos que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado.
  • Dos 9 aos 17 anos: Campamentos en toda a comunidade.
  • Dos 18 aos 35 anos: Aventura e deporte, multiaventura, rutas de kaiak, ruta embarcacións tradicionais, navegación en barco pesqueiro e fins de semana nas illas Cíes.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido 2011

O domingo de entroido comezou co percorrido dos felos polos pobos do concello. Ás cinco da tarde, a cita era na praza da Souteira para ver o desfile e o concurso.

Os premiados este ano foron:
  • "Os picapiedra"


  • "A ambulancia"
  • "A Torre Gala"

  • "A Voda"


  • "Blacanieves y los 7 enenitos"


  • "Os canívales"


Pódense ver fotos do entroido na galería fotográfica da web do concello e no facebook.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Dia da muller

O martes 8 de marzo celébrase o "Dia da Muller" baixo o lema "Vivir a diferenza garantir a igualdade"

As mulleres, e tamén os homes poden atopar na web
http://igualdade.xunta.es/ todo tipo de información de interese sobre a situación das mulleres, tanto en Galicia como no resto do mundo, sobre as actuacións, axudas e programas que leva a cabo a área de Igualdade da Xunta de Galicia e outros organismos públicos e privados.




Para festexar este día, a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" está a organizar unha Xuntanza de Mulleres do Concello de Esgos no Restaurante Los Caracoles.

Anótate antes do mércores 16 de marzo chamando ó teléfono do Concello: 988 29 00 00 ( preguntar por Angeles ), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.



  • DATA: Venres 18 de marzo.
  • HORA: 10 da noite
  • LOCAL: Restaurante “Los Caracoles”
  • PREZO: Socias : 20 € Non socias : 30 € (para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2011 )
Haberá música en directo e un agasallo para tódalas asitentes