viernes, 22 de diciembre de 2017

Horario de Nadal

Dende o martes 26 de decembro ao xoves 4 de xaneiro a biblioteca estará aberta só en horario de mañá, de 11 a 14 horas

viernes, 15 de diciembre de 2017

Doazón de sangue


O mércores 20 de decembro a unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará situada ó carón do centro de saúde de Esgos entre as 12:30 e as 14:00 horas.

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.

Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos...

Desde 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto.

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.




miércoles, 13 de diciembre de 2017

Novidades de GaliciaLe

A plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas (GaliciaLe) incorpora as seguintes novidades:

  • Catálogo do Libro Electrónico Galego​​
Incorporáronse novos títulos en galego. Podedes ver unha selección no carrusel "Destacados" da páxina principal (https://catalogo.galiciale.gal/).

  • Catálogo do Libro Electrónico en Castelán
- Incorporáronse novos libros en castelán. Podedes visualizar unha selección dos mesmos nos carruseis de "Novidades", "Recomendados" e "Infantil e xuvenil" da páxina de inicio (http://galicia.ebiblio.es/opac/​)

- Dende hai uns días están dispoñibles 31 revistas ás que se pode acceder dende o menú da esquerda (para as materias), na categoría "Revistas" que ofrece unha listaxe de todas elas ou directamente en http://galicia.ebiblio.es/opac/#resultados. Algunhas das revistas son: National Geographic, CocinaDiez, Muy interesante, Saber Vivir, El Jueves, Semana, Autofácil, Emprendedores, Viajar, El mueble...

- Tamén se incorporaron clásicos da literatura española editados pola Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e unha pequena escolma de títulos noutras linguas.

viernes, 8 de diciembre de 2017

Programa de actividades do Nadal



II TORNEO DE NADAL DE XADREZ “PARADA JUSTEL”
Centro cultural Parada Justel
Sábado 16 de decembro ás 17:30h

CONCERTO DE NADAL DA ESCOLA E BANDA DE GAITAS DO CONCELLO 
Actuación da banda e a escola de gaitas no centro Cultural Parada Justel.
Domingo 17 de decembro ás 18:00h

CONCERTO DE "OS DO FUELLE"
Centro Residencial Tercera Edad Esgos.
Martes 19 de decembro ás 19:00h

CONCERTO DE NADAL
Actuación de “TRIO AURIA” na igrexa de Esgos
Domingo 24 de decembro ás 13:00h

PAZOLANDIA
Imprescindible anotarse no concello antes do 23 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados
Martes 27 de decembro

XVIII CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS
Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 29 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data. Todos os participantes terán un agasallo.

VISITA DOS REIS MAGOS
Os Reis Magos entregarán os premios do XVIII Concurso de Postais no Centro Cultural Parada Justel.
Venres 5 de xaneiro ás 11:30h

jueves, 7 de diciembre de 2017

EsquiOU 2018

O programa ESQUIOU da Deputación de Ourense ofrece un completo programa de actividades na Estación de Montaña Manzaneda.

  • Este programa inclúe: aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias
  • Destinatarios: nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro 2006 e o 31 de decembro de 2009 na provincia de Ourense.

Toda a información pode consultarse en: http://www.depourense.es/images/institucional/esquiOU/ESQUIOU_2018.pdf

Formulario de solicitude:
http://www.depourense.es/images/institucional/esquiOU/FORMULARIO_ESQUIOU.pdf


martes, 5 de diciembre de 2017

II Torneo Nadal Parada Justel de xadrez


Data: sábado 16 de decembro
Horario: A partir das 17:00 horas

Inscricións: Ata o 14 de decembro no correo electrónico benchoshey@hotmail.com ou no teléfono 657645380 indicando nome completo, clube e categoría.

lunes, 4 de diciembre de 2017

Ponte festiva

O 7 de decembro a biblioteca estará pechada.
Pasádeo ben nesta ponte festiva!!! Agardámosvos o luns!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Cine e andaina polo Dia Internacional contra a violencia de xénero


A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “OS PICOTIÑOS”  en colaboración co Concello de Esgos, polo día Internacional contra a Violencia de Xénero, convida a todos os veciños e veciñas a participar o sábado 25 de novembro nas seguintes actividades:


  • CINE: Proxección dunha película sobre a violencia de xénero ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel
  • ANDAINA: Paseo polo camiño real dende Esgos a Rocas e volta a Esgos (6 km aprox). Saída puntual ás 16:00 horas do Concello. 


Estas actividades gratuitas e abertas a homes e mulleres do concello.
Non hai prazo de inscrición, simplemente a vosa presencia ese día.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Reciclaxe de aceite vexetal

 
"Recicla e aceitarás" é o lema da campaña de recollida de aceite vexetal domiciliario da Deputación de Ourense.

Instalouse un contedor nas inmediacións do centro de saúde de Esgos.

Para tirar o aceite no contedor hai que metelo previamente en botellas de  plástico cerradas de ata 2 litros, que logo se depositan dentro.

lunes, 30 de octubre de 2017

viernes, 20 de octubre de 2017

Samaín



O martes 31 de outubro celebraremos o samaín en Esgos. Cos nenos e nenas disfrazados visitaremos aos maiores da residencia e as distintas casas dos veciños que colaboran.
O punto de saída será a praza da Souteira ás 18:00 horas.
Para participar é imprescindible inscribirse no concello ou na biblioteca antes do venres 27.

jueves, 19 de octubre de 2017

Magosto do concello

O domingo 5 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas.

Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos, castañas e bica. E actuará a charanga Os Caliqueños
Para poder asistir deberán retirarse as entradas nos bares e tendas, nas asociacións de veciños e nas oficinas do Concello a un prezo de 7 euros.

miércoles, 18 de octubre de 2017

Dia de la biblioteca

El Observatorio de la Lectura y el Libro para celebrar el dia de la biblioteca lanza en las redes sociales la campaña 'Estoy en la Biblio', puede seguirse en Twitter e Instagram con el hashtag #EstoyenlaBiblio.

Se trata de enviar mensajes a la cuenta en Twitter o Instagram (@observalibro) con la etiqueta #EstoyenlaBiblio con fotografías de la biblioteca. Las imágenes pueden ser en el exterior o dentro del edificio, observando las estanterías, tomando en préstamo algún libro u otro material, compartiendo alguna lectura en una biblioteca escolar, en alguna actividad chula, consultando la web de la biblioteca o los fondos de una biblioteca digital…
Además de la foto hay que indicar el nombre y la localidad de la biblioteca.

Entre todas las fotos recibidas, el Observatorio elegirá las 10 que más le gusten y entre ellas se hará un sorteo del que saldrán los 3 ganadores, que se llevarán un lote de libros cada uno.

La campaña estará activa desde el 17 de octubre hasta el día 24, Día de la Biblioteca.

Todos los detalles de la campaña y las bases en el siguiente enlace:
http://www.mecd.gob.es/cultura/areas/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2017/octubre/observatorio/Lanzamiento-EstoyenlaBiblio.html

martes, 10 de octubre de 2017

lunes, 2 de octubre de 2017

Contacontos "Filipa cos contos"


"Filipa cos contos" de Fran Campos é a animación que vos propoñemos para o luns 9 de outubro ás 18:30 horas na biblioteca, dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito"

jueves, 28 de septiembre de 2017

Curso de gaita e percusión

O vindeiro sábado 7 de outubro comeza o novo curso 2017/2018 de gaita e percusión.

As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas en Esgos.

Máis información e novas inscricións no Concello ou Biblioteca.

martes, 12 de septiembre de 2017

Xuventur 2017

Que é Xuventur?
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o
coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.

Quen pode participar?
Mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia.

Obxectivos do programa
• Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación
non formal.
• Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía
e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o
seu respecto.
• Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo
rural de Galicia.
• Promover a educación ambiental e o ocio saudable.

Custe do programa
O programa é gratuíto

Prazo de inscrición
O prazo de inscrición comezará o día 12 de setembro ás 9:00 horas.
O horario de atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h.
Os teléfonos onde podes realizar as reservas son: 881 999 025 e 981 545 293

Adxudicación das prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada das chamadas e asinaranse ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

Toda a información pode consultarse en http://xuventude.xunta.es/images/Novas/Setembro2017/Folleto_Xuventur_2017.pdf

lunes, 11 de septiembre de 2017

Novo horario da biblioteca

A partir de hoxe a biblioteca volta ao horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas.

Agardámosvos a todos!

miércoles, 6 de septiembre de 2017

Peche da piscina municipal

O domingo 10 de setembro será o último día de apertura das piscinas municipais e o luns 11 a biblioteca volverá a estar aberta en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas.

miércoles, 30 de agosto de 2017

Campaña de compostaxe doméstico

Nova campaña de COMPOSTAXE DOMÉSTICO


REQUISITOS:
Non ter participado en campañas anteriores.
Ter a primeira residencia no concello de Esgos
Dispor dun espazo mínimo de 50 a 200m2
Asistir a unha xornada de formación.

INSCRICIÓN: nas oficinas municipais antes do 4 de setembro

AOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA CEDERÁSELLES GRATUITAMENTE UN COMPOSTEIRO


lunes, 28 de agosto de 2017

miércoles, 23 de agosto de 2017

Campeonato Provincial Ajedrez Activo Copa Diputación Esgos 2017


El sábado 26 de agosto a las 17:00 horas se celebrará en Esgos el Campeonato Provincial Ajedrez Activo - Copa Diputación.

Inscripciones en el correo electrónico benchoshey@hotmail.com o en el whatsapp 657645380 antes del 25 de agosto a las 20:00 horas.

viernes, 18 de agosto de 2017

Ludoteca Móbil 2017

Teatro, inchables, festa da escuma e moito máis na Ludoteca Móbil da Deputación de Ourense, o xoves 24 de agosto a partir das 10:30 na zona das piscinas municipais de Esgos.

lunes, 7 de agosto de 2017

Campaña de reciclaxe televisada

Hoxe os nenos e nenas do campamento asistiron con moito interés a unha clase de reciclaxe da man de Sogama e a sua campaña "Separemos ben. Reciclaremos millor". Pero ademais, tamén recibiron a visita de Telemiño para un programa sobre campamentos de verán.



lunes, 31 de julio de 2017

Campamento da Ourensanía

Campamento da Ourensanía no Complexo do Corgo en Concello de Muíños con Sustinea.
1ª quenda: do 1ao 7 de agosto ( nenos/as do ano: 2002-03-04-05)
2ª quenda: do 8 de agosto ó 14 de agosto ( nenos/as do ano: 2006-07-08)




Toda a información pode consultarse en: http://www.depourense.es/images/Eventos/campamento/Bases-Campamento-2017.pdf

miércoles, 19 de julio de 2017

XIX Feira Agroambiental de O Pinto


O sábado 5 de agosto celebrarase a XIX edición da Feira Agro Ambiental de O Pinto.
Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.

martes, 18 de julio de 2017

Doar sangue

O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.

Data: Xoves, 27 de xullo
Horario: De 10:30 a 12:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

lunes, 26 de junio de 2017

Admitidos no campamento de verán

Todas as solicitudes para o campamento de verán 2017 foron aceptadas nas quincenas solicitadas.


  • Prazas vacantes:
Quedan algunhas prazas libres nas quincenas do 3 ao 14 xullo, do 17 ao 28 de xullo e do 14 ao 25 de agosto, que poderán ser solicitadas polos nenos/as que o desexen. (Darase prioridade aos nenos/as empadroados neste concello).

  • Pagamento:
Entre o 27 e o 30 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal. Deberán retirar na biblioteca a carta de pago cos datos do neno/a e o importe a pagar que deberán entregar xunto co xustificante de pagamento nas oficinas municipais
Será motivo de exclusión non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados. Non se devolverá o importe pagado en ningún caso.

jueves, 22 de junio de 2017

Horario de verán

Cambiamos o horario de biblioteca ao horario de verán, a partir do luns, teremos aberto de 11 a 14 horas.
Agardámosvos!!

viernes, 16 de junio de 2017

Apertura das piscinas


As piscinas municipais abrirán o sábado 17 de xuño en horario de 12:00 h a 21:00 h. Os bonos, coma sempre, pódense retirar nas oficinas municipais.

martes, 13 de junio de 2017

Campamento de verán 2017


DESTINATARIOS
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2005 e o 2013 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán.

MODALIDADES 
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello.

HORARIO 
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h

DATAS: 
- Quincena do 3 ao 14 de xullo
- Quincena do 17 ao 28 de xullo
- Quincena do 31 de xullo ao 11 de agosto
- Quincena do 14 ao 25 de agosto
Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas. Os empadroados poderán elixir 3 quincenas e os non empadroados 2 quincenas. Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.

PRAZO DE SOLICITUDE
Entre o 14 e o 23 de xuño de 2017
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

PREZOS
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos:  10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por quincena. Desconto do 20% para familias numerosas.

PAGAMENTO
Entre o 27 e o 30 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados.



lunes, 15 de mayo de 2017

XI subida Rocas - O Eirado

O domingo 11 de xuño temos unha cita en Esgos co deporte: podes apuntarte a andaina de 20 km ou á carreira de 13 km.





Toda a información pode consultarse en www.subidarocasoeirado.com


viernes, 12 de mayo de 2017

Dia das letras galegas

O Dia das Letras Galegas adícase este año ao ourensán Carlos Casares.

Para celebralo poderemos asistir ao contacontos "Filipa cos contos", pero deixarémolo para o 9 de outubro, por motivos de axenda.

Na biblioteca podedes atopar estes libros de Carlos Casares:

  • A vida de Anxel Fole
  • Hemingway en Galicia
  • Os escuros soños de Clio
  • Buciños


viernes, 5 de mayo de 2017

Excursión a Puebla de Sanabria

O sábado 27 de maio iremos de excursión a Puebla de Sanabria. Visitaremos o manantial de Cabreiroá (Verín), o lago de Sanabria e Puebla de Sanabria.
A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os veciños empadroados neste Concello.
Os prezos, que inclúen transporte, comida e visitas son: 20€ para as persoas empadroadas e 25 € para os non empadroados.

jueves, 27 de abril de 2017

Xa están listos os "marcalibros"

Para celebrar o dia do libro este ano, pensamos que sería boa idea facer algo para manter a orde na biblioteca. Así que ocurriusenos facer con cartón pluma uns "marcalibros".

A idea consiste en que cando collamos un libro para leelo o velo na biblioteca, deixemos no seu lugar o "marcalibros" e así xa sabemos onde temos que volver a colocalo.

Eiquí podedes ver algunhos dos "marcalibros" que estivemos coloreando:



E como os usamos nas estanterías:




miércoles, 19 de abril de 2017

Marcalibros para celebrar o dia do libro


O luns 24 de abril celebraremos o dia do libro facendo unha manualidade baixo o lema “na biblioteca un libro descolocado é un libro perdido”.

Todos os libros da biblioteca están catalogados, é dicir, están rexistrados e ordenados. Cando se fai uso deles deben colocarse no seu lugar, así que para manter a orde, imos facer os nosos propios marcalibros.
Si, si,  marcalibros, para que cada vez que collamos un libro da estantería saibamos onde o temos que volver a colocar.

IMPORTANTE: Para participar nesta actividade é impresincible inscribirse na biblioteca antes do venres 21 de abril.



lunes, 17 de abril de 2017

Campaña de verán



Xa está en marcha a "Campaña de Verán" da Xunta de Galicia dirixida a nenos/as e mozos/as a través de: campamentos para menores de 18 anos, actividades para maiores de 18 anos, campamentos noutras comunidades autónomas, campos de traballo...

Toda a información está dispoñible en: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

jueves, 6 de abril de 2017

Carpa informativa sobre a reciclaxe


A campaña "Oportunidades para reciclar" de Sogama instalará en Esgos unha carpa informativa sobre a reciclaxe.

  • Data: luns 17 de abril
  • Lugar: Praza da Souteira 
  • Horario: 10:30 – 13:30 h 

Esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

lunes, 3 de abril de 2017

Contos sobre os alimentos


Hoxe celebramos o dia Internacional  do libro infantil e xuvenil na biblioteca de Esgos da man de Galeteatro cos contos "Comechíns, segundo prato". A pesar das altas temperaturas, casi 30 nenos e nenas se achegaron á biblioteca.
Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito

jueves, 30 de marzo de 2017

Cea de mulleres


A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día da Muller.
  • DATA: sábado 22 de abril
  • HORA: Ás  21:30 horas.
  • LOCAL: Restaurante Os Caracoles
  • PREZO: Socias 20 € e non socias 25 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2017)
Anótate antes do 14 de abril , chamando ó teléfono do Concello (988 29 00 00 preguntar por Angeles) ou falando con Noemí ou Chus.

martes, 28 de marzo de 2017

Concurso "Andersen Hoxe"

Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a OEPLI e as súas seccións -Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea-, co patrocinio de Educación, Cultura e Deporte convoca o concurso "Andersen hoxe"

O concurso está dirixido a lectores e lectoras que estean a cursar primaria ou o primeiro ciclo de secundaria, que deberán debuxar unha das personaxes que aparecen nos contos de Andersen, tal e como a imaxinaría Andersen se escribira o conto na actualidade.

Cada biblioteca poderá enviar só tres traballos por categoría e entregalos antes do día 2 de abril, así que os nenos e nenas que queiran participar deberán solicitar na biblioteca a plantilla na que deberán debuxar.

lunes, 27 de marzo de 2017

Contacontos: Comechíns, segundo prato.


Para celebrar o Dia Intenacional do Libro Infantil, o luns 3 de abril ás 18:30 horas poderemos desfrutar dunha tarde de contacontos na biblioteca, "Comechíns, segundo prato" mergullaranos nun mundo imaxinario no que descubriremos como a lectura pode abrir o apetito, e sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.

Este contacontos está enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

viernes, 3 de marzo de 2017

Cea do dia da muller


A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día da Muller.
  • DATA: sábado 18 de marzo
  • HORA: Ás  21:30 horas.
  • LOCAL: Restaurante Alto do Couso
  • PREZO: Socias 15 € e non socias 20 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2017)
Anótate antes do 14 de Marzo , chamando ó teléfono do Concello (988 29 00 00 preguntar por Angeles), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí ou Chus.

IMPORTANTE!!! Esta actividade mudou de data!!!

jueves, 2 de marzo de 2017

Taller de memoria

O 9 de marzo comezará unha nova edición do taller de memoria, que se impartirá no local social de O Pinto os xoves ás 18:00 horas.

Esta actividade é gratuita e está dirixida a todos os veciños e veciñas, sen límite de idade.