lunes, 14 de febrero de 2011

Programa "Noites saudables"

"Noites saudables" é un programa enfocado a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e cofinanciado pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A súa finalidade é promover o termalismo e o ocio entre a xente máis nova con estancias de fins de semana durante o mes de marzo e abril.

Inclue 2 noites de estancia (venres e sábado) en cuarto dobre, uso dobre, réxime de media pensión (cea) con 2 tratamentos específicos (un o sábado e outro o domingo)

O custe está financiado nun 50% pola Secretaría Xeral de Turismo e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, polo que dependendo do balneario o precio oscila entre os 57 e os 92 euros.

Máis información no folleto do programa

No hay comentarios: