miércoles, 22 de diciembre de 2010

Xuventur Neve 2011

O vindeiro 7 de xaneiro, dará comezo o programa XUVENTUR NEVE 2011, destinado á mocidade galega entre 18 e 35 anos, que consiste en estadías de varios días en diferentes lugares da xeografía ( Leitariegos, Candanchú e Vallnord).

Importante a ter en conta:

1º. A información colgarase en www.xuventude.net para que os/as mozos/zas poidan ver as opcións que se ofrecen e vaian planificando as súas saídas.

2º. Segundo o destino que cada persoa elixa deberá de remitir a documentación a un enderezo diferente (delegacións de Ourense, Vigo e Lugo)

3º.- O formulario de inscripción soamente será posible envialo en liña.

4º.- O prazo de inscrición comezará o día 7/01/2011, a partir das 9:00 h.(e o formulario soamente estará dispoñible na páxina web www.xuventude.net a partir desa data e hora)

Pódese consultar o díptico do programa eiquí

No hay comentarios: