viernes, 20 de junio de 2014

Bloquear invitaciones a juegos en facebook

Usuarios de facebook nos comentan en la biblioteca que le molestan las continuas invitaciones a juegos, así que os mostramos un pequeño tutorial para dejar de recibirlas:

1. Abrir facebook y en la parte izquierda veremos la zona de aplicaciones y haremos clic en "juegos"

2. Se mostrará el centro de aplicaciones y en la parte izquierda haremos clic en "Solicitudes" (marcado con un círculo rojo)

3. A continuación se mostrarán todas las solicitudes a juegos propuestas por nuestros amigos. Al lado de cada solicitud aparece un botón para jugar y otro con una X. Pulsaremos en la X para bloquear el juego y dejar de recibir invitaciones:


4. Al pulsar en la X nos da dos opciones: una para bloquear ese juego en concreto y otra para bloquear todas las invitaciones de esa persona. Elegiremos una de ellas y listo! No recibiremos más solicitudes!



jueves, 19 de junio de 2014

Horario de verán

As piscinas municipais estarán abertas a partir do día 21 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h, e como ven sendo costume, o horario da biblioteca modificarase:

A partir do luns 23 de xuño a biblioteca estará aberta de 11 a 14 horas.

miércoles, 18 de junio de 2014

Entrega de diplomas do taller de memoria

Onte pola tarde o alcalde, a traballadora social e o profesor do curso entregaron os diplomas do taller de memoria e ximnasia.


martes, 17 de junio de 2014

Campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"



A campaña “Separemos ben, reciclarmos mellor”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, chegará a Esgos este mes.

Instalarase un aula móbil dende a que diversos monitores darán a coñecer ós veciños o principio normativo dos tres erres: reducir a produción de lixo, reutilizar ao máximo os produtos ata esgotar a súa vida útil, e separar os refugallos por tipos de material para que poidan ser reciclados.
Tamén recordarán o contedor de destino de cada residuo e falarán das vantaxes, tanto ambientais como económicas, da compostaxe doméstica.

Os nenos tamén terán o seu espazo que virá a complementar e reforzar a formación dos escolares en materia de xestión de residuos urbanos.
  • Lugar: Praza da Souteira
  • Dia: 25 de xuño
  • Horario: 10:00 – 14:00 h

miércoles, 11 de junio de 2014

Conto contigo, na biblioteca

Hoxe na biblioteca puidemos desfrutar do espectáculo de contacontos "conto contigo" dentro do programa de animación á lectura Ler Conta Moito. 
Unha das condicións deste programa é que as actividades deben levarse a cabo nas instalacións da biblioteca así que tivemos que mover mesas, estanterías.... pero mereceu a pena: asistiron 20 nenos e nenas e tanto eles como os pais/nais, quedaron moi contentos.










lunes, 2 de junio de 2014

Contacontos na biblioteca


Os nenos e nenas de entre 4 e 11 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ó espectáculo de contacontos "Conto Contigo", o vindeiro mércores 11 de xuño ás 18:30 horas, enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.