miércoles, 28 de febrero de 2018

Dia da Muller

Para conmemorar o Dia da Muller queremos facer un mural na biblioteca coas vosas fotos de “mulleres traballadoras”, tanto antigas como actuais.
Esperamos xuntar fotos de moitos traballos diferentes: repartindo o correo, conducindo un autobús, mirando a tensión, impartindo clase, levantando unha parede, servindo café, vendendo roupa, facendo a comida, coidando nenos, limpando, coidando o gando, poñendo a horta, etc.

Envíanos as túas fotos ou da túa nai, irmá, amiga, noiva, etc  ao facebook do concello ou a esgostelecentro@gmail.com

jueves, 8 de febrero de 2018

ebiblio

Como xa vos comentamos noutras entradas, por ser usuarios da biblioteca tedes á vosa disposición en www.galiciale.gal/ un amplio catálogo de libros en galego e en castelán aos que podedes acceder co usuario e o contrasinal que vos facilitamos na biblioteca.



Pero agora, ademais, poderedes acceder ao catálogo de libros en castelán dende o voso teléfono ou tablet. Só tés que descargar a aplicación ebiblio e acceder co usario e o contrasinal que che facilitaremos na biblioteca.

En http://galicia.ebiblio.es/ podes ver todos os títulos dispoñibles. Máis información na biblioteca.