lunes, 23 de mayo de 2016

Emociones, inteligencia emocional y salud

Os servizos sociais do Concello de Esgos organizan unha charla moi interesante, para todos os públicos sobre as emocións, a intelixencia emocional e a saúde, que correrá a cargo da psicóloga María Isabel Torres López.

  • Data: xoves 2 de xuño
  • Horario: 18:30 horas
  • Lugar: Centro cultural Parada Justel 

lunes, 16 de mayo de 2016

Letras Galegas

Mañá celébrase o Dia das Letras Galegas e dende a biblioteca queremos recomendarvos algunhos libros de Manuel María, autor ó que se homenaxea este ano.
Nas nosas estanterías podedes encontrar: Os soños na gaiola; A tribo ten catro rios; Terra Cha; e Antoloxía Poética.

Pero, na nosa biblioteca, ademais de libros tamén temos Wifi, e como o 17 de maio tamén se celebra o Dia de Internet, animámosvos a reflexionar sobre o que supuxo e supón a chegada de internet á nosa vida cotiá.

sábado, 14 de mayo de 2016

X Subida Rocas - O Eirado

O domingo 12 de xuño celebrarase en Esgos a carreira de montaña "Subida Rocas - O Eirado" de 13 km e a X andaina popular do Concello de Esgos, cun percorrido de 20 km. 




Toda a información sobre estas probas deportivas publícase en www.subidarocasoeirado.com e en https://www.facebook.com/subidapopularRocasOEirado/

jueves, 12 de mayo de 2016

Excursión ao Cebreiro

O sábado 28 de maio iremos de excursión ao Cebreiro (Lugo).
Sairemos de Esgos ás 8:30 horas para visitar a adega Regina Viarum (Sober) e despois dirixirnos a Balboa (León) onde comeremos na Palloza de Balboa. Pola tarde visitaremos a aldea do Cebreiro.

A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os veciños/as empadroados neste concello. Prazas limitadas

Prezos: 20 €/persoa empadroada e 25 €/persona non empadroada