lunes, 30 de marzo de 2015

Fin do curso de informática

Hoxe rematamos os clases de informática para maiores que se viñan impartindo desde finais do mes de xaneiro os luns e os mércores pola tarde. E para celebralo tomamos tarta, ainda que non estabamos todos!!



As nenas que andaban enredando fóra, tampouco quixeron perder a celebración e por suposto, a tarta.


Gracias a todos por asistir a este curso, no que espero, que aprendérades moito!!

domingo, 29 de marzo de 2015

Fotos de "Os Bolechas"

Os Bolechas estiveron hoxe co seu autobús no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar "Os Bolechas van a Ourense", a nova proposta infantil da Deputacion de Ourense para dar a coñecer ás nenas e nenos da provincia a riqueza da súa terra.


Os nenos e nenas que asistiron puideron desfrutar dos videos, cantigas e demais actividades que inclúen esta campaña, e recibiron como agasallo un exemplar de "Os Bolechas van a Ourense".

Todas as fotos poden verse no facebook de Concello Esgos e tamén está dispoñile un video de Telemiño.

viernes, 27 de marzo de 2015

Os bolechas visitarán San Pedro de Rocas



Os Bolechas estarán este domingo, 29 de marzo ás 12:00 horas, no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar a nova iniciativa da Deputación de Ourense para dar a coñecer a provincia entre os máis novos.

http://www.osbolechas.com/novas.php?id=190

viernes, 20 de marzo de 2015

jueves, 19 de marzo de 2015

Tear maia na biblioteca

Onte un grupo de mulleres que participaron no curso de tecido con tear que organizou o ano pasado a asociación de mulleres "Os Picotiños", reuníronse na biblioteca para compartir coñecementos, dúbidas, etc.







Ó rematar, algunhos dos "pequenos" tamén se animou a aprender:


Gracias Lorena por compartir con nós os teus coñecementos!

miércoles, 18 de marzo de 2015

Xornada informativa sobre comprensión da factura eléctrica.



DATA E HORA: Mércores 25 de Marzo ás 18:30 horas
LUGAR: Centro Cultural Parada Justel (Esgos)
TEMAS A TRATAR:
    1.-Conceptos básicos da electricidade e seguridade
    2.-Aparatos de control (contador, icp, iga, pia, id)
    3.-Compañías eléctricas distribuidoras e comercializadoras
    4.-Asesores enerxéticos e instaladores eléctricos autorizados
    5.-Estructura, comprensión e revisión da factura eléctrica
    6.-Entender e comparar ofertas tomando boas decisións ¿precio fixo ou variable? ¿mercado libre ou mercado regulado (pvpc)? ¿que potencia e tarifa debo contratar?
    7.-Medidas de aforro sen coste económico
    8.- Preguntas

lunes, 16 de marzo de 2015

Dia da árbore


O xoves 19 de marzo pola tarde celebraremos o DIA DA ARBORE cunha merenda e unha pequeña plantación de árbores.
Ademais, durante esta semana na biblioteca recomendaremos a lectura de obras sobre as árbores.

Os nenos e nenas que queiran participar deberán comunicalo previamente na biblioteca.

viernes, 13 de marzo de 2015

Tecido con tear na biblioteca

O vindeiro mércores un grupo de mulleres que participaron no curso de tecido con tear que organizou o ano pasado a asociación de mulleres "Os Picotiños", reuniránse na biblioteca para compartir coñecementos, dúbidas, etc.

A idea surxiu dos comentarios e dúbidas que se plantexaban entre elas na biblioteca, que moitas veces se converte en centro de reunión. Así os libros e os ordenadores deixarán espazo para os teares e as las.

jueves, 12 de marzo de 2015

OurenseIccWeek no mosteiro de San Pedro de Rocas

A Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense, é un encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os días 23 e 28 de Marzo do 2015.
ICCWEEK é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Músical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos.

Entre os relatorios, charlas, entrevistas, showcasesas queremos destacar as que se celebrarán no Mosteiro de San Pedro de Rocas o mércores 25:


MAÑÁ
Videocreación. Novos formatos tecnolóxicos para a expresión artística

Óscar Testón Udaondo -  Fundador VJSPAIN
Eloy Maduell -  Paymodes Studio
Juanjo Fernández - Gnomalab
Cristina de Silva - fundador Fium
Ignacio de la Vega - fundador Fium

TARDE
O ecosistema das Novas Tecnoloxías: Apps, Video-xogos, novas tendencias

José Manuel Louro - cofundador de RLS Group & miembro DEV
Francisco Javier Rodríguez -Cofundador Ralight & miembro DEV
Oriol Rosell - desenvolvedor de Apps, (Conductr) Ableton
Gilberto Sánchez - Director Virtual Toys & miembro DEV (asociacion española desemvolvedores Videoxogos)
Sergio Ecléctico - Interaction Designer/Creative technologist Tinkerista

Toda a información pode consultarse en http://www.ourenseiccweek.com/

lunes, 9 de marzo de 2015

Cea do dia da muller

O pasado sábado as mulleres rurais celebraron o dia da muller cunha cea no restaurante do Castelo Maceda.

Ó rematar, cantaron e bailaron ó ritmo do acordeón da presidenta da asociación.








viernes, 6 de marzo de 2015

Dia da muller traballadora na biblioteca

Os nenos e nenas que acudiron hoxe a biblioteca fixeron imáns para a nevera para regalarlle as súas nais e avoas.



En papel imantado debuxaron temas relacionados coas suas profesións.