martes, 30 de diciembre de 2008

Entrega de premios do concurso de postais

Hoxe pola tarde celebrouse no local social de Esgos o acto de entrega de premios da novena edición do concurso de postais de Nadal.




O acto comezou ás 17:30 horas coa actuación de Tanito na que os rapaces participaron activamente. Nesta ocasión Tanito sorprendeu cunha mestura de maxia e matemáticas nun espectáculo no que colabora a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ourense.


Despois, entregouse un pequeno agasallo a todos os participantes e os regalos os tres gañadores.

lunes, 29 de diciembre de 2008

Pazolandia

Hoxe fomos de excursión a PAZOLANDIA, o maior parque de atraccións de Galicia instalado durante as vacacións de Nadal no Paco Paz de Ourense.


Ás 10 da mañá saiu o autobús de Esgos cara Ourense, facendo as paradas necesarias para recoller a todos os nenos. Ás 11 abríronse as portas e ata as 13:30 horas, os rapaces poideron disfrutar de atraccións para todas as idades: norias, coches de choque, o saltamontes, carruseles, camas elásticas, pista de ski, o tren do terror, videoxogos, etc.


Pero non todo foron atraccións, tamén se entretiveron cos talleres de informatica, tatuaxes, pinturas, caricaturas, chapas, etc.


Antes de volver, fixemos unha foto de grupo, que como xa sabedes os que viñestes, poderédela recoller no concello a partir do luns 12 de xaneiro.

lunes, 22 de diciembre de 2008

Horario de vacacións

Con motivo das vacacións de Nadal o telecentro terá o seguinte horario:
  • Luns 22 de 17.30 - 19.30 horas
  • Martes 23 de 17.00 - 20.30 horas
  • Luns 29 de 17.30 - 19.30 horas
  • Martes 30 de 17.00 - 20.30 horas
O resto dos dias permanecerá pechado.
Disculpen as molestias.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Viaxe a Pazolandia

O luns 29 os rapaces do concello de Esgos poderán disfrutar dunha mañá en PAZOLANDIA, o parque de atraccións máis grande de Galicia durante as festas navideñas.
O único requisito é ser maior de 5 anos e anotarse no concello antes do 26 de decembro.
A viaxe e a entrada serán gratuitas.

IX Concurso de postais de Nadal

Este ano volve a celebrarse o concurso de postais no que poden participar tódolos rapaces do concello de entre 3 e 16 anos.

Cada rapaz/a poderá presentar unha postal antes do 29 de decembro, na que pode empregar calquera tipo de material. As postais pódense traer feitas da casa ou facelas nos talleres que se celebrarán nos locales sociais de Esgos e Vilar o martes 23 a partir das 17:30 horas.

A entrega de premios será o martes 30 de decembro ás 17:30 horas no local social de Esgos, onde tamén haberá unha actuación infantil.


Tódolos participantes terán algún agasallo.

Entrega de diplomas

Hoxe ás 6 da tarde entregaremos os diplomas dos cursos de informática que se estiveron impartindo durante os meses de outubro e novembro.

Noraboa a todos.

jueves, 27 de noviembre de 2008

Curso de office para traballadores

Esta semana comezamos un curso de office 2003 para traballadores de pymes e autónomos ó que asisten 10 alumnos que aprenderán:
  • Conceptos básicos das TICs
  • Uso do ordenador e xestión de ficheiros
  • Microsoft Word 2003
  • Microsoft Excel 2003
  • Microsoft PowerPoint 2003
  • Microsoft Access 2003
O curso impartirase durante os meses de decembro de 2008 e xaneiro de 2009. Ó remata-lo curso, todos alumnos que cursaran polo menos un 80% da acción formativa, recibirán un diploma oficial.
Estes cursos subvencionados forman parte do plan avanza, que depende do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Programa NEW (Ninguna Empresa sin Web)

O Programa NEW (Ningunha Empresa sen Web), é unha iniciativa do Plan Avanza promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es, dirixido ás pymes para que poidan obtener a sua propia páxina web a partir de tan so 60 euros ó ano.

O programa conta coa colaboración de varias empresas de servizos de conectividade, aloxamento, dominio e correo electrónico, asesoramiento en posicionamento e campañas de marketing on-line en condiciós preferentes para as pymes que participan no Programa.
As pymes que queiran máis información para levar a sua empresa a Internet, poden preguntar os detalles dos productos e contratalos na web do programa (www.programa-new.es) ou na liña de asesoramiento (900.22.33.22).

lunes, 24 de noviembre de 2008

Aprendizaxe á maquillaje

A Asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" impartirá un curso de Aprendizaxe á maquillaxe.

O curso impartirase os sábados (ainda sen confirmar) de 18.30 a 20.30 horas no local social de Esgos.


As prazas son limitadas, así que xa podes inscribirte na perruqueria Lúa Chea ou falando con Noemí.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Cesta de Nadal. Festas Esgos 2009

A comisión das festas de Esgos do ano 2009 sorteará unha gran cesta este Nadal. Ademáis de un xamón a cesta tamén leva embutidos ibéricos, queixo, whisky, licores, viños, turróns variados, galletas, uvas, barquillos, e moitas cousas máis.

Os interesados en participar só terán que mercar por 3 euros un número no bar "O Lugar" de Esgos, onde tamén está a cesta exposta.

Levará o premio quen merque o número que coincida coas duas ultimas cifras do primeiro premio do sorteo do Nadal.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Magosto 2008

Onte celebrouse o magosto do concello de Esgos na praza da Souteira ás 13:00 horas.

Ó redor de 500 persoas se congregaron para xantar empanada, churrasco e chourizos, bica e castañas asadas. Tamén houbo café e chupitos de herbas e de licor café, amenizado polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".

Este ano a "comisión de festas 2009" vendeu rifas para o sorteo dun porquiño e un cordeiro que se celebrou ó rematar de xantar.


Mario, Moncho y familia


Outra familia reunida

Manolo en primeria fila e algunhos membros da Banda de Gaitas de Esgos

Alex, Andres e Jorge esperando polo churrasco

Os comensales e os cociñeiros á dereita

Na páxina do concello publicaranse nos vindeiros dias máis fotos deste dia.

lunes, 3 de noviembre de 2008

Clases de Tai Chi

Hoxe comezan as clases de Tai Chi que ven organizando dende fai varios anos, a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños".

As clases impártense no local social de Esgos os luns e mércores de 20:00 a 21:00 horas, hasta o verán do 2009.

martes, 28 de octubre de 2008

Curso de fotografia

A "AAVV Rocas" está a preparar un curso de fotografía ó que poden asistir os socios que o desexen.

O curso ten unha duración de 8 horas que se repartirán en 4 sábados entre novembro e decembro.

Comezo das clases: 8 de novembro
Lugar: Local social de Esgos
Horario: 16:00 - 18:00 h.
Custe: 5 euros

Todos os interesados en participar poden anotarse falando con Susana ou ben, no telecentro.

domingo, 26 de octubre de 2008

Curso de costura

A "AAVV Rocas" propuxo ós veciños de Esgos un curso distinto ós que se viñan facendo ata agora: "iniciación á costura". O taller vaise realizar os sábados de 19:00 a 20:00 horas e asistirán unha dúcia de veciñas.

O primeiro dia, a maioría decantouse por subirlle os baixos a pantalóns, ainda que duas atrevidas empezaron unhas cortinas e unha almofada.

O ambiente é moi agradable e Loli, a monitora, fai que todo sea moi fácil.

martes, 21 de octubre de 2008

Programa Athenea

Volve o Programa Athenea, unha iniciativa conxunta de Universia (http://www.universia.es/) e a CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas).

A través do Programa Athenea os estudiantes universitarios, o personal administrativo e servizos (PAS) e o personal docente e investigador (PDI) poderán comprar ordenadores portátiles de última tecnoloxía a unhos prezos moi por debaixo do mercado. Un portátil para estudiar por 399 euros, para trabajar por 599 euros y de alto rendimiento por 749 euros.

Podes atopar toda a información en http://www.athenea.universia.es/ ou no telefono 902760051.

viernes, 17 de octubre de 2008

O Magosto 2008 está en marcha

O domingo 9 de novembro ás 13:00 horas celebrarase o magosto do concello na praza da Souteria, en Esgos.

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".

Xa se poden retirar as entradas nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa (nenos ata 12 anos gratis).

lunes, 13 de octubre de 2008

Cursos subvencionados para traballadores

Os cursos do Plan Avanza son cursos on-line de formación continua 100% subvencionados nos que poden participar traballadores de pymes e autónomos.





Estamos pensando en reunir no telecentro un grupo de persoas interesadas en facer o curso de Microsoft Office 2003 e así, poder facer o curso on-line todos xuntos.

Se che interesa participar no curso, que incluirá Word, Excel, Access, PowerPoint, comunicao no telecentro ou no concello.


jueves, 9 de octubre de 2008

Subvencións para a adquisición de ordenadores polos autónomos

A Consellería de Innovación e Industria convoca subvencións para a adquisición de ordenadores para os traballadores autónomos de Galicia, agás os comerciantes retallistas, que teñen axudas específicas.

Material subvencionable:
Ordenador persoal portátil ou de sobremesa configurado con software libre: sistema operativo LINUX, paquete ofimático OpenOffice e navegador de internet Mozilla Firefox.

Cuantía da subvención:
45% da base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario, ata un total de 350 euros.

Cal é o prazo de solicitude?
A partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, ate esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto.

Onde facer os trámites?
As subvencións tramitaranas os provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras. En Ourense: Discount Informatico S.L, Enbel Informatica S.L , Hita Torres Tridente 2007 S.L e Redegal S.L

Que documentación hai que presentar e onde?
Os interesados deberán presentar na propia entidade colaboradora a seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE.
b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude
c) Declaración do solicitante do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta.
d) No caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da nosa Comunidade Autónoma, deberá presentar un certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante.

Cando se concede a subvención?
Se o solicitante cumpre con todos os requisitos e o crédito de axudas non está esgotado, a concesión da subvención é inmediata.

Máis información na Conselleria de Innovación e Industria

miércoles, 8 de octubre de 2008

Actividades da AAVV Rocas para os vindeiros meses

A Asociación de Veciños Rocas propón dous novos talleres, para estes primeiros meses de outono:

Curso básico de inglés.

Os interesados teñen unha reunión o vindeiro sábado dia 18 ás 17:00 horas no local social de Esgos para determinar o inicio do curso e o horario das clases.



Taller de iniciación á costura.

No taller de costura que comezará nos vindeiras semanas, aprenderán a facer pequenos arreglos como: poñer botós, cremalleras, subirlle ós pantalóns...


Para máis información falar con Susana.

lunes, 6 de octubre de 2008

Excursion a Portugal

O sábado pasado a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" levou a 30 veciñas de viaxe a Portugal.
Saimos ás 9.30 da mañá de Esgos, moi puntuales, para dirixirnos cara Vilanova da Cerveira. As seguintes paradas foron en Tarreirigo, O Pinto, A Derrasa e Ourense onde recollemos as mulleres que faltaban.
En Vilanova da Cerveira estaba un dia soleado, así que aproveitamos para facer unhas "compriñas" na feira.

Para repoñernos despois de tanto paseo diriximos a a comer a Ancora, onde como xa vos podedes imaxinar, o menú incluía bacalao.

Despois da comida visitamos a "Santa Luzia"

e algunhas subimos ó campanario (previo pago de 0,80 euros) para contemplar as vistas:


Por último, unha visita a zona vella de Viana do Castelo e de volta para a casa.
Un dia moi completiño...

¡ Hai que repetir pronto!

sábado, 4 de octubre de 2008

Escola de gaita

O vindeiro 11 de outubro comezará un novo curso de clases de gaita, percusión e pandereta da Escola de Gaita do Concello de Esgos. Estas clases son gratuitas e impartiranse no local social de O Pinto os sábados a partir das 15.30 horas.

Para inscripcións e máis información chamar ó 988290040 (Angeles) ou falar cos profesores (Bea ou Manolito)

jueves, 2 de octubre de 2008

Taller de exercitación da memoria

Despois do éxito que tivo o taller de exercitación da memoria no curso 2007-2008, esta semana comezará outra vez.
Seguirase repartindo polo concello da seguinte maneira:

PARDECONDE/QUINTA DO MONTE.
Dia: luns.
Hora: 16:00 horas.
Lugar: alternando cada semana nun local social.

ESGOS.
Dia: luns.
Hora: 18:00 horas.
Lugar: Local social

GOMARIZ/LOBACES.
Dia: xoves.
Hora: 16:00 horas
Lugar: alternando cada semana nun local social.

O PINTO
Tódolos xoves
Hora: 18:00 horas
Lugar: Local social

A novidade para este curso 2008-2009 é que a frecuencia das sesións é semanal.

lunes, 29 de septiembre de 2008

Aniversario do blog

¡Estamos de bloganiversario!

Fai hoxe un ano comezamos a escribir este blog para dar a coñecer as actividades que realizamos no telecentro e publicar fotos dos cursos de iniciación á informática e internet.


Ó pouco tempo, démonos conta de que tamén sería interensate publicar fotos e información dos cursos e talleres que levan a cabo as asociacións e o concello, e así o fixemos.
Aproveito para dicirvos é moi gratificante ver como o número de visitantes aumenta,pero sen dúbida, o mellor e ler os vosos comentarios, así que non deixedes de dar a vosa opinión.

Moitas gracias a todos!!!

sábado, 27 de septiembre de 2008

Póximamente excursión a Portugal

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza para tódalas socias unha viaxe a Portugal.
  • Día: sábado, 4 de outubro
  • Hora de saída: 9:30 h.
  • Prezo: 15 € (viaxe + comida)
  • Límite prazo inscripción: 2 de outubro
  • Inscripcións: 988290040 (Ángeles) ou falar con Noemí.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Educamóbil en Vilar

O vehículo "EDUCAMOBIL" volverá a visitar o concello de Esgos a vindeira semana. Todos os rapaces, entre 4 e 11 anos, que o desexen poderanse achegar e disfrutar dun intre de lecer e de xogos informáticos totalmente gratis.
  • Dia: 3 de outubro
  • Hora: 16:30 a 20:00 horas
  • Lugar: Proximidades do local social de Vilar
O proxecto "EDUCAMOBIL" posto en marcha pola Deputación Provincial de Ourense e a Fundación SEUR é unha alternativa á ocupación do tempo de ocio e de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías. Todas estas actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música, xogos supervisado por persoal cualificado.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Novos cursos de informática

Os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas temos clases de informática de repaso ás que asisten un grupo de alumnos que xa participaron fai unhos meses no curso de iniciación á informática.

Despois, de 20:30 a 21:30 horas temos un novo grupo de alfabetización informática no que participan homes e mulleres por igual, e no que aprenderán a manexar o procesador de textos e a navegar por internet.

Os dous cursos teñen unha duración aproximada de dous meses.

lunes, 22 de septiembre de 2008

Gañadores do concurso fotografico

O pasado venres pola tarde, os concelleiros reunidos para un pleno decidiron que as fotos gañadoras sean:

Primeiro premio: Camara fotográfica


Quen gaña?
Dende 1999, o luns das festas de Esgos pola tarde, podes acabar así si das un paseo pola praza onde se celebra a "guerra do pastel".

Segundo premio: iPod

Os da árbore

Este verán, algunhos rapaces dedicáronse a construir unha cabaña de madeira no alto dunha árbore no barrio de Pazos.

Terceiro premio: pen drive



Aerobic en Vilar
Despois das clases de baile que houbo na primavera, as veciñas de Vilar decidiron seguir facendo deporte no verán e organizaron unhas clases de aerobic.

Cuarto premio: pen drive


As nosas festas
A verbena do luns en Esgos é a mellor das festas, pola cantidade de xente, polo ambiente, ...

sábado, 20 de septiembre de 2008

Entrega de diplomas de primeiros auxilios

Hoxe ás 11:30 horas a presidenta da AAVV Rocas entregou os diplomas os alumnos do curso de primeiros auxilios que se impartiu de febreiro a maio deste ano.


Por distintos motivos, algunos alumnos non puideron asistir a recoller o seu diploma.


Noraboa a todos !

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Casas en venta en Esgos

O concello de Esgos puxo en marcha fai unhos meses a segunda edición do "PROGRAMA VIVENDA", que consiste na elaboración dun catálogo de casas en venta e alugueiro do municipio, co fin de promocionalas a través da páxina web do Concello e poñelo a disposión de tóda-las persoas que queren comprar unha casa no concello.


O catálogo das casas en venta pódese consultar en http://www.concelloesgos.com/ no enlace "Casas en venta".
Se tes unha casa á venta e queres que apareza o anuncio na web, só tes que cominicalo no concello.

viernes, 12 de septiembre de 2008

Horario de outono do telecentro

Agora que para a maioría xa remataron as vacacións, o telecentro cambia o seu horario a partir da semana que ven, para adaptarse as necesidades dos usuarios.
O horario que propomos é o seguinte:

Se este horario non che vai ben fainolo saber, porque se varias persoas solicitan o mesmo horario intentaremos adaptalo á maioría.

martes, 9 de septiembre de 2008

Curso "Atención a persoas dependentes"

O dia 8 de setembro comezou no centro social de Esgos o curso de ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES de 200 horas de duración.


Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Servizo Galego de Igualdade (organismo adscrito á Secretaria Xeral de Igualdade e dependente da Vicepresidencia de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia).


Ó curso asisten 18 mulleres de idades comprendidas entre os 19 e os 51 anos.