viernes, 29 de mayo de 2009

Entrega de diplomas do taller de memoria

Onte pola tarde entregáronse os diplomas do "taller de memoria" que organizou o concello e que se desenrolou dende outubro de 2008 ata abril de 2009, nun acto no que participou Pedro Diaz Fernández, psicólogo e titor do curso, Silvia (Traballadora Social do concello de Esgos) e Camilo, teniente alcalde.



O acto comezou coa proxección das fotos do taller e a entrega de diplomas que se realizara o curso pasado.




Despois das palabras de Pedro, Silvia e Camilo, entregaron os diplomas ós 40 alumnos, na sua maioría mulleres.





Ó final, o concello convidou a todos os asistentes a un café na praza da Souteira.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Concluen os talleres das mulleres rurais

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" remata esta semana os talleres que viñan desenvolvendo dende o inverno: un de taichi e un de manualidades.

Estes talleres volverán despois do verán.

martes, 19 de mayo de 2009

Curso de internet

Sete novos alumnos (6 mulleres e 1 home) participan durante o mes de maio e xuño, noutro curso de iniciación a Internet os martes e xoves a partir das 19.30 horas.


Nesta ocasión contamos con "representantes" de varias pobos como: Porta do Sol, Cabalgada, Melón Alto, Tarreirigo, Rebordiños e Esgos.

lunes, 18 de mayo de 2009

Taller de manualidades e restauración

Os sábados pola tarde as mulleres da asociación "Os Picotiños" dedícano á restauración e ás manualidades.

Este taller conta con moita participación e por eso o repiten ano tras ano. Estes días están a pintar en cristal, decorar tellas e á restauración.

Nas seguintes fotos podedes ver algunhos dos traballos e ás traballadoras:


viernes, 15 de mayo de 2009

Actividades para o dia de internet

O 17 de maio celébrase o "Dia das Letras Galegas" e tamén o "Dia de internet" e para celebralo, dende o telecentro propoñémosvos realizar varias actividades:


  1. Test. Demostra o que sabes resolvendo este test:
    Test sobre o "Dia de internet"

  2. "Street view" de google maps, que permite explorar as grandes cidades a pe de calle con imaxes a 360º. Neste vídeo explícase moi ben o funcionamento de street view.

  3. Pasar o rato visitando estas webs: http://www.apasarelrato.com/ na que podedes encontrar entre moitos pasatempos estas ilusións ópticas. Ou tamén http://www.portalmix.com/efectos/

  4. Yooouuutuuube.com
    Youtube é unha das páxinas máis visitadas no telecentro así que supoño que esta novo servicio de youtube que permite ver os vídeos descompostos en fotogramas vos vai gustar. Primeiro tes que localizar en http://www.youtube.es o vídeo que queiras e despois copiar a dirección en http://www.yooouuutuuube.com/

miércoles, 13 de mayo de 2009

17 de maio: Dia das letras galegas

O 17 de maio celébrase o "Dia das letras galegas", que este ano se lle adica a Ramón Piñeiro.



No telecentro e no local social de Esgos instaláronse 15 carteis que recollen a vida e obra deste galeguista, editor e ensaista lugués.

Para que demostredes o que sabedes sobre as letras galegas propóñovos realizar este test.

martes, 12 de mayo de 2009

Taller de costura

A asociación de veciños "Rocas" ven impartindo dende o ano pasado os sábados pola tarde un taller de iniciación á costura, no que participan varias mulleres do concello. Ningún home se animou a participar.

Deberían cambiarlle o nome a este taller porque o de "iniciación" xa lles queda pequeno: Están a facer un pantalón, un vestido de muller, un vestido para un bebé e ata unha funda para un sillón.

Se vos animades a participar, ainda estades a tempo.

sábado, 9 de mayo de 2009

V Gymkhana Web de Tecelentros

O día 17 de Maio celébrase o Dia Mundial das Telecomunicacións e Sociedade da Información, Día de Internet. Por este motivo, como en anos anteriores, desde o portal de Telecentros están a preparar unha nova Gymkhana Web. Este ano os premios serán 3 ordenadores portátiles.

Para participar so hai que acceder a http://www.telecentros.es/ donde o martes 12, o mércores 13 e o xoves 14 se publicarán 5 preguntas.
Unha vez resoltas as 15 preguntas, deberanse enviar á dirección sugerencias_telecentros@red.es xunto coa URL ou enlace de internet onde se atopou a resposta.


Para encontrar as respostas correctas, únicamente se poderá utilizar Internet.


Os gañadores serán os tres primeiros concursantes que remitan as respostas correctas.

viernes, 8 de mayo de 2009

Carreira de montaña e andaina de Esgos

A III Subida Rocas - O Eirado e a III Andaina do Concello de Esgos xa teñen data: serán o domingo 12 de xullo.

Toda a información sobre o horarios, inscripcións, distancias, percorrido, etc publicaranse na web do concello www.concelloesgos.com.

Para máis información poñerse en contacto con José Luis no teléfono 988290040 ou a través do correo joseluis@concelloesgos.com