viernes, 14 de enero de 2011

Ciclo "Galicia, Ceo das letras"

"Galicia, ceo das letras" é a primeira actividade da nova etapa da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) despois da inauguración oficial da Biblioteca e o Arquivo, presidida o pasado día 11 po-los Príncipes de Asturias.

A Biblioteca albergará o ciclo "Galicia, Ceo das letras", que consta de doce xornadas literarias ou doce sábados de autor, entre xaneiro e xuño.
Cada xornada estará adicada a un autor, honrando así a nove xigantes das nosas letras (Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Camilo José Cela, Martín Códax, Ramón María del Valle Inclán, Álvaro Cunqueiro, Xosé Ánxel Valente, Gonzalo Torrente Ballester e Eduardo Blanco Amor) e tamén a tres insignes veciños (Jorge Luis Borges, Fernando Pessoa e Salvador Espriu).

Ademais de achegarnos á vida e obra destes escritores galegos universales da man do teatro, a música, o cine e a danza, será unha fermosa oportunidade para visitar a Cidade da Cultura de Galicia, dado que se inclúe unha visita guiada polo complexo.

Ver programa

No hay comentarios: