jueves, 22 de diciembre de 2016

Horario Nadal

Dende o venres 23 de decembro ata o 8 de xaneiro a biblioteca estará pechada polas tardes e abrirá polas mañás, de 11 a 13 horas.

Bo Nadal!

miércoles, 14 de diciembre de 2016

PROGRAMA “ESQUIOU 2017"

A Deputación de Ourense promove un ano máis, en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda, o programa “Esquiou 2017” que pretende achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense.

  • Participantes: nenos e nenas nacidos na proviencia de Ourense entre 1 de xaneiro 2005 e o 31 de decembro de 2008
  • Actividades: “Esquiou” ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da estación, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias
  • Duración: dúas noites e tres días de luns a mércores. 
  • Inscricións:  dende hoxe ata o 15 de xaneiro de 2017 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es. 
  • Custe: Cada participantes deberá aboar unha cantidade de 29 euros. Unha vez realizada a preinscrición realizaranse os grupos por quendas, sendo o método de selección dos participantes por orde de inscrición.

viernes, 9 de diciembre de 2016

VI Torneo Nadal Ben-Cho-Shey

O sábado 17 de decembro ás 17:00 horas disputarase o VI Torneo Nadal Ben Cho Shey no Centro Cultural Parada Justel en Esgos.




Inscricións ata o 14 de decembro no correo benchoshey@hotmail.com ou no teléfono 657645380 indicando nome completo, club e categoría. Límite de prazas: 100.

Premios para os tres primeiros clasificados e campiona feminina de cada categoría. Sorteo de regalos entre todos os xogadores.

No descanso haberá chocolate e bica para todos!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2016

Actividades do Nadal


  •  Campaña de recollida de alimentos e xoguetes

¿Queres colaborar na campaña “Por un Nadal Feliz para todos” que organizan as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil? Na biblioteca recolleremos alimentos (preferiblemente non perecedeiros: aceite, leite, pastas, legumbres, etc) e tamén xoguetes en bo estado.
  • Concerto de Nadal 

Actuación da banda de gaitas e a escola de gaita no centro Cultural Parada Justel.  DOMINGO 18 DE DECEMBRO ÁS 17:30 HORAS         
  • Pazolandia 

Imprescindible anotarse no concello antes do 23 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados
MARTES 27 DE DECEMBRO
  • XVII Concurso de postais 

Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 30 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data.
Todos os participantes terán un agasallo.
  • Visita dos Reis Magos 

Ás 11.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XVII Concurso de Postais
XOVES 5 DE XANEIRO            

lunes, 5 de diciembre de 2016

Doazón de sangue


O martes 13 de decembro a unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará situada ó carón do centro de saúde de Esgos entre as 12:30 e as 14:00 horas.


¿Queres saber si podes ser doante?


 A doazón de sangue paso a paso: