martes, 22 de enero de 2008

Cartel do Entroido 2008

Domingo 3 de Febreiro ás 17:00 na praza da Souteria haberá un desfile de disfraces e carrozas.

Haberá regalos para os nenos DISFRAZADOS e merenda para todos os asistentes.
Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deberán anotarse no Concello antes do 1 de Febreiro.

Premios do concurso:
Mellor traxe de felo: 50 euros
Mellor individual: 40 euros
Mellor grupo reducido (ata 8): 60 euros e un coello

Premios para carrozas e grupos numerosos:
1º clasificado: 100 euros e un cabrito
2º clasificado: 100 euros e un cordeiro
3º clasificado: 80 euros e un relliño
4º clasificado: 60 euros e un polo

jueves, 17 de enero de 2008

"Jóvenes en red". Plan avanza


Si es menor de 30 anos e queres ter a tua propia páxina en internet estás no sitio adecuado.


A través do programa "jóvenes en red" podes rexistrar de balde o teu propio dominio .es, sin costes durante o primeiro ano; e crear a túa propia páxina web, de maneira sinxela.


Toda a información pódela encontrar en http://www.jovenesenred.es/ e no Telecentro.


lunes, 7 de enero de 2008

Os Reis Magos

O pasado día 5 os Reis Magos visitaron o noso concello e repartiron caramelos por todos os pobos, a grandes e nenos.


Ás 4:30 da tarde tiñan unha cita con todos os nenos na Souteira, e ainda que chegaron un pouco tarde, cumpriron con todos os presentes e repartiron regalos ós nenos que participaron no concurso de tarxetas de Nadal.