lunes, 30 de diciembre de 2013

Cine de Nadal

Dentro das actividades de Nadal, hoxe tivemos unha tarde de cine. Estivemos no centro cultural Parada Justel vendo unha película e desfrutando dunhos flocos de millo.

viernes, 27 de diciembre de 2013

Pazolandia

Un ano mais, nas actividades do Nadal non podía faltar Pazolandia. Así que hoxe pasamos a mañá neste parque de atraccions.


lunes, 23 de diciembre de 2013

Manualidades de Nadal

Para adornar a casa estivemos facendo estrelas de plastilina con purpurina,



Bolas de cartón e papel de cores,


Tamén nos fixemos fotos nun estupendo mural que nos preparou Bea (moitas grazas)





Esperamos que vos gustara. Bo Nadal!

domingo, 22 de diciembre de 2013

Bo nadal

Por mor das actividades que temos preparadas para os nenos e as festas do Nadal, a biblioteca estará pechada ó público ata o martes 7 de xaneiro.

Bo Nadal e feliz ano novo!

lunes, 16 de diciembre de 2013

O Nadal na biblioteca

Na biblioteca están os nenos debuxando un portal de Belén entre todos. Aínda faltan moitas figuras, pero de momento está quedando así:


Para estes dias, o Concello organiza varias actividades para os mais pequenos:

  • Concerto de Nadal

O domingo 22 ás 18:00 horas actuarán no Centro Cultural Parada Justel a Coral Camerata Auriense e a escola de gaita e a Banda de gaitas do Concello de Esgos

  • XIV Concurso de postais 

Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. Todos os participantes terán un agasallo. O prazo para presentar as postais remata o 2 de xaneiro.

  • Manualidades do Nadal 

O luns 23 de decembro no local social de Esgos ás 17:30 horas.

  • Pazolandia 
 Venres 27 de decembro pola mañá Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 24 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados

  • Cine infantil 

O luns 30 de decembro no Centro Cultural Parada Justel ás 17:30 horas.

  • Visita dos Reis Magos 

Sábado 4 de xaneiro ás 16.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XIV Concurso de Postais

martes, 10 de diciembre de 2013

lunes, 25 de noviembre de 2013

No sin mi hija


Máis de 20 persoas, casi na sua totalidade mulleres, asistiron onte á proxección da película "No sin mi hija" convocadas pola Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños".

Esta actividade estaba aberta a todos os veciños, socias e non socios porque formaba parte das actividades do dia internacional contra a violencia de xénero.

O vindeiro domingo poderase ver a película "Te doy mis ojos" tamén ás 17:15 horas, no Centro Cultural Parada Justel.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Ciclo de videoforum

A Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños, organiza un ciclo de videoforum por mor do "Dia Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero" que se celebra o 25 de novembro.

Proxectaránse dúas películas no Centro Cultural Parada Justel (Esgos) os domingos ás 17:15 horas.


O domingo, 24 de novembro poderemos ver a película "No sin mi hija" e o domingo 1 de decembro, a película "Te doy mis ojos".

Esta actividade está aberta a todos os públicos.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Proxecto audiovisual

¿Apetéceche colaborar nun pequeno proxecto audiovisual que imos poñer en marcha na biblioteca este mes? 

Non se trata de ningún posto de traballo, nin de ningún curso, nin charla, nin obradoiro... simplemente é unha actividade voluntaria que propoñemos dende a biblioteca, dirixida a mozos e mozas que implicará tamén a nenos e maiores. 

Non é necesario ter coñecementos técnicos, só necesitas un pouco de tempo libre, moita ilusión, algunhas ideas e entre todos farémolo realidade.

Non queremos dar máis pistas para non derramar a sorpresa, así que si che apetece participar, pásate pola biblioteca e atoparás toda a información.

jueves, 14 de noviembre de 2013

¿Currículum vítae o curriculum vitae?

En el libro "Las 500 dudas más frecuentes del español", que acaba de editar el Instituto Cervantes se recopila y explica los usos correctos del lenguaje y sus excepciones.

El Faro de Vigo se hace eco de esta noticia publicando un artículo en el diario de hoy bajo el titular "¿Por qué zeta se escribe con ´zeta´?" Donde se da respuesta a otras dudas como ¿cuál es la forma correcta "currículum vítae o curriculum vitae"?. Se recomienda la tilde en ambas palabras, y si se cambia "currículum" por la forma españolizada "currículo", también estaría correcto.

Puedes leer el artículo completo aquí: http://www.farodevigo.es/

martes, 12 de noviembre de 2013

A TVG acude ao magosto de Esgos

Se o ano pasado visitou o magosto de Esgos un equipo dos informativos de Telecinco para facer unha conexión en directo, este ano, non podía ser menos... Un equipo da TVG estivo toda a mañá con nós para grabar unha reportaxe para o programa "Especial San Martiño" que se emitiu o luns pola noite.

Pódese ver o programa Especial San Martiño completo (Esgos a partir do minuto 35) na web da TVG e as fotos na galería fotográfica da web do concello.

jueves, 7 de noviembre de 2013

Cursos do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra

Dende o Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra impartiránse varios cursos gratuitos dirixidos a empresarios e persoal dos establecementos turísticos de Ribeira Sacra.

Curso de cociña "Ribeira Sacra". Productos autóctonos
Curso básico de inglés para o sector turístico

Curso redes sociais e iniciación ao e-marketing para o sector turístico


Toda a información pode consultarse en http://turismo.ribeirasacra.org/rs/gl/oficina-contacto/cursos.html

jueves, 31 de octubre de 2013

Galletas para celebrar o Samaín

Este ano, para celebrar o Samaín pensamos que sería unha boa idea facer algo de comer... así que Martín, de Confitería Milhojas nos preparou unhas galletas que despois os nenos decoraron con fondant de cores, para darlle forma de cabazas, morcegos e pantasmas. O resultado xa o podedes ver... ¡un éxito!
Tamén fixemos con plastilina cabazas, morcegos, sombreiros de bruxa, etc.
Unha tarde diferente na que participaron unhos 25 nenos.

martes, 29 de octubre de 2013

Novo curso de iniciación á informática

No mes de novembro comezaremos un novo taller de iniciación á informática no que os alumnos aprenderán a:

  • Encender/apagar o ordenador
  • Traballar con carpetas
  • Abrir/Pechar programas
  • Usar as funcións básicas do Word
  • Navegar por internet e buscar información
  • Correo electrónico

As clases impartiránse os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas e comezarán o mércores 6 de novembro.
Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

lunes, 28 de octubre de 2013

Magosto

  • Data: Domingo 10 de novembro
  • Hora: 13:00 h
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos
  • Prezo: 7 euros
As entradas poden retirarse nas oficinas municipais, nos bares e tendas e nas asociacións de veciños.

Actuará a Charanga Nova "Terras de Trives".

jueves, 24 de octubre de 2013

Manualidades de Samaín

O mércores 30 de outubro ás 18:00 horas teremos no local social de Esgos un taller de manualidades dirixido a nenos e nenas, baixo o tema "O SAMAIN". Por mor desta actividade a biblioteca estará pechada ó público este día.

lunes, 21 de octubre de 2013

miércoles, 16 de octubre de 2013

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Venres 25 de outubro
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

viernes, 4 de octubre de 2013

Clases de reforzo

Os nenos de Educación Primaria deste concello poderán asistir a de reforzo que se impartirán os martes e os venres de 18.30 a 19.30 horas.

As clases comezarán o martes 8 de outubro e prolongaránse durante todo o curso escolar.

viernes, 27 de septiembre de 2013

Comic "Os perigos de Internet"


O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar alterar a convivencia normal nos seus fogares.

Este comic está deseñado para alertar das ameazas que poden atopar os adolescentes na rede, especialmente o ciberacoso e os perigos dos depredadores sexuais

Na biblioteca municipal temos varios exemplares a disposición dos rapaces e tamén dos pais.

Vídeo promocional

Abrir comic "Os perigos de Internet"

jueves, 12 de septiembre de 2013

Fin da tempada de verán

O domingo 15 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal. Ata o domingo estará aberta de 15 a 20 horas.

A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 16 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.

lunes, 2 de septiembre de 2013

Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo

O noso concello foi selecionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para desenvolver o "obradoiro de oratoria motivacional ou coaching, librándonos do pensamento negativo" do programa Activa 2013.

Contidos:
  • Por que morre a xente, que se perde na xungla?
  • Librándonos do pensamento negativo.
  • A diferenza actitudinal.
  • O camiño do éxito.
  • As oportunidades da crise

A idade mínima de participación son os 16 anos e para a idade máxima non existe tope, pero é importante ter en conta que os maiores de 30 anos non recibirán o diploma de asistencia e participación.

O obradoiro impartirase o venres 18 de outubro ás 18:00 horas no "Centro Cultural Parada Justel", en Esgos.

Os interesados en participar deberán anotarse no Concello ou na biblioteca municipal o antes posible co fin de confeccionar unha lista de participantes, xa que para que se poida desenvolver este obradoiro é necesario un mínimo de asistentes.

Por mor desta actividade a biblioteca municipal estará pechada ó público o venres 18 de outubro.

jueves, 22 de agosto de 2013

Proxección de "A última viaxe do afiador"


A proxección onte á noite da película-documental "A última viaxe do afiador" na praza da Souteira, foi un éxito de público. Ademais do director da película e o protagonista, acudiron veciños deste e doutros concellos e tamén se puido ver unha pequena mostra de rodas de afiar.

martes, 20 de agosto de 2013

Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"


Dentro das actividades do campamento urbano de verán, o xoves 22 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que non haberá actividades para os nenos na praza da Souteira. 

Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. 

Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos. 

lunes, 19 de agosto de 2013

Cinema de verán: A última viaxe do afiador

O mércores 21 de agosto ás 22:00 horas na praza da Souteira, en Esgos proxectarase a película-documental A Última Viaxe do Afiador.

viernes, 9 de agosto de 2013

Facemos pan no forno de Melón Baixo


O campamento urbano trasladouse hoxe a Melón Baixo para facer pan no forno do pobo. Aprenderon como se fai a masa e despois déronlle forma a masa que previamente nos preparou Mari, de Panadería Agustín.

A falta de experiencia fixo que algunhos dos boliños se queimaran un poco, pero para o ano estaremos máis atentos... Eiquí tedes o resultado:

Aproveitamos tamén para achegarnos ata a burra e as vacas de Agustín e os coellos e as pitas de Juan.

Pódense ver as fotos en: https://picasaweb.google.com/

jueves, 8 de agosto de 2013

Visita do campamento urbano á residencia de maiores

Os nenos e nenas do campamento urbano visitaron hoxe a residencia de maiores de Esgos para coñecer as instalacións e cómo viven os maiores ingresados.


Levaron como agasallo un centro de flores que eles mesmos elaboraron con papel.

As fotos da visita poden verse en: https://picasaweb.google.com/

martes, 6 de agosto de 2013

Mais actividades do campamento de verán

Os nenos e nenas que asisten ó campamento urbano de Esgos, para esta semana teñen programadas dúas actividades diferentes:


  • O xoves 8: VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES

Coma todos os días haberá campamento na praza da Souteira, pero de 11:15 a 12.45 horas daremos un paseo ata a residencia de maiores de Esgos. Os nenos levarán ós maiores un agasallo que están realizando entre todos e coñecerán as instalacións da man da traballadora social da residencia.


  • O venres 9: COCEREMOS PAN EN MELON DE ABAIXO

Este dia non haberá campamento na praza da Souteira porque nos trasladamos a Melón de Abaixo no mesmo horario (10:30 – 13:30 horas). Os pais deberán levar ós nenos a Melón de Abaixo e recollelos no mesmo sitio.
A actividade panadeira comezará ás 11 coa explicación da elaboración do pan, despois poderán dar forma á masa que cocerán no forno antigo do pobo.
(A masa xa a teremos preparada porque senón non daría tempo). Colabora: Panadería Agustín

viernes, 2 de agosto de 2013

Un éxito a visita á alfareria Alto do Couso

Os nenos e nenas do campamento urbano de Esgos visitaron hoxe a Alfarería Alto do Couso. Puideron observar de primeira man todo o proceso de fabricación de pezas de cerámica e despois ó xeito tradicional, facendo uso do torno todos elaboraron a sua propia peza de cerámica.

Nos vindeiros días, despois de que Sindo as coza no forno, poderán decoralas ó seu gusto.



Todas as fotos poden verse no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/107243374208144732590/VisitaAAlfareria?authkey=Gv1sRgCNHN9OGf59aJlQE

martes, 30 de julio de 2013

Visita á alfarería Alto do Couso

O venres 2 de agosto está prevista unha saída dos nenos  do campamento urbano á Alfarería Alto do Couso, polo que non haberá actividades para os nenos na praza da Souteira.

Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán:

  • Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma.
  • Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da alfarería Alto do Couso ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas.

jueves, 11 de julio de 2013

MiCasaAsalvo durante las vacaciones

#MiCasaAsalvo es una iniciativa del Ministerio del Interior para trasladar a todos los ciudadanos unos sencillos consejos del Cuerpo Nacional de Policía y la Guardia Civil que ayuden a evitar el robo en nuestras viviendas durante esos días de vacaciones en los que estamos fuera.

Toda la información en: http://www.micasaasalvo.com/

viernes, 5 de julio de 2013

Campamento urbano "verán Esgos 2013"

O luns 15 de xullo comezará o "campamento urbano Esgos 2013" que coma o ano pasado está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

De luns a venres de 10:30 a 13:30 horas os nenos e nenas realizarán manualidades, xogos, obradoiros, etc.

Este actividade é gratuita.

martes, 2 de julio de 2013

Campamentos de verán na provincia de Ourense

Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense

A Deputación de Ourense xunto con Concello de Celanova, promoven o Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense, dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 15 anos.

Trátase dun campamento baseado no coñecemento da provincia de Ourense que se levará nas instalacións do Albergue Municipal de Celanova durante o mes de agosto cunha duración semanal (5-10; 12-17; 1-24; 26-31 de agosto).

Por unha banda realizaránse xogos temáticos en Castromao e na Vila de Vilanova dos Infantes, así como visitas á Baixa Limia, Muiños e Bande. Os obradoiros abranguen diversas actividades: xogos tradicionais, diario con material para reciclaxe, títeres, fíos e pulseiras...

O custo da estadía semanal é de 100 euros todo incluído.

Máis información na biblioteca municipal ou directamente cos organizadores no número de teléfono 661120370.

Campamento de verán no complexo turístico deportivo "O Corgo" (Muíños)


O Concello de Muíños xunto coa Deputación Provincial promoven un campamento para rapaces de 10 a 17 anos.

O campamento levarase a cabo no Complexo Turístico Deportivo "O Corgo" durante os meses de xullo e agosto cunha duración semanal.

Actividades: iniciación ó piragüismo, remo en banco móbil e vela lixeira no encoro das Conchas, competicións deportivas de pista no polideportivo, obradoiros e sendeirismo para o coñecemento do medio, así como xornadas lúdicas e veladas nocturnas.

O custo da estadía semanal é de 120 euros todo incluído.

Máis información en www.concellomuinos.com ou a través do correo electrónico concello.muinos@eidolocal.es

Campamento no albergue de Vilar (Esgos)

Ganeda, empresa de servicios de ocio e tempo libre, educativos e alternativos organiza un campamento de verán no albergue de Vilar (Esgos) no mes de xullo (do 22 ó 28) para rapaces de 8 a 13 anos.

Actividades: obradoiro de inglés, visita a San Pedro de Rocas, tiro con arco, senderismo, observación de estrelas, deportes, hípica, piscinas, contacontos, xogos populares, veladas nocturnas, pernocta en tenda de campaña...

Máis información e inscricións www.ganeda.es ou ben no teléfono 988 215 465

lunes, 1 de julio de 2013

Bibliopiscina

Por segundo ano consecutivo os nenos e maiores que acudan á piscina municipal poderán facer uso dos libros da biblioteca municipal que deixamos no bar das piscinas.

Lecer no verán

Xogos, manualidades, obradoiros, etc dirixidos a nenos de 6 a 12 anos


  • Data: Mércores 3 de xullo
  • Hora: de 10:30 a 13:30 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos

martes, 25 de junio de 2013

Programa "Actívate" del CIMO para la búsqueda de empleo

CIMO pone en marcha el programa de búsqueda de empleo y creación de empresas “Actívate”, en colaboración con la Red española de entidades por el empleo, “Red Araña”.
Con esta iniciativa se pretende mejorar la inserción sociolaboral de los colectivos con mayores dificultades de inserción laboral, dirigiéndonos principalmente a personas inmigrantes, jóvenes menores de 30 años y mujeres.
La metodología de este programa se basará en actuaciones a través de sesiones individuales y grupales, donde destacan las siguientes actuaciones:

  • Sitúate: Información y Orientación para el Empleo.
  • Infórmate: Asesoramiento a emprendedores
  • Herramientas y búsqueda de empleo: Gestión de la Colocación (tramitación de ofertas de empleo) y Relaciones con Empresas y Formación para el empleo.
  • Búsqueda activa de empleo: Acompañamiento laboral
Para la adaptación a los tiempos actuales se realizarán acciones para el conocimiento de la “estructura tecnológica” imprescindible para la búsqueda de oportunidades en la búsqueda de empleo a través de la red:
Iniciación a las nuevas tecnologías
·         Uso básico del ordenador
·         Acceso básico a Internet
·         Internet aplicación a la búsqueda de empleo

Avanza en las nuevas tecnologías
·         Comunicación digital
·         Creación de blogs
·         Redes sociales para el empleo
·         Portales de Empleo para una búsqueda activa
·         Creación de un Video Currículum

Todas aquellas personas que estén interesadas en participar, de forma gratuita, en este programa, deben acercarse a las oficinas, para poder solicitar su inscripción en el mismo:
                               CIMO
                               C/ Curros Enríquez, Rotonda; 32004 Ourense
                               Tel. 988 39 15 15

sábado, 22 de junio de 2013

Educamobil

O vehículo educamóbil estivo situado en Esgos onte pola tarde na praza da Souteira en Esgos para que os nenos puideran desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.


viernes, 21 de junio de 2013

Apertura da piscina municipal e horario de verán na biblioteca

Hoxe ás 3 da tarde abrirán ó público as piscinas municipais. O horario de apertura será de 12 a 21 horas.

A partir do vindeiro martes 25 de xuño, a biblioteca voltará a abrir polas mañás en horario de 11 a 14 horas.

viernes, 14 de junio de 2013

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

  • Lugar: Praza da Souteira (Esgos)
  • Dia: Venres 21 de xuño
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

jueves, 13 de junio de 2013

Recollida de tapóns para Duchenne

Agora vamos a destinar todos os tapóns que nos entregades na biblioteca ou no concello á campaña de recollida de tapóns que iniciou unha familia de Xunqueira de Espadañedo para axudar ó seu fillo ó que se lle diagnosticou a enfermidade de Duchenne.

Ademáis dos tapóns tamén recolleremos CDs e DVDs e as súas caixas

Podesde ler a entrevista que se lle fixo a súa nai en La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/06/08/tenemos-esperanza-puesta-investigacion-enfermedad-asociacion/0003_201306O8C2993.htm

miércoles, 12 de junio de 2013

Excursión: A casa do queixo - Sobrado dos Monxes

O próximo domingo 7 de xullo terá lugar unha viaxe das Mulleres Rurais do Concello de Esgos.

Programa:

Saída dos puntos e á hora que se acorde. Chegada á Fortaleza de Narla, en Friol. Despois visita ó Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Almorzo no restaurante Casa do Queixo - As Casiñas en Sobrado dos Monxes. De seguido actuación de "Lume na Lareira" para pasar unha tarde con música, baile, xogos e demais sorpresas.
Continuamos o programa visitando A Granxa - Queixería (elaboración e degustación do queixo).
A última hora da tarde, voltaremos ós nosos fogares.

Prezos:
  • Prezo persoa/socio: 24 €
  • Precio persoa/non socio: 34 €
Xa sabes... anímante e participa! Hai que anotarse antes do 1 de xullo.

martes, 11 de junio de 2013

Doazón de sangue



O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.
  • Data: Mércores, 19 de xullo

  • Horario: De 10:00 a 12:00 horas

  • Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

Máis información no teléfono 900 100 828, na web http://ctg.sergas.es/ ou no mail doadoressangue.ctg@sergas.es

miércoles, 29 de mayo de 2013

Proxecto de voluntariado

Dende o concello estamos intentando poñer en marcha un proxecto de voluntariado do Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinado a mozos de entre 16 e 30 anos. O proxecto enmarcarase dentro das accións ambientais, aínda que se admiten suxerencias e levaríase a cabo durante un mes do verán.

Cada voluntariado contará con 6 euros por xornada, en concepto de transporte e manutención.

Os participantes recibirán ó finalizar unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/ ou  no DOG

jueves, 16 de mayo de 2013

Dia das letras galegas

Cada 17 de maio, Galicia homenaxea a un autor, este ano a Roberto Vidal Bolaño, para honrar así á nosa lingua.

Na biblioteca podedes atopar varias obras de Roberto Vidal Bolaño como:

  • Bailadela da morte ditosa (sete baileretadas de amor e unha de morte)
  • Cochos: relatorio valeroso en dous tempos, un prólogo, e un epílogo, para porca e actor en cativerio 
  • Saxo tenor 

Todos os que acudan hoxe á biblioteca e consulten ou leven en préstamo un libro en galego, recibirán outro libro en galego a modo de agasallo.

lunes, 13 de mayo de 2013

Rallye de clásicos e Rallye de antiguos


O sábado 8 de xuño ás 19:00 horas, circularán por Esgos os vehículos do XIX Rallye de Clásicos e do X Rallye de Antiguos de Ourense.

Os vehículos tomarán a saída na fonte de Pazos, en Esgos e pasarán pola Souteira, Cima de Vila, Chaveiro e Camiño vello para despois continuar pola estrada ata o cruce de Lampazas. Subirán cara a zona da canteira e baixarán a Regueiro para voltar a Esgos pasando pola cruz da Lama e a Parrocha.


Por seguridade procederase ó corte das rúas polas que discurre a caravana de vehículos entre as 18:30 e as 19:15 horas do sábado 8 de xuño



viernes, 3 de mayo de 2013

Clases de pilates

A partir do luns 13 de maio, durante os meses de maio e xuño, dentro das actividades da Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños", impartiranse clases de pilates:

Os luns no local social de O Pinto e os xoves no local social de Esgos, de 20:15 a 21:30 horas.

Xa sabes... anímante e participa!