viernes, 19 de diciembre de 2014

Vacacións de Nadal


A biblioteca estará pechada durante as festas do Nadal, dende o luns 22 de decembro. En xaneiro despois de todas as actividades voltaremos a abrir ó público e comezaremos os talleres de informática para maiores.

Bo Nadal e feliz ano!

lunes, 15 de diciembre de 2014

Actividades de Nadal

O Concello de Esgos organiza para este ano diversas actividades: concertos, maxia, concurso, etc.
  • Domingo 21:
Actuación da coral Camerata Auriense durante e despois da misa de 12 en Esgos
Concerto de Nadal da banda e a escola de gaita de Esgos ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel
  • Venres 26:
Concerto “Canto Libre” (Rosa Leiro Chazo & Juan Carlos Cambas - Pianista Arxentino): ás 19:00 horas no Centro Cultural Parada Justel
  • Domingo 28:
Actuación do “Mago chirleta” e operación kilo ás 17:00 horas no centro cultural Parada Justel.
Aproveitaremos esta actividade de maxia infantil para facer unha operación kilo: recollida de alimentos non perecedeiros para as familias máis necesitadas do concello.
  • Martes 30: Pazolandia
Imprescindible anotarse no concello antes do 26 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados
  • Luns 5 de xaneiro: Visita dos Reis Magos
Ás 12.00 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XV Concurso de Postais
  • XV Concurso de postais
Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. Todos os participantes terán un agasallo.
O prazo para presentar as postais  remata o 2 de xaneiro

domingo, 14 de diciembre de 2014

miércoles, 10 de diciembre de 2014

II Curso de tecido con tear

O sábado 13 de decembro ás 5 da tarde, as mulleres da asociación Os Picotiños poderán asistir á segunda parte do curso de tecido con tear maia, que nesta ocasión se impartirá no local social de Esgos.

Trátase dunha continuación do curso que xa se impartiu no mes de marzo, así que as participantes deberán traer o seu tear e as suas madeixas de la.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Presentación do libro "Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz - Maceda

Hoxe presentouse en Esgos a monografía Nº 2 da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda. Interviron Jose Antonio Gavilanes Blanco, autor do libro e Miguel Losada, secretario da SAGA. 

Ó acto, que asitiron unhas 60 persoas había alcaldes dos concellos que saen no libro, familiares, amigos e veciños.

lunes, 1 de diciembre de 2014

Charla sobre hábitos nutricionais

O pasado sábado as mulleres da asociación "Os Picotiños" puideron asistir a unha charla-coloquio sobre hábitos nutricionais a cargo da Escuela de Salud Félix Delgado, de Ourense.

Esta charla é unha das últimas actividades organizadas pola asociación para este ano. No mes de decembro levarase a cabo a segunda edición do taller de tecido con tear.







jueves, 27 de noviembre de 2014

Mes do puzzle



Novembro está a ser o mes do puzzle na biblioteca. Comezamos facendo pequenos puzzles de Os Bolechas, de animais, etc, pero agora xa nos atrevemos con algunhos de 400 pezas.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Presentación da monografía "Petróglifos inéditos da comarca de Ourense e Allariz-Maceda"


O venres 5 de decembro ás 20:30 horas presentarase no Centro Cultural "Parada Justel" en Esgos, a monografía Nº2 da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega): Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda, de José Antonio Gavilanes.

Intervirán José Antonio Gavilanes, autor do libro e  Miguel Losada, secretario da SAGA.

Esta monografía, na que aparecen petróglifos de Esgos pódese consultar xa na biblioteca.

martes, 25 de noviembre de 2014

25 de novembro: Dia Internacional contra a violencia de xénero

O presentador Xose Ramón Gayoso e o humorista David Amor poñen rostro á campaña da Xunta contra a violencia de xénero



lunes, 24 de noviembre de 2014

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Libros de Geronimo Stilton


Ampliamos o catálogo da biblioteca coa compra dun pequeno lote de libros de Geronimo Stilton, que seguro serán do agrado dos pequenos lectores.

lunes, 17 de noviembre de 2014

Compostaxe doméstica

Sogama continúa o seu programa de compostaxe doméstica entre outros, no concello de Esgos.

A compostaxe doméstica non é outra cousa que a reciclaxe dos restos orgáncicos do fogar, converténdoos nun abono natural que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.

Os veciños interesados en participar no programa deberán solicitalo nas oficinas municipais e se cumpren os requisitos esixidos por Sogama e se comprometen co programa, recibirán un compostador.

Dispoñemos de unidades limitadas de compostadores, así que se asignarán ós veciños por orde de solicitude.

sábado, 15 de noviembre de 2014

Fotos do taller de defensa pesonal

A asociación de mulleres "Os Picotiños" impartíu hoxe un curso de defensa persoal moi interesante.


Aprenderon sobre autoestima, evitar os conflictos, evitar os perigos e a defenderse dun posible ataque.

lunes, 10 de noviembre de 2014

Próximas actividades da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños"

A asociación "Os Picotiños" fai un resumo das actividades levadas a cabo durante este ano:

E faltan por realizar:
  • Xornada de defensa persoal (sábado 15 de novembro)
  • Xornada sobre hábitos nutricionais (sábado 29 de novembro)
  • Taller de tecido con tear (II) (sábado 13 de decembro)

Estas actividades son exclusivas para socias. Xa sabes, faite socia e participa!


viernes, 7 de noviembre de 2014

Excursión á comarca do Ribeiro

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, promove o proxecto "Coñece a provincia de Ourense", para a dinamización turística da provincia. Dentro deste proxecto, organízanse excursións a distintos xeodestinos da provincia, no noso caso, visitaremos a comarca do Ribeiro - Carballiño.

  • Data: domingo 23 de novembro
  • Horario: saída ás 10 horas de Esgos e regreso ás 19 horas
  • Inclúe: autocar, guía e degustación de productos da zona
  • Prezo: gratuito

Inscricións ata o xoves 20 de novembro nas oficinas municipais. Reservaránse as prazas por orde de inscrición.

jueves, 6 de noviembre de 2014

Obradoiro de autodefensa

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero e pola conmemoración deste dia, a Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" convoca a todas as socias a un obradoiro de autodefensa.


  • Data: sábado 15 de novembro
  • Horario: de 17:00 a 19:00 horas
  • Lugar: Centro Cultural Parada Justel, en Esgos




viernes, 31 de octubre de 2014

Activiades do Samaín

Hoxe celebramos o Samaín. Reunímonos todos no centro cultural Parada Justel para preparar as bolsas de papel nas que despois gardaríamos todos os caramelos recollidos.

Visitamos a residencia de maiores, os bares e as casas dalgunhos veciños, onde recollemos caramelos, galletas, gusanitos, gominolas...


Os nenos e nenas desfrutaron moito, e os maiores tamén!
Podedes ver todas as fotos no facebook do Concello Esgos.

jueves, 23 de octubre de 2014

Samaín


Este ano temos preparado para o samaín un tarde que esperamos sexa moi divertida: Truco ou Trato por Esgos. 

Truco ou trato? é un xogo que se celebra o 31 de outubro cando comeza a escurecer e consiste en que os nenos se disfrazan con motivos terroríficos e chaman á porta dos veciños, e cando lle abren a porta din en voz alta: truco ou trato? O dono da casa deberá darlles dulces a cada un dos nenos para selar o trato, senón lles da nada, poderán facerlle un pequeno truco o travesura.

Os nenos e nenas que queiran asistir deberán comunicalo previamente na biblioteca.
  • Data: venres 31 de outubro
  • Horario: de 18:00 horas 
  • Lugar: local social de Esgos
Antes de visitar ós veciños, decoraremos bolsas de papel que utilizaremos despois para levar os caramelos que consigamos. 
Agradeceríamos que os veciños que queiran participar neste xogo tamén o comuniquen na biblioteca para que visitemos a sua casa.

lunes, 20 de octubre de 2014

Préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas



GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas (ficción, informática, historia, ocio etc.) e para todas as idades.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné. Se xa tes tarxeta de lector/a é necesario que cubras o formulario de inscrición para rexistrarte como usuario de GaliciaLe
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.


martes, 7 de octubre de 2014

Asesoramento on-line para mozos e mozas e persoas vinculadas a eles


Os centros Quérote+, como seguramente xa saben, teñen entre os seus servizos o asesoramento on-line a través da web de Xuventude.net. Os mozos e as mozas, e as persoas vinculadas coa mocidade (familias, educadores/as, monitores/as, profesorado, etc.), poden formular as consultas que desexen a través desta vía e ter unha resposta en menos de 48 horas. 

O servizo garante a confidencialidade, o anonimato e por suposto é de balde. As persoas que empreguen ese servizo terán á súa disposición un equipo profesional que informará e asesorará de forma profesional as consultas que reciba sobre as temáticas que se abordan (sexualidade e afectividade, imaxe corporal, convivencia, uso das Tic’s e consumo de substancias). 


Centro Quérote+ Ourense (Casa da Xuventude - R/Celso Emilio Ferreiro,27 - Tfno: 988 23 14 70)

jueves, 2 de octubre de 2014

Colaboración con la red de Infocentros en el Uruguay

La semana pasada se pusieron en contacto con nosotros, a través del correo electrónico del telecentro, desde la red nacional de espacios de inclusión digital del Uruguay denominada: "Uruguay - Sociedad de la Información" (USI) para solicitarnos colaboración para una actividad de intercambio de experiencias en temas de interés mutuo, a la que accedimos gustosos.



El contexto de la colaboración es el siguiente: 
En el Uruguay están impartiendo cursos de capacitación para responsables de centros comunitarios y se les está tratando de mostrar la importancia de comunicarse con centros de otros países a efectos de intercambiar experiencias relevantes. Para ello buscaron telecentros de España dispuestos a colaborar.

Nuestra colaboración consistió en responder a las preguntas planteadas (métodos seguidos en la alfabetización informática de adultos, seguridad en internet, niños en los telecentros, etc) demostrando a los estudiantes de Uruguay con este ejercicio, que es posible que los telecentros de un país puedan dialogar con telecentros de otros países para compartir experiencias.

martes, 30 de septiembre de 2014

Clases de gaita e pandereta

A escola de gaita e percusión comeza un novo curso o sábado 4 de outubro. Os interesados en aprender ou mellorar os seus coñecementos de gaita, pandeireta, etc poderán participar nesta nova edición.

As clases impártense no local de O Pinto os sábados ás 15.30 horas.

viernes, 26 de septiembre de 2014

"Contos do mundo" na biblioteca

Hoxe puidemos desfrutar na biblioteca do contacontos "Contos do mundo: Unha viaxe polo mundo a través dos contos. Este ano visitamos América Central" ó que asistiron 22 nenos e nenas.











Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.