jueves, 21 de marzo de 2013

Xuntanza de mulleres

O próximo día 13 de abril terá lugar unha xuntanza de mulleres que organiza a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", co fin de festexar o dia da Muller Traballadora.

As interesadas deberán anotarse antes do mércores 10 de abril no concello, na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.

Informarase das actividades para os vindeiros meses e haberá un pequeno agasallo para todas as asistentes.

  • Data: sábado 13 de abril
  • Hora: 22:00 h.
  • Local: Restaurante Casa Sacra (O Pinto - Esgos)
  • Prezo: 15 € as socias e 20 € as non socias.
¡¡¡Pasaremos un bo rato xuntas!!!

martes, 19 de marzo de 2013

Dia do pai

Hoxe, polo día do pai, os nenos que acudiron á biblioteca colorearon adornos para colocar na porta das súas casas, nos que se podía ler que "nesta casa vive o mellor papá do mundo"


Esperemos que ós papás lle guste!!

martes, 5 de marzo de 2013

Dilema

Esta semana propoñemos ademáis da actividade do inxenio, un pequeno dilema:

«Un padre y un hijo sufrieron un grave accidente, el padre murió y el hijo resulto malherido. Fue trasladado a un hospital para operarle, pero el cirujano al verle comento: ¡no le puedo operar, es mi hijo!»

¿Xa tés a solución? É fácil, pero ¿foi a primeira solución que se che pasou pola cabeza? ¿A que da que pensar?

Si non se che ocurre nada, dámosche unha pista: o venres 8 de marzo é o día da muller.

Solución: El cirujano es la madre. 

viernes, 1 de marzo de 2013

Ioga da risa


A risa aporta múltiples beneficios: Rexuvenece, elimina o estrés, as tensións, a ansiedade, a depresión, o colesterol, adelgaza, alivia a dor...
Ofrecemos un espazo onde os participantes poden desfrutar do instante presente, conectándose coa emoción e co neno que aínda somos: libre, espontáneo e creativo.

DÍA: OS MARTES
LUGAR: LOCAL SOCIAL LOBACES
HORARIO: 16.00 A 17.15 h.
DESTINATARIOS: Tódalas persoas interesadas na actividade.

Esta actividade comeza o martes 5 de marzo.
Máis información na casa do Concello.