jueves, 18 de marzo de 2010

Carné Xove

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive, interesados en conseguir o Carné Xove só teñen que cubrir un impreso de solicitude no concello, presentar o DNI e pagar 6 €.

Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na guía carné xove euro<30, que se entrega gratuitamente con carné.

Este carné ten unha vixencia de dous anos a partir da súa expedición.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Carné da biblioteca

Como xa comentamos noutras entradas dende o portal da Rede de Bibliotecas de Galicia pódese:
Para algunhos trámites, como por exemplo reservar libros é necesario ter carné da biblioteca, así que si ainda non o tes podes solicitalo na biblioteca ou a través da web.

Para facer a solicitude do carné online hai que entrar na web da nosa biblioteca. Elexiremos do menú da esquerda a penúltima opción "xestións en liña" e despois "solicitude de carné". So teremos que cubrir o formulario e envialo.

Si nalgún momento tiveches carné da biblioteca non tes que solicitar un novo xa que están todos rexistrados.

Anímate e faite socio da biblioteca, é gratis!!!

Ler máis sobre a biblioteca.

martes, 16 de marzo de 2010

Reserva de exemplares dende a web da biblioteca

Dende a web da "Rede de bibliotecas de Galicia" pódese acceder á Biblioteca de Esgos e consultar o catálogo de libros dispoñibles, pero tamén se poden reservar exemplares.

Na entrada "A biblioteca en intenet" xa se explicou cómo se accede a biblioteca virtual e na entrada "Búsqueda no catálogo da biblioteca" explicouse cómo se buscan libros no catálogo, así que unha vez que temos localizado o libro premeremos en "Reservar exemplar":





Abrirase unha páxina na que debemos introducir o número de carnet da biblioteca e un contrasinal. Si o facemos correctamente obteremos unha mensaxe indicando que está feita a reserva.



O número de carnet do lector e o contrasinal debe solicitarse na biblioteca ou a través das seguintes direccións de correo: esgostelecentro@gmail.com ou ben esgos@rbgalicia.org
Ler máis sobre a biblioteca

lunes, 15 de marzo de 2010

Búsqueda no catálogo da biblioteca

Para acceder á biblioteca virtual do concello seguiremos os pasos explicados en "a biblioteca en internet " ou directamente pinchando eiquí
Podemos buscar no catálogo por: título, autor, materia, etc, simplemente elixindo a opción que queiramos e escribindo no recuadro o título ou o nome do autor por exemplo.



Cando non sabemos moi ben o que buscamos podemos poñer unha letra e mostraránse todos os títulos que comezan por esa letra. O mesmo ocurre cos autores, materias, etc.

Se buscamos por autor, estes aparecerán ordenados alfabéticamente polo primeiro apelido.

Á hora de buscar por título hai que ter en conta que se un título comeza por un artigo (unhos, a, o...) deberemos buscar pola seguinte palabra, por exemplo, se buscamos o título "Unha ricahembra" deberemos poñer "ricahembra". Por desgracia a biblioteca non está perfectamente catalogada e algunhos títulos si que comezan polo artigo.

Por esto último tamén é moi interesante a opción "buscar por". Se eleximos "frase ou texto" en vez de "lista alfabética" non teremos que preocuparnos dos artigos.


Unha vez que prememos no botón da lupa para buscar, mostrarase un listado:



Para ver máis detalles dun título en concreto, pincharemos nel:


Tamén se pode deixar un comentario ou unha opinión sobre o libro premendo en "enviar opinión".
Ler máis sobre a biblioteca

martes, 9 de marzo de 2010

Cea do "dia da muller traballadora"



O sábado pasado reuníronse 40 veciñas do concello para celebrar xuntas o día da muller.

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organizou unha cea no restaurante Os Caracoles, na Derrasa. Ó rematar a cea, como ven sendo costume, houbo baile e todas recibimos un agasallo de parte da organización.



Esta cea cada ano é mellor !!!!

martes, 2 de marzo de 2010

Domingo cultural

Dende o Curso-Taller de Neuropsicología - Área Memoria que se está celebrando no concello propúxose un "roteiro cultural" para o vindeiro domingo día 7 no que pode participar calquera veciño e que consiste en:

  • 16.00 horas: Saída dun autobús de O Pinto, por Tarreirigo, Esgos, Pardeconde, Touza, Melón, Quinta, Gomariz e Rocas.
  • 17.00 horas: Mosteiro de San Pedro de Rocas e ó Centro de Interpretación da Ribeira Sacra
  • 18.45 horas: Centro Cultural da Deputación de Ourense: Exposición do Escultor Paco Pestaña
  • 20.00 horas: Concerto na Igrexa de Santa Eufemia a Real do Centro de Mika Väyrynen
Os interesados deberán anotarse nos Servizos Sociais do concello (988290000 - Silvia)

miércoles, 24 de febrero de 2010

Cea de mulleres

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 6 marzo unha cea dirixida a tódalas mulleres do municipio.
  • Lugar: Restaurante "Os Caracoles"
  • Data: Sábado, 6 de marzo
  • Hora: 22.00 h.
  • Prezo: 20 € (socias); 30 € (non socias)
As interesadas deberán inscribirse antes do 4 de marzo nos Servizos Sociais do concello (Angeles), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.

lunes, 15 de febrero de 2010

Entroido 2010


Pódense ver as fotos do entroido 2010 na web concello, tanto as dos felos como as do concurso de disfraces do domingo de entroido.
O xurado decidiu que os gañadores do concurso foran:

Primeiro premio: "O faraón e familia..."



Segundo premio: "Os poliños"

Terceiro premio: "Os romanos"


O premio ó mellor grupo reducido foi para "A familia pirata":



martes, 9 de febrero de 2010

Dia de Internet Seguro

Hoy se celebra el Dia de Internet Seguro con el objetivo de promover, sobre todo entre los jóvenes el uso responsable y seguro de las nuevas tecnologías.
Este año el evento está dedicado a la gestión de imágenes y contenidos en Internet, con el eslogan "Piénsalo Antes" que pretende concienciar de las consecuencias de la publicación de fotografías en Internet.

Aprovechamos para recordaros unos consejos sobre privacidad:
  • No cuelgues fotos "atrevidas" porque esa foto ya no será sólo tuya, sino de todo el mundo.
  • Hacerse pasar por otra persona usando su foto para crear un perfil no es un comportamiento aceptable y puede tener consecuencias legales.
  • No todo lo que se ve en Internet en cierto y muchas fotos están manipuladas.
  • No puedes publicar la foto de alguien sin su permiso.
  • Es recomendable no publicar datos personales como nombre, dirección, teléfono, etc.
  • Ponerse en contacto con desconocidos puede ser peligroso.
En internetsegura2010.com puedes ver el spot de la campaña y en protegeatushijos.com unos vídeos muy instructivos para los más pequeños.

lunes, 1 de febrero de 2010

Desfile de entroido 2010


Data: Domingo 14 de Febreiro
Hora: 17:00 h
Lugar: Praza da Souteira (Esgos)

Participarán no desfile de "Entroido 2010" os felos, as carrozas e todos os que acudan disfrazados. A música correrá a cargo dunha charanga.

Ó rematar o desfile, haberá merenda para os nenos que acudan disfrazados.



Premios concurso:
  • Mellor individual: 40 €
  • Mellor grupo reducido (ata 8): 60 €
Premio especial carrozas e grupos numerosos:
  • 1º clasificado: 100 € + Xamon
  • 2º clasificado: 100 € + Cachucha
  • 3º clasificado: 80 € + Lacon
  • 4º clasificado: 60 € + 2 Codillos
Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no Concello antes do día 12 de Febreiro