viernes, 22 de enero de 2010

A biblioteca en Internet

A biblioteca do concello forma parte da "Rede de bibliotecas de Galicia" e un dos benefecios que esto supón é que a través da web www.opacmeiga.rbgalicia.org pódese consultar o catálogo de libros dispoñibles, reservar libros...

Consultar o catálogo é tan sinxelo como:
  1. Acceder á web www.opacmeiga.rbgalicia.org
  2. Elexir a Provincia (Ourense), Comarca (Ourense), Concello (Esgos).
  3. "Entrar na Biblioteca"

Unha vez dentro da web da biblioteca de Esgos poderemos buscar libros por título, autor, materia... E tamén reservar libros, deixar a nosa opinión sobre os libros que lemos, etc.


Aínda nos faltan libros por catalogar, pero xa te podes achegar ata a biblioteca e ver o material que temos á vosa disposición:
  • Infantil: libros de contos, aventuras, natureza, animais, comics...
  • Adultos: novelas, historia, cociña, medicina, arte, cine, galicia...
Anímate a ler!!!

No hay comentarios: