lunes, 15 de marzo de 2010

Búsqueda no catálogo da biblioteca

Para acceder á biblioteca virtual do concello seguiremos os pasos explicados en "a biblioteca en internet " ou directamente pinchando eiquí
Podemos buscar no catálogo por: título, autor, materia, etc, simplemente elixindo a opción que queiramos e escribindo no recuadro o título ou o nome do autor por exemplo.



Cando non sabemos moi ben o que buscamos podemos poñer unha letra e mostraránse todos os títulos que comezan por esa letra. O mesmo ocurre cos autores, materias, etc.

Se buscamos por autor, estes aparecerán ordenados alfabéticamente polo primeiro apelido.

Á hora de buscar por título hai que ter en conta que se un título comeza por un artigo (unhos, a, o...) deberemos buscar pola seguinte palabra, por exemplo, se buscamos o título "Unha ricahembra" deberemos poñer "ricahembra". Por desgracia a biblioteca non está perfectamente catalogada e algunhos títulos si que comezan polo artigo.

Por esto último tamén é moi interesante a opción "buscar por". Se eleximos "frase ou texto" en vez de "lista alfabética" non teremos que preocuparnos dos artigos.


Unha vez que prememos no botón da lupa para buscar, mostrarase un listado:



Para ver máis detalles dun título en concreto, pincharemos nel:


Tamén se pode deixar un comentario ou unha opinión sobre o libro premendo en "enviar opinión".
Ler máis sobre a biblioteca

No hay comentarios: