martes, 16 de marzo de 2010

Reserva de exemplares dende a web da biblioteca

Dende a web da "Rede de bibliotecas de Galicia" pódese acceder á Biblioteca de Esgos e consultar o catálogo de libros dispoñibles, pero tamén se poden reservar exemplares.

Na entrada "A biblioteca en intenet" xa se explicou cómo se accede a biblioteca virtual e na entrada "Búsqueda no catálogo da biblioteca" explicouse cómo se buscan libros no catálogo, así que unha vez que temos localizado o libro premeremos en "Reservar exemplar":





Abrirase unha páxina na que debemos introducir o número de carnet da biblioteca e un contrasinal. Si o facemos correctamente obteremos unha mensaxe indicando que está feita a reserva.



O número de carnet do lector e o contrasinal debe solicitarse na biblioteca ou a través das seguintes direccións de correo: esgostelecentro@gmail.com ou ben esgos@rbgalicia.org
Ler máis sobre a biblioteca

No hay comentarios: