lunes, 28 de abril de 2008

Charla informativa sobre acollemento familiar temporal

A AAVV Rocas tiña convocada para o pasado venres, 25 de abril ás 18:30 horas no centro social de Esgos, unha charla informativa sobre acollemento infantil temporal, pero houbo un cambio de última hora e a charla tivo que desenrolarse noutro lugar.


Mónica Devesa, traballadora social de Cruz Vermella e coordinadora deste programa, faloulles ós asistentes, do acollemento temporal (dende fins de semana ata un mes) de nenos e rapaces.
Estes rapaces pertencen a familas que atravensan dificultades e que neste momento non se poden facer cargo deles, de ahí ó carácter de "acollemento temporal".

Esperemos que alguén se anime a participar no programa.

miércoles, 23 de abril de 2008

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro e dende o telecentro queremos animarvos a que nos contedes qué libro estades lendo ou ides ler, ou cal nos recomendades.

A continuación podedes ver a lista dos 10 libros más vendidos no que vai de ano:

Ficción:
  • El asombroso viaje de Pomponio Flato, de Eduardo Mendoza
  • El niño con el pijama de rayas, de John Boyne
  • Un mundo sin fin, de Ken Follett
  • Harry Potter y las reliquias de la muerte. VII Parte, de J.K. Rowling
  • Te daré la tierra, de Chufo Lloréns

No Ficción:
  • El secreto, de Rhonda Byrne
  • El encantador de perros, de César Millán
  • El príncipe y el rey, de José García Abad
  • Convivir: El equilibrio en las relaciones de pareja, familiares y laborales, de Luis Rojas Marcos
  • Un burka por amor: La emotiva historia de una española atrapada en Afganistán, de Reyes Monforte

domingo, 20 de abril de 2008

Unha partida de Pictionary

Onte pola tarde votamos unha improvisada partida ó pictionary no telecentro, pero cambiando un pouco o método do xogo: en vez de debuxar en papel, había que debuxar no ordenador, usando o Paint. Este detalle complicou un pouco a cousa, porque non é tan fácil debuxar con rato.



Ó final gañaron os mellores...

jueves, 17 de abril de 2008

Cursos de alfabetización Informática II

Esta semana comezaron dous novos cursos para completar a formación dos alumnos que participaran nos anteriores cursiños de alfabetización informática.

Os alumnos, na súa maioría mulleres, repasaran as técnicas aprendidas no módulo anterior e profundizarán no manexo do procesador de textos e as carpetas, ademáis de aprender a grabar información en cds e a pasar fotografías da cámara dixital ó ordenador.
Seguiremos tamén practicando co correo electrónico e buscando información en internet.

jueves, 10 de abril de 2008

Entrega de diplomas

Onte pola noite os alumnos da terceira convocatoria de cursos de alfabetización informática decidiron "celebrar" o fin de curso tomando unhos pinchos no Agarimo.
Aínda que non puideron estar todos, pasamos un rato moi agradable.



Como xa ven sendo costume, cada un recibiu o seu diploma.



lunes, 31 de marzo de 2008

Suxerencias

Dende o concello e as asociacións seguro que agradecen que os veciños lles conten que tipo de actividades, cursos, talleres... lles gustaría facer.
Con esa intención abro esta entrada, para que comentedes o que realmente vos interesa.

lunes, 24 de marzo de 2008

Clases de bailes latinos

Hola,
A Asociación de Veciños Rocas e a Asociación Rezomilo de Vilar puxeron en marcha con moito éxito de participación, un curso de bailes latinos que se prolongará durante tres meses.

As clases son os martes e os xoves de 21:15 a 22:00 e teñen un custo de 5 euros mensuais. Os primeiros días acudiron moitas mozas e mulleres, pero co paso dos días, vánse animando os homes.


jueves, 13 de marzo de 2008

Nova convocatoria de axudas para mercar ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para fomentar o uso das novas tecnoloxías da información e comunicación polos alumnos e alumnas e polas familias, convoca unhas novas axudas para a adquisición dun ordenador personal, portatil ou de sobremesa.

¿Para quen son?
  • Para as familias con menos recursos e que non tiveran concedida unha axuda nas convocatorias anteriores. Os ingresos familiares anuais non poden superar os 25.000 euros, unha vez calculados segundo establece o artigo 5.2. da orde de convocatoria.
  • Para o alumnado que estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos nalgún dos cursos de educación primaria ou da ESO.

¿Onde solicitalas?

  • Cubrir a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasord, imprimilos e asinalos.
  • Levar o anexo I ó centro educativo co fin de que certifique en que curso está matriculado o alumno ou alumna.

¿Cal é o prazo para presentar as solicitudes ?

  • O prazo vai dende o 11 de marzo ó 10 de abril de 2008

Características das axudas

  • Axuda única de 300 euros por familia

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasord, no telecentro ou no concello.

martes, 11 de marzo de 2008

Cea do Dia Internacional da muller traballadora

O sábado 8 de marzo as mulleres do concello celebraron o dia internacional da muller traballadora cunha cea no restaurante Alto do Couso organizada pola asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", coa colaboración das traballadoras do concello. As socias pagaron 15 euros, mentres que as non socias tiveron que abonar 20 euros.
Asistiron ó redor de 60 mulleres de todas as idades, que cearon e bailaron ata as 2:30 da mañá.




Esperemos que para o ano se anime máis xente.

martes, 26 de febrero de 2008

Taller de manualidades

A Asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" rematou o taller de arte floral que estaban a impartir os sábados pola tarde, no que as alumnas aprenderon a facer bonitos centros de flores, naturais e secas.



E para que non se aburran, acaban de empezar outro taller de manualidades (pintura, restauración, pintura en tellas, etc) os sábados pola tarde, que está a ter moito éxito.