¿Para quen son?
- Para as familias con menos recursos e que non tiveran concedida unha axuda nas convocatorias anteriores. Os ingresos familiares anuais non poden superar os 25.000 euros, unha vez calculados segundo establece o artigo 5.2. da orde de convocatoria.
- Para o alumnado que estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos nalgún dos cursos de educación primaria ou da ESO.
¿Onde solicitalas?
- Cubrir a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasord, imprimilos e asinalos.
- Levar o anexo I ó centro educativo co fin de que certifique en que curso está matriculado o alumno ou alumna.
¿Cal é o prazo para presentar as solicitudes ?
- O prazo vai dende o 11 de marzo ó 10 de abril de 2008
Características das axudas
- Axuda única de 300 euros por familia
Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasord, no telecentro ou no concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario