lunes, 31 de marzo de 2008

Suxerencias

Dende o concello e as asociacións seguro que agradecen que os veciños lles conten que tipo de actividades, cursos, talleres... lles gustaría facer.
Con esa intención abro esta entrada, para que comentedes o que realmente vos interesa.

4 comentarios:

María. Telecentro de Esgos dijo...

Eiquí deixo algunhas das suxerencias que fixeron os rapaces a semana pasada, para que tomen nota as asociacións, o concello e a comisión de festas:

Concurso de maquetas de madeira
Carreira de carrilanas
Festa de espuma
Campeonato de futbolín, billar,etc.
Taller de pintura en camisetas
Partido de waterpolo, en lugar de carreiras de natación

Anónimo dijo...

Ós que disfrutamos e xogamos na praza da Souteira os fins de semana gustarianos atopala algunha vez libre. Con libre queremos dicir sen automóbiles.
Porque é un pouco complicado xogar ó balón esquivando ós contrarios e ós vehículos.
E non contentos con eso, temos que aguantar que "algunha do taichi" nos rife por xogar onde temos instaladas as porterías e onde non se debería meter os coches.

Anónimo dijo...

Que deportes se poden practicar en Esgos?
Futbol, na Souteira cando non hai coches.
Tenis, na piscina, se non fai moita calor.
Natación, no verán.
E que me dicides do baloncesto? Sería moito pedir unha canasta? xa non dicimos dúas por non meterse en moito gasto.
Estamos enterados de que as canastas vellas que se retiraron da souteira estanse a pudrir na granxa vella. Non se poderían reciclar estas canastas que é máis barato?

Anónimo dijo...

Eu prometo non aparcar cando xoguedes,