Bo Nadal!
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
jueves, 22 de diciembre de 2016
Horario Nadal
Dende o venres 23 de decembro ata o 8 de xaneiro a biblioteca estará pechada polas tardes e abrirá polas mañás, de 11 a 13 horas.
miércoles, 14 de diciembre de 2016
PROGRAMA “ESQUIOU 2017"
A Deputación de Ourense promove un ano máis, en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda, o programa “Esquiou 2017” que pretende achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense.
- Participantes: nenos e nenas nacidos na proviencia de Ourense entre 1 de xaneiro 2005 e o 31 de decembro de 2008
- Actividades: “Esquiou” ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da estación, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias
- Duración: dúas noites e tres días de luns a mércores.
- Inscricións: dende hoxe ata o 15 de xaneiro de 2017 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es.
- Custe: Cada participantes deberá aboar unha cantidade de 29 euros. Unha vez realizada a preinscrición realizaranse os grupos por quendas, sendo o método de selección dos participantes por orde de inscrición.
viernes, 9 de diciembre de 2016
VI Torneo Nadal Ben-Cho-Shey
O sábado 17 de decembro ás 17:00 horas disputarase o VI Torneo Nadal Ben Cho Shey no Centro Cultural Parada Justel en Esgos.
Inscricións ata o 14 de decembro no correo benchoshey@hotmail.com ou no teléfono 657645380 indicando nome completo, club e categoría. Límite de prazas: 100.
Premios para os tres primeiros clasificados e campiona feminina de cada categoría. Sorteo de regalos entre todos os xogadores.
No descanso haberá chocolate e bica para todos!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2016
Actividades do Nadal
- Campaña de recollida de alimentos e xoguetes
¿Queres colaborar na campaña “Por un Nadal Feliz para todos” que organizan as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil? Na biblioteca recolleremos alimentos (preferiblemente non perecedeiros: aceite, leite, pastas, legumbres, etc) e tamén xoguetes en bo estado.
- Concerto de Nadal
Actuación da banda de gaitas e a escola de gaita no centro Cultural Parada Justel. DOMINGO 18 DE DECEMBRO ÁS 17:30 HORAS
- Pazolandia
Imprescindible anotarse no concello antes do 23 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados
MARTES 27 DE DECEMBRO
- XVII Concurso de postais
Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 30 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data.
Todos os participantes terán un agasallo.
- Visita dos Reis Magos
Ás 11.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XVII Concurso de Postais
XOVES 5 DE XANEIRO
lunes, 5 de diciembre de 2016
Doazón de sangue
O martes 13 de decembro a unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará situada ó carón do centro de saúde de Esgos entre as 12:30 e as 14:00 horas.
¿Queres saber si podes ser doante?
miércoles, 30 de noviembre de 2016
Campaña de recollida de alimentos e xoguetes
As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense van levar a cabo este Nadal, xunto co banco de alimentos, unha "CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES" en casas do concello, supermercados, colexios, asociacións de veciños, etc.
A AVPC do Concello de Esgos vai colaborar nesta campaña e a biblioteca municipal será o PUNTO DE RECOLLIDA donde poderás deixarnos Alimentos (preferiblemente non perecedeiros: aceite, leite, pastas, legumbres, etc) e tamén Xoguetes en bo estado.

lunes, 21 de noviembre de 2016
Dia internacional contra a violencia de xénero na biblioteca
A asociación Xarela estivo hoxe na biblioteca informando ós usuarios sobre a violencia de xénero por mor do día internacional contra a violencia de xénero.
Repartiron información e lazos brancos para conmemorar este dia.
Repartiron información e lazos brancos para conmemorar este dia.
lunes, 14 de noviembre de 2016
Dia Internacional contra a Violencia de Xénero
Co gallo da celebración o vindeiro 25 de novembro do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero levaremos a cabo no concello unha serie de actividades organizadas por "Xarela Formación - Animación".
- Data: luns 21 de novembro
- Horario: 16:00 a 18:00 horas
- Lugar: Biblioteca Municipal
- Actividades: Mesa informativa, reparto de folletos e lazos e exposición sobre a problemática da violencia de xénero.
- Destinatarios: todos os públicos.
martes, 18 de octubre de 2016
Samaín
O venres 28 de outubro ás 18:30 horas, na praza da Souteira. Para participar é imprescindible inscribirse no concello ou na biblioteca antes do xoves 27
jueves, 13 de octubre de 2016
Curso de formación especializada para mujeres rurales
El lunes 24 de octubre comenzará en Esgos un curso de formación especializada para mujeres rurales, que se impartirá de 18:00 a 19:30 horas.
Fechas: 24 e 31 de octubre, 7, 14, 21 y 28 de noviembre
Contenidos:
Ejercicios de memoria
Clasificación de los alimentos
Planificación de tablas de menús equilibrados
Recomendaciones y contraindicaciones
Ejercicios saludables
Rol del hombre en la participación social frente al rol de la mujer
Derechos y deberes estereotipados
Más información en los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Esgos o en la Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños.
Fechas: 24 e 31 de octubre, 7, 14, 21 y 28 de noviembre
Contenidos:
- Actividad mental
Ejercicios de memoria
- Alimentación
Clasificación de los alimentos
Planificación de tablas de menús equilibrados
- Actividad física
Recomendaciones y contraindicaciones
Ejercicios saludables
- Igualdad
Rol del hombre en la participación social frente al rol de la mujer
Derechos y deberes estereotipados
- Conclusión
Más información en los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Esgos o en la Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños.
martes, 11 de octubre de 2016
Escola de Xadrez

As clases impartiránse os xoves de 18:00 a 19:00 horas.
Custe da actividade: 9 €/mes
Esta actividade forma parte das Escolas Deportivas da Deputación de Ourense. Máis información nas oficinas municipais ou na biblioteca.
lunes, 3 de octubre de 2016
Curso de gaita e percusión
O vindeiro sábado 8 de outubro comeza o novo curso 2016/2017 de gaita e percusión. As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas en Esgos.
Os novos alumnos poden inscribirse no concello ou presentarse directamente o dia da presentación.
Os novos alumnos poden inscribirse no concello ou presentarse directamente o dia da presentación.
jueves, 29 de septiembre de 2016
Libros novos na biblioteca
Engadimos ao catálogo da biblioteca novos exemplares. Agardámoste na biblioteca!!
Gastronomía:
Gastronomía:
- Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos
- Novas lambetadas dunha larpeira feliz
- Astérix gladiador
- Astérix e os godos
- A volta á Galia de Astérix
- Inventario ilustrado de insectos
- Os ratos da casa
- Lobishome
- Os bolechas van en burro
- Os bolechas van nunha nave espacial
- Os bolechas van de voda
- Os bolechas van a Lolilandia
- Os bolechas van a un parque acuático
- Os bolechas van á neve
- Os bolechas van de hotel
- Os bolechas dormen na casa dos curmáns
- Os bolechas van en carriño
- Os bolechas ven unha moura
- Coñece estes animais e verás que son xeniais
- Cando medre —que ilusión—, que serei de profesión?
- Canta árbore e arbusto! Saír ao campo é un gusto!
- Observade o mundo atentos, pois hai inventos a centos
- O deporte é divertido. Escolle o teu preferido!
- Como nos gusta viaxar, por aire, por terra ou mar!
- O corpo acaba e comeza polos pés e a cabeza
- Os papacalcetíns
- A miña familia e outros animais
- Bechos e demais parentes
- As viaxes fantásticas de Jules Verne
lunes, 19 de septiembre de 2016
Divermaxia na biblioteca
O venres pasamos unha tarde de risa e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.
viernes, 9 de septiembre de 2016
Horario de inverno
O domingo 11 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal.
A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 12 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.
A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 12 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.
miércoles, 7 de septiembre de 2016
Consurso de consumo
A Escola Galega de Consumo trasladouse a mañá do 24 de agosto ao campamento urbano coas actividades do LecerConsumo.
Mentres que os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos escoitaron un conto e crearon un xoguete, os maiores, realizaron unha xincana e desopois gravaron un video para participar no concurso Planazo. O video reflexa un PLANAZO para este verán sen gastar un peso.
Podes votar antes do venres ás 14:00 horas para que gañe o equipo Esgos en https://www.facebook.com/escolagalegaconsumo/?fref=ts
lunes, 5 de septiembre de 2016
Divermaxia na biblioteca
Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ao espectáculo Divermaxia, o venres 16 de setembro ás 18:00 horas
Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
miércoles, 31 de agosto de 2016
Excursión a Combarro para mozos e mozas
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Esgos organiza para o domingo 18 de setembro unha excursión a Combarro (Pontevedra) para mozos e mozas de entre 15 e 35 anos.
As inscricións poden facerse nas oficinas municipais, na biblioteca, por correo electrónico ou a través do facebook do Concello antes do 12 de setembro. A reserva de prazas farase por riguro orde de inscrición, con preferencia para os empadroados neste concello.
Prezos: 20 € para os empadroados e 25€ non empadroados.
Inclúe: viaxe en autobús, visita pola vila de Combarro, ruta en barco pola ría e tempo de lecer.
Non inclúe o xantar.
lunes, 29 de agosto de 2016
Tarxeta xente nova
Dende hoxe xa se pode solicitar a TARXETA XENTE NOVA, que lle permitirá aos mozos entre 4 e 18 anos realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas no transporte metropolitano de Galicia.
Toda a información publícase en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e
Toda a información publícase en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e
martes, 23 de agosto de 2016
Lecer consumo, no campamento de verán
LecerConsumo é o programa que desenvolve a Escola Galega de Consumo nos meses de verán.
"Neste verán, un consumo responsable e un lecer san" é o lema de LecerConsumo para o 2016, centrado nas actividades de lecer saudable como alternativa de lecer no verán.
O programa consta de catro actividades diferentes segundo a idade das persoas destinatarias, e no campamento de verán de Esgos levaránse a cabo as seguintes:
O XOGAR NON TEN CANCELAS
Idade: 3 a 7 anos.
Duración: 45 minutos.
Descrición: Narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso mercar xoguetes para disfrutar do lecer. A continuación os nenos e nenas crean o seu propio xoguete (unha marioneta que representa unha personaxe do conto narrado previamente).
NO VERÁN, UN LECER RESPONSABLE ESTÁ NA TÚA MÁN
Idade: 8 a 12 anos.
Duración: 1 hora e 30 minutos.
Descrición: Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas, nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. A continuación, cada grupo deseña un plan de ocio ("o planazo"), propoñendo unha xornada de lecer que inclúa alternativas de lecer responsable e dieta equilibrada con produtos locais. O resultado final gravarase nun vídeo, que participará nun concurso a través do Facebook da Escola Galega de Consumo.

miércoles, 10 de agosto de 2016
Campeonato Provincial Ajedrez Activo Copa Diputación
El sábado 20 de agosto a las 17:00 horas se celebrará en Esgos el Campeonato Provincial Ajedrez Activo - Copa Diputación.
Inscripciones en el correo electrónico benchoshey@hotmail.com o en el whatsapp 657645380 antes del 19 de agosto a las 20:00 horas.
sábado, 6 de agosto de 2016
viernes, 5 de agosto de 2016
Visitas teatralizadas a San Pedro de Rocas
O teatro chega ao Mosteiro de San Pedro de Rocas a través de visitas teatralizadas tódolos mércores e sábados, dende o día 6 de agosto ao 17 de setembro, ás 22.00 horas.
A representación consta de sete escenas ca particularidade de que se busca a interactuación cos espectadores, cunha duración aproximada de 55 minutos.
Os interesados en asistir a estas visitas, poderán facelo de forma gratuíta inscribíndose previamente no número de teléfono do Concello de Esgos (988-290-000), ou no número de teléfono do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (988-317-895)

miércoles, 3 de agosto de 2016
jueves, 21 de julio de 2016
XVIII Feira de O Pinto
O sábado 6 de agosto celebrarase a XVIII edición da Feira Agro Ambiental de O Pinto.
Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.
Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.
miércoles, 20 de julio de 2016
Doar sangue
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.
Data: Xoves, 28 de xullo
Horario: De 12:30 a 14:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos
Data: Xoves, 28 de xullo
Horario: De 12:30 a 14:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos
martes, 19 de julio de 2016
Ponlle as pilas ao teu bocata
Os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos poderán participar en Esgos na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" da Consellería do Mar.
"Ponlle as pilas ao teu bocata" é un obradoiro lúdico que contempla actividades informativas, xogos e sobre todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.
- Data: mércores 3 de agosto
- Hora: 10:30 horas
- Lugar: Praza da Souteira, Esgos
Para poder participar é imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 29 de xullo.
martes, 5 de julio de 2016
Comeza o campamento de verán
Esta semana comezamos o campamento de verán, un servizo dirixido a nenos/as durante o verán co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Participan 30 nenos/as distribuidos por quincenas durante os meses de xullo e agosto
jueves, 23 de junio de 2016
Clausura do curso de xadrez
Onte clausurouse o curso de xadrez que puxo en marcha a Deputación de Ourense en Esgos.
Os nenos e nenas participantes recibiron un diploma e un trofeo pola sua participación.
miércoles, 22 de junio de 2016
Piscinas municipais
As piscinas municipais abrirán o xoves 23 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h
Como ben sendo costume o horario da biblioteca cambiará coa apertura das piscinas, así que a biblioteca durante o verán estará aberta de 11:00 a 14:00 horas a partir do luns 27 de xuño.
Como ben sendo costume o horario da biblioteca cambiará coa apertura das piscinas, así que a biblioteca durante o verán estará aberta de 11:00 a 14:00 horas a partir do luns 27 de xuño.
lunes, 20 de junio de 2016
Contos con Miró
O pasado venres puidemos desfrutar na biblioteca do obradoiro "Contos con Miró" dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito"
Despois de escoitar un conto, identificamos as personaxes, as paisaxes, etc para elaborar con todo elo un mural basado no surrealismo.
E este foi o resultado:
miércoles, 15 de junio de 2016
Campamento de verán
O Concello de Esgos desenvolverá un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2016 (xullo e agosto). Este programa comprende un conxunto de actividades destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Esgos:
- O servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras. O horario será de 9:00 a 10:30 horas
- O campamento de verán, dirixido a nenos e nenas empadroados neste concello e a nenos e nenas residentes neste concello durante o verán. O horario do campamento será de 10:30 a 13:30 horas
As prazas son limitadas e terán preferencia os nenos e nenas empadroados neste concello.
O prazo de inscrición ábrese o 15 de xuño e pecharase o 30 de xuño.
Máis información nas oficinas municipais e na biblioteca.
jueves, 9 de junio de 2016
Obradoiro de contos con Miró
Dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito", o venres 17 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca, os nenos e nenas de entre 6 e a12 anos poderán asistir ó "Obradoiro de contos con Miró".
martes, 7 de junio de 2016
Campamento Explora Ourense
Outro ano máis, o Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural do Xurés.
Este campamento, que está organizado por Sustinea e a Deputación de Ourense, desenvolverase do 1 ao 7 de agosto ( 12 a 14 anos) e do 8 ao 14 de agosto (9 a 11 anos) no Complexo do Corgo, en Muíños e con un prezo de 88 euros.
O campamento achegará aos seus participantes algúns dos recunchos máis fermosos da paisaxe galega, así como actividades en contacto directo coa natureza, roteiros no Parque Natural, tiro con arco, etnografía pola Aldea de Salgueiro, xeocaching, actividades náuticas, vivaque e moito máis que irán descubrindo no corazón da Reserva da Biosfera do Xurés.
Para máis información e inscricións podedes consultar a web www.exploraourense.com, no correo info@exploraourense.com ou no teléfono 988.782.964.
O prazo de solicitude de prazas remata o 20 de xuño. O sorteo será o 28 de xuño ás 11:00 da maña no Centro Cultural.

lunes, 23 de mayo de 2016
Emociones, inteligencia emocional y salud
Os servizos sociais do Concello de Esgos organizan unha charla moi interesante, para todos os públicos sobre as emocións, a intelixencia emocional e a saúde, que correrá a cargo da psicóloga María Isabel Torres López.
- Data: xoves 2 de xuño
- Horario: 18:30 horas
- Lugar: Centro cultural Parada Justel
lunes, 16 de mayo de 2016
Letras Galegas
Mañá celébrase o Dia das Letras Galegas e dende a biblioteca queremos recomendarvos algunhos libros de Manuel María, autor ó que se homenaxea este ano.
Nas nosas estanterías podedes encontrar: Os soños na gaiola; A tribo ten catro rios; Terra Cha; e Antoloxía Poética.
Pero, na nosa biblioteca, ademais de libros tamén temos Wifi, e como o 17 de maio tamén se celebra o Dia de Internet, animámosvos a reflexionar sobre o que supuxo e supón a chegada de internet á nosa vida cotiá.

sábado, 14 de mayo de 2016
X Subida Rocas - O Eirado
O domingo 12 de xuño celebrarase en Esgos a carreira de montaña "Subida Rocas - O Eirado" de 13 km e a X andaina popular do Concello de Esgos, cun percorrido de 20 km.
Toda a información sobre estas probas deportivas publícase en www.subidarocasoeirado.com e en https://www.facebook.com/subidapopularRocasOEirado/
jueves, 12 de mayo de 2016
Excursión ao Cebreiro
O sábado 28 de maio iremos de excursión ao Cebreiro (Lugo).
Sairemos de Esgos ás 8:30 horas para visitar a adega Regina Viarum (Sober) e despois dirixirnos a Balboa (León) onde comeremos na Palloza de Balboa. Pola tarde visitaremos a aldea do Cebreiro.
A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os veciños/as empadroados neste concello. Prazas limitadas
Prezos: 20 €/persoa empadroada e 25 €/persona non empadroada

viernes, 8 de abril de 2016
Campamentos de verán 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca hoxe a programación de actividades da Campaña de Verán 2016.
Os Campamentos de Verán 2016 nos que poderán inscribirse os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos están publicados en http://xuventude.xunta.es/2016040818898/accion-de-veran-2016.html
As solicitudes poderán tramitarse en https://sede.xunta.es ata o 23 de abril de 2016
Sobre o prezo de cada campamento, os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% e os usuarios do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

jueves, 7 de abril de 2016
Mes do libro
O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero, na biblioteca, imos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos:
- Lectores de libros electrónicos (ebooks)
¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso.
Semana do 11 ao 15 de abril
- GaliciaLe
¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de www.galiciale.es a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo.
Semana do 18 ao 22 de abril
- Manualidades
O 25 e o 26 de abril faremos o noso propio marcapáxinas.
jueves, 31 de marzo de 2016
Curso básico de protección civil
¿Queres facer o curso básico de protección civil?
A Academia Galega de Seguridade convoca tres edicións do curso básico para a provincia de Ourense.
O curso realizarase preferentemente en fins de semana e en horario de mañá e tarde. O lugar e data concreta de cada edición anunciarase con suficiente antelación.
Máis información e inscripcións nas oficinas municipais e na biblioteca.
martes, 22 de marzo de 2016
Mes do puzzle
Marzo é o mes do puzzle na biblioteca. Xa rematamos o primeiro, de 1000 pezas:

E agora comezamos o segundo:

E agora comezamos o segundo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)