miércoles, 7 de diciembre de 2016

Actividades do Nadal


  •  Campaña de recollida de alimentos e xoguetes

¿Queres colaborar na campaña “Por un Nadal Feliz para todos” que organizan as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil? Na biblioteca recolleremos alimentos (preferiblemente non perecedeiros: aceite, leite, pastas, legumbres, etc) e tamén xoguetes en bo estado.
  • Concerto de Nadal 

Actuación da banda de gaitas e a escola de gaita no centro Cultural Parada Justel.  DOMINGO 18 DE DECEMBRO ÁS 17:30 HORAS         
  • Pazolandia 

Imprescindible anotarse no concello antes do 23 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados
MARTES 27 DE DECEMBRO
  • XVII Concurso de postais 

Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 30 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data.
Todos os participantes terán un agasallo.
  • Visita dos Reis Magos 

Ás 11.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XVII Concurso de Postais
XOVES 5 DE XANEIRO            

No hay comentarios: