martes, 23 de agosto de 2016

Lecer consumo, no campamento de verán

LecerConsumo é o programa que desenvolve a Escola Galega de Consumo nos meses de verán.

"Neste verán, un consumo responsable e un lecer san" é o lema de LecerConsumo para o 2016, centrado nas actividades de lecer saudable como alternativa de lecer no verán.




O programa consta de catro actividades diferentes segundo a idade das persoas destinatarias, e no campamento de verán de Esgos levaránse a cabo as seguintes:

O XOGAR NON TEN CANCELAS
Idade: 3 a 7 anos.
Duración: 45 minutos.
Descrición: Narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso mercar xoguetes para disfrutar do lecer. A continuación os nenos e nenas crean o seu propio xoguete (unha marioneta que representa unha personaxe do conto narrado previamente).

NO VERÁN, UN LECER RESPONSABLE ESTÁ NA TÚA MÁN
Idade: 8 a 12 anos.
Duración: 1 hora e 30 minutos.
Descrición: Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas, nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable. A continuación, cada grupo deseña un plan de ocio ("o planazo"), propoñendo unha xornada de lecer que inclúa alternativas de lecer responsable e dieta equilibrada con produtos locais. O resultado final gravarase nun vídeo, que participará nun concurso a través do Facebook da Escola Galega de Consumo.

No hay comentarios: