O domingo 28 de setembro ás 19:00 horas poderemos desfrutar no Mosteiro de San Pedro de Rocas da actuación do Cuarteo de saxofóns Skirion.
Esta actuación forma parte da programación de Espazos Sonoros, músicas en espazos de interese cultural, da Xunta de Galicia.
Máis información en http://espazossonoros.org/
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
miércoles, 17 de septiembre de 2014
martes, 16 de septiembre de 2014
Contacontos na biblioteca
Os nenos e nenas de entre 5 e 10 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ó espectáculo de contacontos "Contos do mundo", o vindeiro venres 26 de setembro ás 18:30 horas, enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
Contos do mundo é unha viaxe polo mundo a través dos contos, unha viaxe a América Central a través dos cinco sentidos.
Contos do mundo é unha viaxe polo mundo a través dos contos, unha viaxe a América Central a través dos cinco sentidos.
lunes, 15 de septiembre de 2014
Excursión ás Cíes
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" está a organizar unha excursión ás illas Cíes, Cangas e Moaña para o sábado 20 de setembro.
O prezo da viaxe é de 45€ para as mulleres socias e familias e 48€ para as non socias. Este prezo inclúe:
Saída ás 8 da mañá dende Esgos, visita a Moaña, co seu típico mercadillo, xantar, saída en barco desde Cangas ás Cíes, visita ás Cíes e regreso a Esgos
¡¡¡ Apúntate no Concello ou chamando a Chus ou Noemí !!!
O prezo da viaxe é de 45€ para as mulleres socias e familias e 48€ para as non socias. Este prezo inclúe:
Saída ás 8 da mañá dende Esgos, visita a Moaña, co seu típico mercadillo, xantar, saída en barco desde Cangas ás Cíes, visita ás Cíes e regreso a Esgos
¡¡¡ Apúntate no Concello ou chamando a Chus ou Noemí !!!
viernes, 12 de septiembre de 2014
Horario da biblioteca
O verán xa está rematando e a biblioteca volverá a abrir polas tardes. A Partir do luns 15 o horario de apertura será de 17:30 a 20:30 horas.
miércoles, 27 de agosto de 2014
Donación da comisión de festas de Esgos
A comisión de festas de Esgos 2014 donou para a biblioteca municipal o material que compraron para o concurso de debuxo infantil.
Moitas grazas!
Moitas grazas!
martes, 26 de agosto de 2014
Educamóbil
O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o martes 2 de setembro pola mañá, de 9 a 13 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
jueves, 14 de agosto de 2014
Presentación de: "Coñece Esgos. Descubre a historia"
A Deputación de Ourense o Concello de Esgos e Teófilo Comunicación presentan o xoves día 21, nun acto que se desenvolverá a partir das 19.00 horas no Centro Cultural Parada Justel de Esgos (Ourense), un libro que ten coma protagonista ao Concello de Esgos.
A presentación da publicación contará coa presenza do alcalde do Concello, Mario Rodríguez González, do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar e do editor, José Luis Teófilo Piñeiro. O libro leva por título “Coñece Esgos, Descubre a historia”, amósanos a beleza e a fermosura dun concello que se descobre desbordante de recunchos e encantos secretos. Unhas imaxes que teñen voz propia e tantas interpretacións como poida inspirar a imaxinación de todos os que gozan cada día das innumerables paisaxes de Galicia.
En cada unha destas instantáneas sentimos a pegada da nosa orixe, da nosa tradición, da nosa cultura. Un Esgos forxado con pedra, madeira e ferro. Unha vez máis o fotógrafo Alberte Peiteavel a través do seo obxectivo amósanos a fermosura da nosa terra, nesta ocasión, do Concello de Esgos que sobrecolle pola súa beleza e historia.
A presentación contará coa interpretación musical de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas.
miércoles, 6 de agosto de 2014
Encontro Intercultural Europeo entre mozos da Bretaña francesa e galegos
12 mozos da Bretaña francesa e 12 Galegos, de entre 14 e 17 anos, convivirán durante 9 dias no concello de Parada de Sil. Unha experiencia internacional nunha paraxe como é a Ribeira Sacra, para descubrir a identidade cultural e a riqueza da tradición local. Trátase dun encontro que se encadra no Programa Erasmus+.
- Lugar: concello de Parada de Sil
- Data: do 22 ao 30 de agosto de 2014
- Condicións: rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos
- Prezo: 150€ todo incluido
- Actividades que se realizarán: kayaks, sendeirismo, visitas culturais, xogos tradicionais, proxecto de radio, escavacións arqueolóxicas e xogos na natureza.
Máis información e inscricións no teléfono 696481987 e no correo inscripciones@afabricadaluz.com
martes, 5 de agosto de 2014
lunes, 4 de agosto de 2014
APP de SOGAMA para separar os residuos correctamente
SOGAMA crea unha app para smarthphones para axudar aos cidadáns a separar correctamente os seus residuos.
Link activo en Apple e iPad:
https://itunes.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewSoftware?id=899992625&mt=8
Link activo en Android:
https://play.google.com/store/apps/details?id=gl.sogama.app&hl=es
- Adaptada a teléfonos móbiles con sistema operativo Android e IOS (iPhone), instruirá aos usuarios sobre a clasificación das distintas fraccións de refugallos e axeitado depósito das mesmas nos contedores de recollida selectiva habilitados nas vías públicas.
- A aplicación recolle información detallada acerca dos residuos a introducir en cada recipiente e circuíto que estes deben percorrer para facilitar o seu posterior reciclado.
- Dispón igualmente dun apartado "Sabías que... " no que se inclúen datos e curiosidades de interese no ámbito da concienciación e sensibilización social en materia de medio ambiente.
- Así mesmo, a poboación terá a oportunidade de poñer a proba os coñecementos adquiridos a través dun xogo no que se debe identificar o residuo que aparece en pantalla e o contedor de destino. A máis acertos, máis puntos.
Link activo en Apple e iPad:
https://itunes.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewSoftware?id=899992625&mt=8
Link activo en Android:
https://play.google.com/store/apps/details?id=gl.sogama.app&hl=es
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




